Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de octubre de 2017

ABAL CONTRA CHARLÍN. TENSIÓN NUN PLENO DE "GUANTE BLANCO"














Onte asistín coma público ao Pleno da Corporación onde había nada menos que 17 puntos na Orde do Día. Comezou coa aprobación das actas das sesións anteriores e con solución de continuidade se aprobaron as ordenanzas reguladoras dos principais impostos que regula a Lei de Facendas Locais grazas á maioría absoluta do goberno. Foi unha hora de tedio, algo que xa ven sendo unha costume cando teñen un micro diante o noso Concelleiro de Facenda e o Xefe da oposición, ou o que é o mesmo: "Si queremos que todo siga como está, necesitamos que todo cambie", o que en ciencias políticas coñecemos como Gatopardismo (en referencia á famosa novela El Gatopardo). A Aristocracia que representaba Luis trocou pola Burguesía que representa Charlín, pero ámbolos dous son conscientes que o que se dilucida é a loita polo poder.

Entramos na segunda parte do Pleno e a estas alturas algúns nos decatamos de que algo non iba ben, había un ambiente bohemio onde todo eran risas, chascarrillos, agás a cara desencaixada de José Ramón Abal e Tino Cordal. Ao meu carón o pai de José Ramón e detrás Alternativa por Cambados, a nova formación política que se presenta polo que parece aos novos comicios e que leva coma cartel ao irmán de José Ramón, Sergio. Algo non encaixaba, se estaba fraguando e que hoxe foi unha realidade, unha nova crise de goberno encol da figura de Abal e Charlín, algo do que falarei máis adiante. Seguíu unha nova moción de recheo (como lle chamou Aragunde) encol da persecución da Inspección de Traballo sobre os temporeiros que fan as tarefas da vendima en pequenas explotacións, e coma non podía ser doutro xeito goberno e oposición teñen puntos diametralmente opostos. Uns pensan que é necesario lexislar doutra maneira e os outros que cada un ten que facelo traballo que ten coma encomenda. Como hai un espazo legal onde hai un espazo “en blanco” onde hai unha colaboración que non ten nada de contraprestación económica porén son explotacións familiares e unha vez Charlín nos agasallou cunha das súas famosas parrafadas (esta vez leu enteiriño o comunicado do Sindicato Unións Agrarias) o sangue non chegou o río, despois de un tira e afloxa o goberno aprobou a moción e a oposición pola “filosofía” nada clara da moción (Luis me lembra cada vez máis a Vargas Llosa –Conversaciones en la Catedral), abstívose.


A Alcaldesa pedíu un receso no Ecuador do Pleno de 5 minutos e o rictus na cara de Abal seguía serio e Charlín collía folgos, porén este home é unha máquina falando, traballadoriño é pero ten un ego que “canto máis probas, máis gostas de ti”. Seguíu a polémica Lei de Portos onde Víctor Caamaño fixo unha exposición paseniña e diáfana encol do que é un novo intento por parte do goberno da Xunta de blindalas competencias de Portos de Galicia, o dono de medio Cambados, por certo. Aragunde non compartíu o escenario que Víctor contemplou e repetíu a frase que un servidor leva pronunciando unhas cantas veces este derradeiro mes, “pero que me estás contando Víctor”, e “que me estás contando Luis”, e todo pasou ao réxime sancionador do que infrinxa algún dos articulados de dita lei, ata 60.000 euros de multa. Entón chegou a parte “infantil” que lle chamo eu que si por xogos se entende que os rapaces en terreo de portos se poñan a xogalo trukel e lles multen con esa cantidade de cartos e arruinen unha familia enteira, e paridas semellantes. Estando dacordo de que a lei é absolutamente discrecional, ao que se refire é que un non se pode poñer a xogalo fútbol NO Porto de Tragove, e punto pelota. Nesta ocasión o goberno votou a favor da moción do BNG e a oposición en contra. E nos deron as doce menos cuarto da noite cando o punto estrela da orde do día se achegaba, a moción do PP pedindo respeto polos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, encol dos recentes acontecimentos no que eu chamo esperpento Catalán. Debido a denominada unidade de acto e unha vez consultado ao Secretario e co voto favorable de tódolos membros presentes na Corporación decidíuse dar por rematada a sesión para reiniciala desde este punto o próximo mes. 

Coma podedes ler nada de particular, agás o rictus na cara de Abal que se foi desencaixado, Tino Cordal de presa e correndo, e Charlín camiñaba a un lado e a outro coma un pato mareado. Aquí hai tomate pensei, algo non cadra, un Pleno tan bohemio non pode rematar sen algún corrillo onde
comentalo percal, e por certo, o grupo do Partido Popular despediuse do público asistente dándonola boa noite a todos, un xesto de educación de Aragunde que estivo do máis correcto, nada que ver con anteriores ocasións. O murmullo do río coma diría Luz Casal proviña do goberno e esta mañá co galo do anuncio das obras que se están a facer para crear unha senda peatonal no Polígono Industrial, unido a famosa Rúa da Pacheca que estando Abal ausente Charlín saíu coma él di “a informar”, fixo que José Ramón dixera ata aquí chegamos, están usurpando as miñas funcións e dou por roto polo momento o pacto de goberno e deixo nas mans da Alcaldesa o goberno, ou o que é o mesmo, desfacelo entuerto, por algo é a encargada de velar que cada un dos socios de goberno faga o seu traballo con profesionalidade e coordinalas tarefas de traballo. Son cousas que leva o de ser Alcaldesa, para que logo digan que non manda nada e que pasa por aí, cando a día de hoxe ata eu estou sorprendido de que éstes catro se entenderan sabendo coma son, e grande parte e grazas a Fátima, que é unha muller intelixente e con moitas habilidades sociais, e que non é a
primeira crise coa que ten que lidiar, polo tanto namentras non se pronuncia tomarémonos un tempo prudencial antes de facer máis extrapolacións so cabo de que a información que temos seña escasa, pero parece claro que todo xira en torno ao EGO de dúas personaxes que teiman por ver quen é o máis parvo, dito con todo o agarimo, porque xa me diredes vós que gañamos os veciños con todo isto, en todo caso espero “ansioso” coma intepretan os Blogs da Dereita este novo desencontro, penso que non van a ser tan reflexivos coma min, percurarán facer un guiñapo do actual goberno, algo no que están no seu dereito, asemade penso que falando se entende a xente e que esto será un roce máis dos moitos que hai nas familias, se “rascas” un pouco, sempre sae algo.


Apertas, e que pase o que pase os veciños non teñamos que lamentar outras desgrazas, xa podían ser todas coma éstas.

Un artigo de Óscar Núñez.-







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.