Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta XURXO CH TRIGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XURXO CH TRIGO. Mostrar todas las entradas

7 de febrero de 2019

REPRESENTANTES DA POLÍTICA MUNICIPAL DO SALNÉS PARTICIPARON ESTE XOVES NUNHAS XORNADAS NA EUROCÁMARA

- Representantes das mareas municipais do Salnés participan no encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (Realpe) en Bruxelas.

- No debate desta xornada sobre vivenda social e especulación do mercado inmobiliario en Europa, participaron alcaldes, concelleiros e eurodeputados de toda Europa.


A edil de Gañemos Vilanova, Elena Cores, o edil de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, e o edil de Somos Cambados, Xurxo Charlín, xunto con varios representantes da política municipal galega participaron este xoves no Parlamento europeo nas xornadas da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (Realpe), que organiza o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

Os representantes das mareas municipais do Salnés, invitados pola eurodiputada galega Lídia Senra, reunironse con outros alcaldes, concelleiros e persoas con responsabilidades relacionadas co ámbito local de diferentes puntos da Unión Europea, así como tamen, varios parlamentarios europeos, para debater e posta en comun de solucións do problema da Vivenda Social e a especulación en Europa.


A primeira representante da comarca do Salnés en intervir no debate, foi a edil de Gañemos Vilanova, Elena Cores, quen puxo de manifesto a insuficiencia de prazas públicas nos centros xeriatricos e de atención social existentes non só no concello de Vilanova de Arousa e na Comarca do Salnés, se non que se trata dunha problematica que atinxe a toda a cidadania galega e a problematica que acarrexa na politica de vivenda social. 
Por outra banda, o edil de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, espuxo o fracaso de plans autonomicos de vivenda, como é o caso do de alugueiro, realizado en Galicia polo Partido Popular, e puxo de manifesto varios exemplos, para poñer en evidencia que estes plans non teñen en conta a realidade social dos concellos galegos, motivo polo que estan abocados ao fracaso.
Xa para rematar o edil de Somos Cambados, Xurxo Charlín, puxo de manifesto a dificultade que teñen os mozos e as persoas en risco de exclusión social, para poder acceder a unha vivenda nos Concellos turisticos como é o caso de Cambados, e pola contra, existen numerosos inmobles que se atopan en toda a comarca en construcción e sen rematar dende fai anos, froito da burbulla inmobiliaria; edificios enteiros que son propiedade das entidades financeiras que contaron con inxentes cantidades de fondos públicos para ser rescatadas, polo que, dende a eurocamara deberianse impulsar medidas para que estes inmobles pasen a ser propiedade das administracións locais, e así poder rematar as obras nestes inmobles, axudando a erradicar feismo urbanistico en moitos casos, e podelas destinar a aluguer ou venta como vivendas de protección social.





3 de junio de 2018

PERSOAS QUE TRABALLAN PARA OS VECIÑOS, E XENTE QUE NON FAI NADA ....... PERO CRITICA




As axudas que se solicitan na mocion por danos de fenomenos naturais como os que sufreu Castrelo teñen que ser aprobadas mediante Decreto Lei, e por eso se levou o Congreso dos Deputados mediante esta proposición non de Lei do grupo de En marea a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil (http://congreso.enmarea.gal/en-marea-pide-no-congreso-que-se-declare-zona-afectada-gravemente-parroquia-de-castrelo-cambados-pola-cicloxenese-explosiva/) e se buscou o apoio de todos os grupos da corporación no pleno coa moción.



Se ser populista é estar do lado dos veciños cando viñeron a falar con nos no Concello e axudarlles no que se poida cando fai falla, seguirei sendo populista sempre que poida levando este tipo de iniciativas no Pleno de Cambados e no Congreso dos Deputados, e se ser Demagogo e solicitar a través do teu grupo político no Congreso que se soliciten axudas aos veciños de Cambados afectados sereino mentras sexa posible. En Somos Cambados seguiremos estando sempre a disposición dos veciños de Castrelo, Corvillon, Oubiña, Vilariño e Cambados!!

Mentras, outros din na prensa que están en contra do peche do Centro de Saúde, e ata votan no pleno... pero despois olvídanse de ir as manifestacións e en Santiago e Madrid, os seus partidos votan outras cousas. Eso non é populismo, é ser hipócrita...


Pensa o Ladrón que todos son da súa condición. Para populista e demagogo xa chega con vostede, nadie pode competir co voceiro da oposición niso, o que realmente lle molesta é que esta iniciativa fora presentada por Somos no Pleno e por En Marea no Congreso, mentras vostede segue cobrando 60.000€ por non facer nada de nada!!





