Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2014

LOUZÁN LEVA AO CELTA A RIBADUMIA





Unha vez máis Rafael Louzán usa o seu cargo para favorecer a o clube dos seus amores e onde non puido labrarse unha carreira coma profesional.
Todos sabemos que sin a influencia de Louzán o Clube Deprotivo Ribadumia non tería acadado o ascenso a Terceira División, en parte aos patrocinios que lle busca a este equipo. Algo que non nos parecería  mal si favorecese a todos os clubes por igual. 

Ribadumia acollerá o vindeiro 5 de setembro un partido de fútbol amistoso entre o Real Club Celta de Vigo e o Sporting Clube de Braga. Trátase dunha iniciativa que servirá para inaugurar a remodelación do campo de fútbol de Ribadumia e tamén "para dar forzas e ánimo" a un Club Deportivo Ribadumia recen ascendido a Terceira División Nacional.
Esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán; a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña; o conselleiro do Celta Antonio Rosendo Martínez; e o presidente do equipo anfitrión, José Ramón Cores, presentaron o evento.


Trátase da primeira vez que o Celta xogará no campo do Ribadumia, polo que o presidente da Deputación animou a todo o celtismo da comarca e dos arredores a acudir a esta cita deportiva "que é un partido deses dos que vale a pena disfrutar neste remate da tempada estival". E polo tanto inxectar no clube uns euros para afrontar a tempada da mellor maneira.
Para facilitar a asistencia masiva de público, os prezos para asistir serán moi populares, cunha entrada única de 10 euros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.