A UTE encargada do tratamento de residuos industriais acusa ao Concello de non cumprir coa facturación e a carga de traballo pactados.
O Xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Pontevedra desestimou a reclamación da UTE Estévez Container Ourensáns-Soil Recovery de 8,6 millóns de euros ao Concello de Cambados. Esta é a cantidade que a unión de empresas entende que lle corresponde polas deficiencias no contrato, cuxa rescisión interesaba, para a xestión indirecta do tratamento de residuos industriais non perigosos na plataforma loxística inversa do polígono industrial de Cambados.

Fundamenta a súa solicitude no desfasamento entre as toneladas de residuos que se prevía que podía recoller a empresa, cando se subscribiu o contrato, e as que en realidade se recolleron. A sentenza considera que, da documentación achegada, non queda acreditada a concorrencia de "circunstancias radicalmente imprevisibles".
A UTE alegaba que o Concello de Cambados realizou actividades de recollida de residuos "en clara competencia", pois mantivo o seu punto limpo aberto e en pleno funcionamento durante cinco anos, en lugar de favorecer a entrada de residuos na planta. Pola súa banda, o Concello alega que, de acordo co contrato, a UTE comprometíase a efectuar un investimento por importe de 1.074.428 euros, que non se chegou a realizar, o que supón un incumprimento dos termos pactados.
En 2004, o Concello de Cambados sumouse a un proxecto europeo da Deputación de Pontevedra para a construción dunha plataforma loxística inversa, do que obtivo 1,8 millóns de euros que investiu na construción dunha gran nave industrial no polígono de Sete Pías.
En xuño de 2010, o Instituto para a Promoción e Equipamento do Chan Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) adxudicou á UTE o contrato de xestión de servizos públicos, que se formalizou tres meses despois, e que comezou a dar servizo entre 2011 e o primeiro trimestre de 2014. En 2013, por resolución da Deputación de Pontevedra, o Concello de Cambados se subrogó en todos os dereitos e obrigacións que lle correspondían ao IPESPO. Durante o período de actividade da empresa, non se emitiu desde o Concello ningunha factura para cobrar o canon á UTE.
O Concello de Cambados reclama á empresa 213.816 euros. O asunto está pendente de xuízo.
Fonte: Axencia EFE
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.