17 de marzo de 2018

OS VÍDEOS DE ARAGUNDE E CHARLÍN





Esto sí é un tema no que todos debemos reflexionar. 
Eu non me vou desdecir do que dixen na anterior crónica, non pode dicir alguén que se levanta o Pleno porén o día seguinte hai que madrugar, e se hai algunha cousa que molesta, con non ler abonda. Porén así como digo unha cousa tamén digo outra: os funcionarios teñen que fichar cando entran e saen do traballo, os políticos non … Coa lei na man, en ningures pon que teñan que facelo e incluso me atrevo a dicir que non se ten en conta que cando non están ás nove e media coma di Aragunde será digo eu porque están nun acto ou o que se tercie. A min que cheguen as 11 , as 3 da tarde ou coma se son as 12 da noite tanto me ten. Non vou caer na pataleta de “e ti máis” nen voltar ao patio do colexio de quen é coma cantabamos o primeiro, o segundo e o terceiro en pisalo recreo. 

Penso que eleitoralmente Aragunde emprega tódolos recursos ao seu alcance para facer pasar a éstes por vagos, cando non son tal. Este goberno traballa (e moito), ainda que o resultado segundo cada quen seña satisfactorio ou non, haberá tempo de comprobalo o ano que ven onda compre facelo, nas furnas. Está doído polo que parece por que ñe chamara J.R Abal “vago político” e quixo deste xeito lle devolvela moeda, e colleunos a pe cambiado segundo algúns, e outros dixeron esto é puro populismo. Hai unha controversia encol do que é ético e o que non. Eu sen ir máis lonxe esta mañá estiven no Concello e todo estaba en orde. Que empregue a astucia para tentar quedar ben diante dos seus fieis, ou digámolo así, seguidores, me parece moi correcto. Agora hai que facela pregunta á inversa: teñen os actuais políticos un tempo semanal estipulado para recibir aos veciños, hai alguén que tome boa nota do que precisan, ou se lles ofrece a posibilidade de concertar unha cita o desconozo pero quero pensar que sí, se non estariamos ante un feito gravísimo. 

Sei polas redes sociais que moitos veciños e veciñas se queixan de que canda chegan alí e buscan a unha persona (políticos que non son funcionarios, hai que comezar a separar) non se lles recibe segundo eles e se cabrean. Pois a solución é doada, xa que non hai folla de reclamacións nen nada polo estilo, aí están as eleicións cada catro anos volto a repetir para castigar a quen non o fixo ben segundo o noso punto de vista e premiar ao que traballou (na nosa opinión) e mellorou a calidade de vida dos veciños. O que Aragunde amose un vídeo (leva máis de 2.000 reproducións) é unha xogada de trilero, nada que non fixeran os de antes, con outros acenos.
Vídeo de Aragunde

O grave é que un home curtido e que se supón que ten raciocinio coma Xurxo Charlín en cuestión de horas resposte de idéntico xeito, penso que é un erro. Un Portavoz Municipal o que ten que facer é chegado o caso convocar aos medios de comunicación e lles explicar para que dean traslado aos veciños como son as cousas, algunhas das que puxen anteriormente por exemplo, pero nunca poñerse a altura do suxeito en cuestión. Non ten siquera que explicar onde estaba a esa hora él nin o resto. É coma si eu teño que decir a alguén como debo facer o meu traballo e onda estou. Vale que teñen un soldo que perciben pero a min tanto me ten que o fagan namentras o demostren. 


Vídeo de Xurxo Charlín
Un político non é un oficinista que ten que estar de oito a tres, é alguén que ten un cometido e pode distribuilo seu tempo coma considere, agora sí, volto a repetir: así coma nos bancos hai un horario para pagar facturas, en calquera empresa (pública ou privada) debe haber un horario onda diga claramente se atende ao público nesta franxa horaria, e se hai algunha cuestión de forza maior que impida que esta persona estea alí, delegue en alguén tomar nota e a maior brevidade se poñer en contacto o político de turno con ese veciño, non ao revés,o veciño xa fixo o camiño. E que son cousas que non sei nin coma me molesto en explicar, por iso digo que cando este goberno o seu principal problema estriba na imaxe e na comunicación é por algo, todo o apuntado anteriormente o corrobora. A súa mensaxe non chega aos veciños moitas das veces, e non hai nadie que diga cando toque pois equivoqueime, ou pido desculpas, ata o mesmo Aragunde o fixo cando era Alcalde en varias ocasións. Agora é tarde, unha vez a vida política está xudicializada e en plena campaña eleitoral. 

