Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CASTRELO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CASTRELO. Mostrar todas las entradas

23 de agosto de 2020

UN FERIDO NUN ACCIDENTE EN CASTRELO




Esta madrugada en torno a unha da mañán producíase un accidente de tráfico en O Facho, Castrelo. En concreto un vehículo saíase da vía. Como consecuencia do sinistro resultou ferido e posteriormente evacuado ao Hospital do Salnés F. P. C. de 21 anos e veciño de Cambados. O xoven presentaba un cadro de dor cervical e tamén na cadeira. O vehículo ao saires da vía causou danos na caseta da Confraría de Mariscadores.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Trafico que acudeu ao lugar xunto co Servicio de Emerxencias do concello de Cambados cun camión e a Ambulancia.





6 de junio de 2020

UNHA COLISIÓN MÚLTIPLE EN CASTRELO SÁLDASE CON DOUS FERIDOS


Unha colisión na que se viron implicados tres turismos saldouse con dúas persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas ao Hospital do Salnés. Trátase dopiloto dun dos vehículosde 27 anos, D.P.O: e a sua acompañante de 28, E.V. C. ambos de Sanxenxo
O accidente tivo lugar na PO-550, á altura da parroquia de Castrelo.
Foi unha persoa particular quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia, ao fío das 1:30 horas.
Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil, do persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Ribadumia e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Tráfico.


3 de marzo de 2020

TRES FERIDOS EN DOUS ACCIDENTES EN CAMBADOS


Dous accidentes acaecidos este mediodía en Cambados remataron con tres feridos.
O primeiro dos accidentes tiña lugar na Bouza, en Castrelo ao fío das 12:30 hrs. Como resultado resultou ferido J. M. P.I. de 67 anos que conducía un ciclomotor e que foi evacuado ao Hospital do Salnés polo 061 con fractura de nocello esquerdo. A garda Civil de Tráfico instrúe as dilixencias deste suceso.



O segundo ccidente de tráfico producíase sobre as 13:50 hrs na Avenida de Galicia s altura do cruzamento coa rúa Os Olmos. Neste choque frontolateral entre un turismo e unha furgoneta resultaron feridas duas persoas, ambas ocupantes do turismo.
O condutor E.T. con dor en clavícula esquerda e a copiloto F. T. con dor en costado esquerdo e dor cervical, polo que foron trasladados tamén ao Hospital do Salnés. Instrúe dilixencias neste caso a Policia Local de Cambados.



7 de febrero de 2020

A ESTRANA DESAPARICIÓN DE JONY


Protección Civil de Cambados rescatou esta mañá un can que levaba uns días desaparecido na Bouza, Castrelo, Os veciños levaban días escoitando os ladridos e finalmente optaron por dar parte á Garda Civil. O can estaba no interior da leira dunha vivenda que está deshabitada desde hai un tempo polo que non se pudo acceder a ela.
Resulta estrano que estando a vivenda rodeada por muros de uns tres metros de altura puidera o can acceder ao seu interior, polo que se especula como puido chegar alí o can de cinco anos de vida e de pequeno tamaño.
Desde os Servizos de Emerxencias do Concello de Cambados cren que ou ben saltou (algo moi difícil polas súas características ou alguén o botou desde o exterior. Cando os voluntarios o rescataron, o can estaba asustado, algo famento pero en bo estado xeral. Que tivese o microchip axudou a atopar enseguida aos seus propietarios que pronto se encontraron con el para ledicia do can. Foi nese intre cando Jony recuperou a alegría que perdera nestes días de soidade.


29 de diciembre de 2019

UN FERIDO NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS




Un home que circulaba pola PO-550, avenida de Castrelo casi no final da ponte sobre o Umia dirección Cambados, nunha motocicleta clásica acompañado doutros moteiros resultou ferido.
Era preto das 10.30 hrs desta mañán cando se produceu a colisión na que se veu implicado un turismo, que saíndo dun cruce próximo a ponte arrollou á motocicleta.
Como consecuencia da colisión, o condutor da motocicleta J.D.P. de 59 anos sufreu feridas nunha perna, posible fratura de tibia e peroné. O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061. Na intervención participaron membros do Grupo de Emerxencias de Cambados, Ambulancia do 061 e a Policía Local.



13 de octubre de 2019

DUAS PERSOAS FERIDAS NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO EN CASTRELO


Na tarde de onte ao redor das 7 e 10 producíase un accidente na parroquia de Castrelo, na estrada PO-550,  na coñecida como recta da Bouza.
A consecuencia do choque de dous vehículos resultaron feridas duas persoas. C.P.F. de 79 anos e 
A.V.R. de 25, ambas de Cambados, con fortes dores lumbar e cervical e que foron evacuadas ao Hospital do Salnés.
Trala retirada dos vehículos procedeuse a limpeza dunha gran mancha de aceite na calzada por parte de Protección Civil de Cambados.
Participaron na intervención, a Garda Civil de Tráfico unha Ambulancia do 061 e o Servicios de Emerxencias e Protección Civil do concello de Cambados.



