Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2014

OS VERTIDOS NAS TOUZAS DE SAN ALBERTO CHEGAN AO PARLAMENTO GALEGO



Montserrat Prado Cores, Ana Belén Pontón Mondelo e Daniel Rodas
Chapela, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), formulan unha interpelación relativa a un vertido tóxico na zona do porto de Tragove, en Cambados.
A mediados do mes de agosto foi detectado un vertido tóxico nos fondos da
zona coñecida coma as Touzas de San Alberto, situada na parte exterior do porto deTragove, no concello de Cambados.
Dous mariñeiros, que se dedican a extracción de navalla mergulláronse nesta
zona o luns 11 de agosto e observaron como unha sustancia branca e densa cubría o fondo a xeito de capa ou película.
Todas as especies que habitaban nesta zona apareceron mortas: navallas, vieiras, peixes de fondo, chocos, lorchos, poliquetos...
Esta é unha zona de importancia e con potencial para o sector do mar en
Cambados, especialmente para o da vieira e o da navalla, sector que máis unha vez asiste con impotencia á destrución do seu medio de vida.
Os vertidos nas nosas rías seguen a ser un problema non resolto e que pon
sistematicamente en risco a riqueza medioambiental, de produció n pesqueira e
marisqueira, de calidade das augas, ademais de supor un constante risco para a saúde das persoas.


Desgraciadamente non estamos diante dun problema puntual, senón que os
episodios de vertidos son frecuentes, xa que logo, faise preciso que por parte da Xuntade Galiza se proceda non só a realizar actuacións de propaganda, senón a poñer en marcha e a facer efectivas todas as medidas precisas para sanear a Ría e impedir que vertidos coma este se produzan.
O día 13 de agosto @s responsábeis da confraría de Cambados presentaron
denuncia do vertido diante na Garda Civil ao tempo que comunicaron o ocorrido tanto á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas como á do Medio Rural e do Mar.
Por todas as razóns expostas o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista
Galego, formula as seguintes cuestións:
Cales son as accións que está a acometer o Goberno galego para eliminar
os vertidos contaminantes na ría de Arousa que tantos prexuízos están a causar
ao sector do mar?
Que actuacións foron levadas a cabo para determinar a orixe e @s
responsábeis do vertido detectado en Tragove, Cambados, a mediados do mes de agosto e que supuxo unha mortalidade de importancia nas especies da zona?
Téñense recollido mostras do vertido para determinar de que sustancia se
trata e a súa posíbel procedencia?, de ser así en que data se realizou a toma das
mostras e por que departamento da Xunta?
Montse Prado

Existe algún resultado da análise das mostras?
Tense aberto ou vaise abrir algún expediente sancionador por este
vertido?
Hai realizada unha valoración do dano producido no ecosistema por este
vertido tóxico?
É preciso facer algunha actuación para eliminar os restos do vertido ou
as súas consecuencias? De ser así en que vai consistir?
Cal é o impacto producido por este vertido na calidade das augas e a
repercusión na actividade extractiva?
Ten calculado a Xunta de Galiza o prexuízo económico que supuxo para
o sector do mar de Cambados a mortalidade producida por este vertido?








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.