 Lin unha enchenta de mensaxes no facebook dos veciños, uns dándolle a razón a Luis e outros quitándolla e dándolla a Xurxo, e namentras a casa sen barrer. Espectáculo mediático, e os veciños xa non precisan mercar o HOLA no kiosco, para qué cando temos aos nosos “famosos” grabando en vídeo e todo. 

Agora chega a Semana Santa (lembrade que non se pode comer peixe en viernes para os afeicioados aos asuntos eclesiásticos) e vamos ver a parte dos nosos políticos en procesión, e como sei o que se aveciña debo lembrar que é un acto individual, que profesar unhas crenzas relixiosas non é delito, eu sen ir máis lonxe penso participar nalgunha. Aparte de Relixión é Cultura, ten un significado social, forma parte das nosas tradicións, as que nos converten no que somos. Haberá xente que aproveite para facer política, será o momento de lle lembrar a algúns a diferenza que hai entre a vida pública e a vida privada, e que a Deus o que é de Deus, e aos homes o que é dos homes. 

E por hoxe abonda, penso que dou cumprida resposta a algún de vós que me pedístedes a miña opinión e deixo unha mensaxe para a reflexión: estamos nun mundo que vai moi a presa e temos pouco tempo para pensar e poñer nunha balanza os pros e os contras, para separalo trigo da palla, e para en definitiva ser xustos con cada quen. Non hai que se deixar levar pola xenreira, o odio ou o resentimento. Eso científicamente está máis que demostrado que é malo para a saúde e acaba en se converter en enfermidades, e a saúde e o tempo son os bens máis preciosos que temos coma para estragalos. 

Apertas e bó fin de semana. 
Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-



14 de marzo de 2018

RIFIRRAFE ENTRE LUÍS ARAGUNDE E XURXO CHARLÍN EN FACEBOOK




As 10 e 12 minutos Aragunde subía un vídeo a facebook acompañado de este texto: "Hoxe como outros días fun ao concello de Cambados, ás 9:30 hrs non estaba, como é habitual, nin a alcaldesa nin os concelleiros.
Pola tarde é difícil atopalos traballando..
Cando traballa esta xente???
Porque cobrar, sí que cobran....
Esperei 10 minutos na calle e apareceron os 3. José Ramón Abal nin lavou a cara, algún funcionario chamounos dicindo que estivera eu alí preguntando.. ¡¡¡ que banda !!!"



A contestación de Xurxo Charlín foi as 16 20 minutos, tamén con un vídeo e un texto replicando ao líder da oposición: "Hoxe como todolos días son as 16:00 horas e inda estamos no Concello traballando, e saímos tan tarde por que hai que sanear as contas e acabar coa débeda que deixou un señor que agora cobra 60.000€ por ir a un pleno ao mes na deputación e vir ao concello de vez en cando, preguntome se estaba en horario laboral hoxe ás 9:30 horas e se cobra 60.000 euros por facer esas chorradas..."






28 de diciembre de 2017

XURXO CHARLÍN DEIXA O SEU CARGO DE CONCELLEIRO DE ECONOMÍA











A última hora de onte Xurxo Charlín, concelleiro de Economía, Facenda e Promoción económica presentáballe á alcaldesa Fátima Abal a súa demisión.
Non haberá que agardar ao pleno desta noite para contemplar o fin da penúltima crise de goberno.


Cando todo parecía que a solución a esta crise estaba case resolta o edil de Somos, apártase a un lado para evitar unha posible rotura do pacto.

Postos en contacto con Xurxo non admiteu a nova emplazando a unha rolda de prensa que convocou para as 5 desta tarde.
Segundo fontes ben informadas todo parece indicar que será Tino Cordal quen collerá o relevo a fronte da Concellería de Economía. Tamén parece ser que o novo cargo de Cordal será sen remuneración polo que o concello aforrará 22.500 euros anuais rebaixando aínda máis os salarios en comparación a anterior corporación no que se incluían dos postos de confianza.  

A partires das 5 desta tarde saberemos máis sobre este tema e como quedará conformado este novo goberno de Cambados.







22 de noviembre de 2017

A CRISE DE GOBERNO DE CAMBADOS PODE ESTAR PRETO DA SOLUCIÓN









Esta mañán J.R. Abal en declaracións á prensa daba a entender que a crise de goberno podode arranxarse fácilmente.
Abal pide que se suprima a portavocía de goberno para que non haxa malos entendidos e que cada concelleiro ou concelleira dé as explicacións sobre as áreas que levan cada un.