25 de septiembre de 2019

DETIDO UN CAMBADÉS POR DANAR 300 CEPAS DE ALBARIÑO


A Garda Civil detivo a un veciño de Cambados acusado de esnaquizar, de forma supostamente intencionada, máis de 300 cepas de uva albariño na parroquia de Castrelo debido a unha suposta rifa persoal cun dos propietarios afectados. Así o informou o Instituto Armado nun comunicado, no que explicou que o valor dos danos causados ás cepas pode superar os 6.000 euros. O esclarecemento dos feitos levouse cabo por mor das imaxes de vídeo achegadas por un dos propietarios das leiras onde se produciron os danos, ao que lle cortaron 268 cepas, indicaron as mesmas fontes.
Segundo as investigacións realizadas polos efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Cambados, a persoa identificada como presunto autor dos feitos "é un veciño do mesmo municipio que desde hai anos mantén rifas persoais co propietario das cepas", abundou a Benemérita. Esta mesma persoa xa presentara varias denuncias en anos anteriores por danos intencionados en cultivos e viñedos, sinalou a Garda Civil.
Outras 33 cepas de albariño foron esnaquizadas o mesmo día noutra leira contigua propiedade doutra persoa, "debido posiblemente a un erro de apreciación do autor, crendo que tamén era do mesmo propietario", puntualizou o Instituto Armado.
O presunto autor dos feitos quedou en liberdade coa obrigación de comparecer #ante a autoridade xudicial cando sexa requirido para iso. Mentres, as dilixencias foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Cambados.





5 de septiembre de 2019

INVESTIGADO POR ROUBAR PRENDAS ÍNTIMAS A VECIÑAS UN XOVEN DE CASTRELO


A Garda Civil de Cambados identificou esta semana a un ladrón que buscaba, no domicilio das súas vítimas, un tesouro particular. O home, de 18 anos e da parroquia de Castrelo, entraba escalando polo edificio ata acceder a unha das xanelas da vivenda, pola que se coaba nos dormitorios da casa en busca de roupa interior. Tense constancia de que, polo menos, o caco entrou en tres casas distintas sempre co mesmo propósito. Polo visto, levaba a lenzaría para despois prenderlle lume. Foi nunha das súas últimas incursións cando unha das vítimas descubriuno, mirándoa atentamente mentres ela durmía. Todo sucedeu despois de que o mozo houbese entrada ás furtadelas no piso para roubar as pezas íntimas. Pero no canto de irse ao atopalas, detívose a observar á súa dona, que estaba deitada. Nese momento, ela espertou e atopouse co individuo de fronte, o que o fixo fuxir. A denuncia deste muller puxo aos axentes na pista do ladrón de lenzaría, un particular botín que os axudou a conectar un roubo con outro ata chegar a identificalo e acusalo de tres roubos e un furto, polos que deberá responder ante a xustiza.



16 de julio de 2019

UNHA MULLER FERIDA NUN ACCIDENTE EN CASTRELO




Unha muller resultou ferida esta tarde nun accidente ocuriido na Po-550 pasada ponte sobre o río Umia en Castrelo dirección Sanxenxo, frente o Tropezón.A muller, B.M.D., de 35 anos resultou contusionada nas zonas cervical e lumbarfoi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061.
Unha colisión por alcance foi o que propición o accidente.
Interviron no operativo Protección Civil de Cambados, 061 e Garda Civil.




8 de abril de 2019

V ANDAINA SAUDABLE E SOLIDARIA A FAVOR DA AECC EN CASTRELO



Un ano mais, e xa van 5 preséntase a « ANDAINA SAUDABLE E SOLIDARIA» a favor da Asociación Española contra o cancro (AECC) e adicada a nosa veciña Pilar Fernandez Muñiz.

Será o día 1 de Maio, mércores, festivo.


Contarán cuns padriños internacionales, PIONE SISTO e EMRE MOR, xogadores do RC Celta de Vigo.
Tamén haberá a actuación do grupo de danza MEDIA PUNTA de Vigo, coa sua aclamada interpretación da Muiñeira en Got Talent.


Mismo itinerario*, misma hora (ás 5 da tarde) e mismo proceder, andaina de libre acceso para tod@s, so hai que anotarse por motivos de organización e aprovisionamento no 687968888.