Este venres 24 de novembro como o día sinalado para a reunión dos edís do goberno cambadés. Despois de que o edil de Cambados Pode dera o pacto por roto, dias despois buscouse un primeiro achegamento, ao que non asistiron nin José Ramón Abal nin os edís do BNG. Deste encontro e tras encaixar axendas, saíu a data para a reunión da comisión de seguemento do pacto de goberno que se ve como un paso imprescindible para reconducir esta situación.

Abal deixaba o futuro do goberno nas mans da alcaldesa Fátima Abal, que debía decidir se mantiña no seu equipo a Abal ou ao concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín. Abal acusabao de usurparlle funcións e de humillalo de xeito consciente. Así facía público José Ramón Abal o seu descontento coa situación que se estaba a vivir no goberno de Cambados. 







31 de octubre de 2017

ABAL CONTRA CHARLÍN. TENSIÓN NUN PLENO DE "GUANTE BLANCO"














Onte asistín coma público ao Pleno da Corporación onde había nada menos que 17 puntos na Orde do Día. Comezou coa aprobación das actas das sesións anteriores e con solución de continuidade se aprobaron as ordenanzas reguladoras dos principais impostos que regula a Lei de Facendas Locais grazas á maioría absoluta do goberno. Foi unha hora de tedio, algo que xa ven sendo unha costume cando teñen un micro diante o noso Concelleiro de Facenda e o Xefe da oposición, ou o que é o mesmo: "Si queremos que todo siga como está, necesitamos que todo cambie", o que en ciencias políticas coñecemos como Gatopardismo (en referencia á famosa novela El Gatopardo). A Aristocracia que representaba Luis trocou pola Burguesía que representa Charlín, pero ámbolos dous son conscientes que o que se dilucida é a loita polo poder.

Entramos na segunda parte do Pleno e a estas alturas algúns nos decatamos de que algo non iba ben, había un ambiente bohemio onde todo eran risas, chascarrillos, agás a cara desencaixada de José Ramón Abal e Tino Cordal. Ao meu carón o pai de José Ramón e detrás Alternativa por Cambados, a nova formación política que se presenta polo que parece aos novos comicios e que leva coma cartel ao irmán de José Ramón, Sergio. Algo non encaixaba, se estaba fraguando e que hoxe foi unha realidade, unha nova crise de goberno encol da figura de Abal e Charlín, algo do que falarei máis adiante. Seguíu unha nova moción de recheo (como lle chamou Aragunde) encol da persecución da Inspección de Traballo sobre os temporeiros que fan as tarefas da vendima en pequenas explotacións, e coma non podía ser doutro xeito goberno e oposición teñen puntos diametralmente opostos. Uns pensan que é necesario lexislar doutra maneira e os outros que cada un ten que facelo traballo que ten coma encomenda. Como hai un espazo legal onde hai un espazo “en blanco” onde hai unha colaboración que non ten nada de contraprestación económica porén son explotacións familiares e unha vez Charlín nos agasallou cunha das súas famosas parrafadas (esta vez leu enteiriño o comunicado do Sindicato Unións Agrarias) o sangue non chegou o río, despois de un tira e afloxa o goberno aprobou a moción e a oposición pola “filosofía” nada clara da moción (Luis me lembra cada vez máis a Vargas Llosa –Conversaciones en la Catedral), abstívose.


A Alcaldesa pedíu un receso no Ecuador do Pleno de 5 minutos e o rictus na cara de Abal seguía serio e Charlín collía folgos, porén este home é unha máquina falando, traballadoriño é pero ten un ego que “canto máis probas, máis gostas de ti”. Seguíu a polémica Lei de Portos onde Víctor Caamaño fixo unha exposición paseniña e diáfana encol do que é un novo intento por parte do goberno da Xunta de blindalas competencias de Portos de Galicia, o dono de medio Cambados, por certo. Aragunde non compartíu o escenario que Víctor contemplou e repetíu a frase que un servidor leva pronunciando unhas cantas veces este derradeiro mes, “pero que me estás contando Víctor”, e “que me estás contando Luis”, e todo pasou ao réxime sancionador do que infrinxa algún dos articulados de dita lei, ata 60.000 euros de multa. Entón chegou a parte “infantil” que lle chamo eu que si por xogos se entende que os rapaces en terreo de portos se poñan a xogalo trukel e lles multen con esa cantidade de cartos e arruinen unha familia enteira, e paridas semellantes. Estando dacordo de que a lei é absolutamente discrecional, ao que se refire é que un non se pode poñer a xogalo fútbol NO Porto de Tragove, e punto pelota. Nesta ocasión o goberno votou a favor da moción do BNG e a oposición en contra. E nos deron as doce menos cuarto da noite cando o punto estrela da orde do día se achegaba, a moción do PP pedindo respeto polos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, encol dos recentes acontecimentos no que eu chamo esperpento Catalán. Debido a denominada unidade de acto e unha vez consultado ao Secretario e co voto favorable de tódolos membros presentes na Corporación decidíuse dar por rematada a sesión para reiniciala desde este punto o próximo mes. 

Coma podedes ler nada de particular, agás o rictus na cara de Abal que se foi desencaixado, Tino Cordal de presa e correndo, e Charlín camiñaba a un lado e a outro coma un pato mareado. Aquí hai tomate pensei, algo non cadra, un Pleno tan bohemio non pode rematar sen algún corrillo onde
comentalo percal, e por certo, o grupo do Partido Popular despediuse do público asistente dándonola boa noite a todos, un xesto de educación de Aragunde que estivo do máis correcto, nada que ver con anteriores ocasións. O murmullo do río coma diría Luz Casal proviña do goberno e esta mañá co galo do anuncio das obras que se están a facer para crear unha senda peatonal no Polígono Industrial, unido a famosa Rúa da Pacheca que estando Abal ausente Charlín saíu coma él di “a informar”, fixo que José Ramón dixera ata aquí chegamos, están usurpando as miñas funcións e dou por roto polo momento o pacto de goberno e deixo nas mans da Alcaldesa o goberno, ou o que é o mesmo, desfacelo entuerto, por algo é a encargada de velar que cada un dos socios de goberno faga o seu traballo con profesionalidade e coordinalas tarefas de traballo. Son cousas que leva o de ser Alcaldesa, para que logo digan que non manda nada e que pasa por aí, cando a día de hoxe ata eu estou sorprendido de que éstes catro se entenderan sabendo coma son, e grande parte e grazas a Fátima, que é unha muller intelixente e con moitas habilidades sociais, e que non é a
primeira crise coa que ten que lidiar, polo tanto namentras non se pronuncia tomarémonos un tempo prudencial antes de facer máis extrapolacións so cabo de que a información que temos seña escasa, pero parece claro que todo xira en torno ao EGO de dúas personaxes que teiman por ver quen é o máis parvo, dito con todo o agarimo, porque xa me diredes vós que gañamos os veciños con todo isto, en todo caso espero “ansioso” coma intepretan os Blogs da Dereita este novo desencontro, penso que non van a ser tan reflexivos coma min, percurarán facer un guiñapo do actual goberno, algo no que están no seu dereito, asemade penso que falando se entende a xente e que esto será un roce máis dos moitos que hai nas familias, se “rascas” un pouco, sempre sae algo.


Apertas, e que pase o que pase os veciños non teñamos que lamentar outras desgrazas, xa podían ser todas coma éstas.

Un artigo de Óscar Núñez.-







JOSÉ RAMÓN ABAL DA POR ROTO O CUATRIPARTITO











JOSE RAMON ABAL DA POR ROTO O CUATRIPARTITO DE CAMBADOS

O concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, asegura que da por roto o pacto de goberno por discrepancias, sen mencionalo directamente, co concelleiro de Economía, Facenda e Promoción Económica, Xurxo Charlín.

Abal acusa a Charlín de estar “usurpando” as súas funcións como concelleiro delegado do departamento de obras atribuíndose competencias en asuntos como as obras do polígono do Salnés, que é competencia do propio Xurxo Charlín, e a prolongación da rúa Pacheca.
O edil impón como ultimatum que non pode seguir gobernando con Xurxo Charlín pero en todo caso deixa a última decisión en mans da alcaldesa, Fátima Abal.

Polo que deixa a porta aberta a continuar co goberno.

Declaracións de J.R. Abal en Arousa Sí Radio




XURXO CHARLÍN CONSIDERA QUE ABAL BUSCA UNHA EXCUSA PARA ROMPER O CUATRIPARTITO.


Pola súa banda o Concelleiro de Economía, Facenda e Promoción Económica, non tardou en dar resposta ás declaracións de José Ramón Abal asegurando que se enterou polos medios de comunicación do malestar do seu socio de goberno.
Argumenta que nun cuatripartito hai concellerías que se solapan e que el está no goberno únicamente para traballar sen buscar protagonismo.
Asimesmo, Charlín lamenta que Abal non falara con el das súas discrepancias antes de comparecer ante os medios.
En todo caso, afirma que non vai ser quen de poñer nunha situación comprometida á alcaldesa.

Declaración de X. Charlín en Arousa Sí Radio
Info- ArousaSiRadio






2 de marzo de 2017

CORES TOURÍS VISITOU O VIVEIRO INDUSTRIAL DE "SETE PÍAS"













O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, percorreu esta mañá as instalacións do novo viveiro industrial do polígono empresarial de Sete Pías en Cambados, que contou para a súa creación cunha subvención de máis de 60.000 euros máis a aportación do Concello para un investimento global de 75.000 euros.
Na visita estivo acompañado do concelleiro de Economía de Cambados, Xurxo Charlín, do xefe territorial de Economía, Ignacio Rial.
Cores Tourís destacou a labor da Consellería de Economía, Emprego e Industria no apoio aos novos emprendedores, a través da colaboración cos polígonos e os concellos, neste caso o de Cambados, de cara a adecuar espazos físicos para o nacemento de novas empresas de carácter industrial. “Estes viveiros son un apoio moi importante para os novos empresarios nas súas primeiras etapas de actividade e contribúen ao éxito final do seu proxecto, xa que permiten a súa implantación e consolidación”.

O delegado territorial engadiu o interese de ambas institucións en habilitar este novo espazo en Sete Pías á disposición dos emprendedores do sector industrial a prezos moi vantaxosos e por un prazo de ata 24 meses. “Facilítanse así as condicións e os servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación das empresas, que disporán ao mesmo tempo de asesoramento especializado”, engadiu o delegado territorial, quen explicou tamén que o ano pasado destináronse en total a esta orde de axudas un millón de euros para toda Galicia.
Poden acollerse a este viveiro de empresas aquelas que se dediquen a unha actividade empresarial de carácter industrial que aínda non estando constituídas prevexan facelo no prazo máximo de tres meses dende o seu acollemento no viveiro, ou empresas constituídas hai menos de seis meses dende a data de solicitude de acollemento.
No polígono de Sete Pías adaptouse e condicionouse unha nave xa existente propiedade do Concello cunha superficie de 1.646 metros cadrados, dos cales dedicáronse 1.534 a implantación de novas empresas e 112 a servizos comúns. Estas naves estiveron alugadas no seu momento a empresas que deixaron unha deuda de miles de euros pola desidia e abandono do anterior equipo de goberno.





27 de julio de 2016

XURXO CHARLIN TRIGO DEBERIA DIMITIR










Rara vez adoito  coincidir cos membros de “Asi es Cambados” pero, nesta ocasión, non podo estar mais da cordo:  Xurxo Charlín Trigo debería dimitir.
Xurxo Ch. Trigo debería dimitir porque mentres está adicando tódolos seus esforzos a  sacar a luz os “chanchullos” que fixeron no Concello de Cambados Aragunde e os seus secuaces, está deixando de lado a súa empresa, o seu negocio polo que tanto estudou e que, en definitiva, é como se gaña a vida.
Xurxo Ch. Trigo debería dimitir porque mentres dedica horas e horas ao Concello está a deixar de lado á súa familia: à súa muller e, sobre todo, os mellores momentos para ver crecer á súa filla.
Xurxo Ch. Trigo debería dimitir porque mentres siga no Concello, compaxinando a súa tarefa como conselleiro de economía e facenda  coa de voceiro (e quen sabe que mais funcións leva a cabo) amosa que as anteriores corporacións peperas ríronse dos cambadeses ao gastarse mais de 45.000 euros anuais mantendo a un tipo  como xefe de prensa, cargo que, dende logo, aparte de ser inútil  era mais que prescindible.
Agora ben …. ¿debe dimitir Xurxo Ch. Trigo por amosar o que era un segredo a voces? ¿debe dimitir Xurxo  por algo que, incluso xa levou ao PP aos tribunais como é  “carrexar” vellos coas súas facultades mentais diminuídas  a votar? Vellos que por saber non sabían ni en que dia da semana se atopaban, ¿alguén se pode crer, realmente,  que esa xente exercía o seu voto de forma libre e sen presións? Obviamente a resposta é un rotundo NON.
Ademais aínda que Xurxo se tivera equivocado, cousa que, repetimos, non se produciu ¿Por qué carallo tería que dimitir Xurxo do seu cargo de conselleiro si no colexio electoral o dia 26 de xuño estaba en calidade de interventor (ou apoderado) dun partido político? Postos a pedirlle responsabilidades, os pobres “tontolabas” de AEC tamén poderían esixirlle que se divorciara da súa muller ou que o botaran da comunidade de veciños do seu edificio.
Non creo que desvele ningún segredo si digo que a mesma noite electoral, cando o famoso vídeo xa levaba miles de visualizacións, chamei a Xurxo  e feliciteino polo seu acto porque o que el fixo tiñan que telo feito, moitos antes,  outros partidos; todos os que temos votado algunha vez no colexio de Santo Tome, onde lles corresponde votar, entre outros, aos vellos do asilo, temos gravada na retina capítulos realmente penosos que amosa ata que punto poden chegar a ser miserables algunhas persoas (aínda que leven hábito).
Por último non quero esquecerme de Doña Pilar Galiñanes Domínguez, a “boa samaritana” que no video sae axudando à muller que descoñece o dia da semana no que se atopa. …… deixeme decirlle, Doña Pilar que, aparte de felicitala por tal xesto tan “altruista” que, quizais, vostede xa  non necesite de tales actos para alcanzar as portas do ceo; non teño a menor dúbida de que cando Deus Todopoderoso a chame ao seu carón (cousa que, por outro lado,desexo que  sexa dentro   de moito tempo), vostede terá a santidade mais que de sobra garantida , aínda que sexa, soamente, por levar aturando tanto tempo a quen un dia a uniu o sagrado sacramento do matrimonio.

UN SAUDO A  TODOS          
             RICARDO DOMINGUEZ REY

  















14 de julio de 2015

VISITA DE TOURÍS A CAMBADOS







Cando onte publicamos que Cores Tourís non tiña previsto vir a Cambados era porque non había data, nin siquera se puxeran en contacto as duas institucións. Pouco despois advertíamos no antetítulo que ao final si se ía producir hoxe o encontro.


O equipo de goberno de Cambados, encabezado pola alcaldesa Fátima Abal, recibiu esta mañá a visita de Cores Tourís dentro da rolda de contactos que o delegado territorial está a realizar nos concellos onde houbo cambios de executivo tralo 24M, para coñecer cales son as súas demandas e proxectos prioritarios.
Na reunión tamén estiveron presentes os Concelleiros do BNG, Victor Camaño, de Somos, Xurxo Charlín, e de Pode, José Ramón Abal.
Entre os temas que analizaron os representantes municipais e o delegado territorial estiveron cuestións como a cobertura de necesidades no ámbito deportivo do municipio.
Neste punto, o Concello considera necesario a dotación de equipamento para o novo pavillón do IES Ramón Cabanillas, e a resolución dalgúns problemas xurdidos trala reforma do campo de futbol de O Pombal.
Asimesmo, durante o encontro tamén se abordou o estado de diversas obras que están en marcha como a mellora do saneamento no entorno de A Seca, a climatización da piscina municipal e o mobiliario necesario para o novo Centro de Día do municipio.

O delegado territorial púsose a disposición do novo goberno de Cambados, resaltando o seu “interés persoal como cambadés e tamén ex-alcalde” da vila do albariño, co fin de “traballar codo con codo co Concello e acometer todas as inversión que poidamos para Cambados”
Neste sentido, tamén abogou Cores Tourís en seguir solicitando a colaboración da Deputación Provincial e manter a coordinación entre as institucións para sacar adiante novos proxectos.
O delegado provincial pechará esta rolda de contactos cos Concellos o vindeiro luns en Vilagarcía, tralas reunión mantidas xa en Sanxenxo, A Illa, Ribadumia, Barro, Portas, Cuntis e Pontecesures, ademáis do encontro de hoxe en Cambados.

10 de diciembre de 2013

ANOVA DENUNCIA OUTRA OBRA "ILEGAL" DO CONCELLO DE CAMBADOS




Dende ANOVA sospeitase que o Concello novamente voltaría a actuar irregularmente, xa que que as obras non cumpren coa normativa e carecerían de todos os permisos correspondentes para a zona na que se están a realizar.

Dende a Agrupación Local de Anova Irmandade Nacionalista en Cambados queremos advertir sobre unhas obras que se están levando a cabo no Lugar de Quintáns, na parroquia de Castrelo, nas que se está a ampliar un camiño forestal en plena zona de protección especial medioambiental.

Segundo se pode comprobar nas fotos adxuntas, estase facendo unha obra de ampliación dun camiño mediante a tala e corta de árbores autóctonos e diversos movementos de terra…  A zona na que se está a actuar está clasificada como “zona de protección medioambiental especial”,  pola súa cercanía a desembocadura do río Umia. Tratase dunha zona incluída no Decreto 110/2004, do 27 de maio, polo que se regulan os humidais protexidos, e polo tanto, para realizar este tipo de infraestrutura viaria, o propio decreto establece e preciso a autorización expresa da Consellería de Medio Ambiente.

Ademais temos que falar novamente de complicidade do Goberno local de Cambados e do Partido Popular, feito que se comproba no cartel que se pode ver na foto que se achega no que se lles di aos propietarios dos térreos que queiran obter información se dirixan ao Concello, pero en troques non existe ningunha información da licitación da mesma, nin cartel anunciador como seria preceptivo,  nin do promotor, nin atopamos nos distintos diarios oficiais ningún expediente de licitación ou de expropiación aos propietarios.  Este escurantismo na forma de actuar e o que nos leva a pensar que estaría motivado porque son coñecedores de que as obras non contan cos permisos oportunos.

Dende Anova Cambados vamos presentar un escrito no Concello de Cambados así como na Consellería de Medio Ambiente, informando oficialmente das obras e solicitando, no caso do Concello, que informen sobre quen e promotor das obras, se conta con todos os permisos precisos ou non, e no caso de ser o propio Concello o que realiza a obra, cando, a quen e como se adxudicou a mesma.  Ademais solicitaremos que se proceda a súa paralización mentres non se aclaren todas estás cuestións e evitar que continúe o dano medioambiental que se está facendo nesa zona protexida, que xa é irreparábel.

Está claro que, esta forma de actuar non seria nova para o Concello de Cambados, xa que hai apenas unhas semanas, puidemos comprobar como facía caso omiso a lexislación vixente nesta materia para realizar unha obra na mesma Zona protexida, e sen contar co permiso previo da Consellería de Medio Ambiente.

Dende ANOVA Cambados gustaríanos que o alcalde respostase sobre cal e o obxectivo final desta obra, dubidamos, si esta infraestrutura busca o beneficio común, ou se fai só para beneficiar unicamente o acceso da fundación – vivenda que un famoso escultor cambadés ten na zona, xa que estas obras rematan xusto na súa propiedade.

Dende Anova entendemos que é preciso prestar apoio aos artistas e as iniciativas culturais en Cambados, pero, iso sí, CUMPRINDO A LEI.  Non debemos esquecer que o noso legado medioambiental, é moito mais importante, e tamén forma parte da nosa cultura, polo que consideramos, que, non se debe beneficiar os intereses dun veciño, a conta de destruír un paraxe medioambiental que conta cunha especial protección debido a súa importancia.



26 de noviembre de 2013

CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS PENSIONS DOS EMIGRANTES RETORNADOS POR ANOVA






ESTE XOVES, A PARTIRES DAS 20:30, NO CENTRO CULTURAL DE BARRANTES,

TERA UN LUGAR UN ACTO INFORMATIVO SOBRE A REFORMA DAS PENSIÓNS E

TAMEN FALAREMOS DAS PENSIÓNS DOS EMIGRANTES RETORNADOS.

• Como nos afectarán os últimos cambios lexislativos?

• Que significa que non van a actualizarse co IPC? 



• Cambia a cotización?

• Que pasa coas pensións que se cobran da emigración?.



I N T E R V I R Á N:


- Enrique Oubiña Lago.


Membro de ANOVA e Concelleiro en Ribadumia.

- Xurxo Charlín Trigo.

Asesor Fiscal e Tributario – membro de ANOVA.

CENTRO CULTURAL DE BARRANTES as 20:30 Xoves 28


2 de octubre de 2013

CHARLA INFORMATIVA DE ANOVA EN PORTONOVO ( TRIBUTACION DOS EMIGRANTES RETORNADOS)




Hoxe as 20:30 charla informativa sobre a tributación dos emigrantes retornado no MULTIUSOS PORTONOVO  


Neste tema é fundamental que os afectados teñan toda a información posible e asesoramento dende os primeiros momentos, dado que moitos dos expedientes poden ter unha resolución particular pola vía administrativa.


Intervirán ademáis dun membro da agrupación local, un Xestor Profesional – Colexiado mercantil, o cambadés Xurxo Charlín Trigo, que explicará a lexislación referente á tributación dos emigrantes e responderá as preguntas dos asistentes sobre recursos ádisposición dos afectados; e o Deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Fajardo, que informará sobre as medidas propostas dende AGE no Parlamento Galego así como os acordos conseguidos ao respecto.


A asistencia á charla é libre e convídase a todas as persoas interesadas no tema a que asistan á mesma.