*A ruta que transcorre pola parroquia cambadesa de Castrelo dende o campo de fútbol do Beiramar, e recorre os sendeiros existentes polo Complexo Intermareal ata o Con Redondo e regresando de novo o campo de fútbol.



26 de octubre de 2018

XXVII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES




O vindeiro domingo 29 de outubro, ás 16:00 nas instalación da bodega Condes de Albarei terá lugar o XXVII festival de bandas de música populares, coa participación da banda filarmónica santanense (Santana – Figueira da Foz, Portugal) e a banda de música de Castrelo.




6 de septiembre de 2018

ACCIDENTE EN CASTRELO


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados (Protección Civil) acudeu esta tarde a prestar os seus servizos a un accidente de tráfico na Po-550 ao seu paso por Castrelo, Cambados. Na intervención colaborou a Ambulancia do 061, Garda Civil de Tráfico e Atestados.


No accidente resultou ferida unha muller que foi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061.






30 de agosto de 2018

SOSPEITAN DE POSIBLES TIMOS EN CASTRELO



Parece ser que andan a pedir polas casas de Castrelo. O Beiramar C.F., segundo a directiva do clube de Castrelo ainda non empezpu a cobrar carnéts de socio.
Polo que si alguén se presenta nas casas a cobrar no seu nome que sepan que pode ser un timo. Os carnéts de socio pagaranse no momento de ser entregados e os carnéts en concepto de publicidad van cos correspondentes recibos co selo do Beiramar C.F.  Tamén alertan de que os membros da asociacion Amigos de Castrelo (actual comisión de festas) van identificados cos chalecos amarelos co nome da asociacion na parte traseira. Calquer outra persoa que vaia  pedir polas casassin este distintivoseguramente non sexan membros da asociación. Polo que pode ser que estén a timar aos veciños. 

TEDE PRECAUCION DE ASEGURARVOS A QUEN LLE AXUDADES POLO BEN DE TODOS.



14 de junio de 2018

UN ALUMNO DO COLEXIO DE CASTRELO RECIBE UN PREMIO A NIVEL GALEGO



Un estudante de 3º de Primaria do CEIP de Castrelo (Cambados) e unha alumna de 4º do CEIP Santa María do Castro (Boiro) gañaron o primeiro premio do I Concurso de Pequenos relatos Agaca. O Premio foi convocado no marco do programa ' Almorz@ con Beizos Brancos', impulsado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) e Obra Social 'a Caixa' para fomentar a nutrición sa entre escolares. Así, o luns, día 18, terán lugar as dúas cerimonias de entrega de premios: ás 10,00 horas no colexio Santa María do Castro (Cabo de Cruz- Boiro) e ás 11,30 horas no Colexio de Castrelo (Cambados). O premio para os gañadores consiste nunha tablet e nun lote de libros. Os colexios, pola súa banda, recibirán, cada un, un premio económico e un recoñecemento pola súa participación. O concurso foi promovido entre os 20 colexios que este curso tomaron parte na iniciativa ' Almorz@ con Beizos Brancos', que ofrece ao alumnado de segundo ciclo de Primaria diversas opcións e consellos para almorzar de forma saudable.




8 de junio de 2018

4ª XUNTANZA DE BANDAS XUVENÍS CAMBADOS 2018




O domingo 10 de xuño, o salón Peña acolle a cuarta xuntanza de bandas xuvenís, que contará coa Banda Xuvenil da ESMU Municipal de Cuntis (dirixida por José Varela), as Bandas Infantil e Xuvenil da ESMU e CMUS Municipais de Cambados (dirixidas por Daniel Filgueira) e coa actuación especial da Banda de Música de Castrelo (dirixida por José Varela).



3 de junio de 2018

PERSOAS QUE TRABALLAN PARA OS VECIÑOS, E XENTE QUE NON FAI NADA ....... PERO CRITICA




As axudas que se solicitan na mocion por danos de fenomenos naturais como os que sufreu Castrelo teñen que ser aprobadas mediante Decreto Lei, e por eso se levou o Congreso dos Deputados mediante esta proposición non de Lei do grupo de En marea a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil (http://congreso.enmarea.gal/en-marea-pide-no-congreso-que-se-declare-zona-afectada-gravemente-parroquia-de-castrelo-cambados-pola-cicloxenese-explosiva/) e se buscou o apoio de todos os grupos da corporación no pleno coa moción.



Se ser populista é estar do lado dos veciños cando viñeron a falar con nos no Concello e axudarlles no que se poida cando fai falla, seguirei sendo populista sempre que poida levando este tipo de iniciativas no Pleno de Cambados e no Congreso dos Deputados, e se ser Demagogo e solicitar a través do teu grupo político no Congreso que se soliciten axudas aos veciños de Cambados afectados sereino mentras sexa posible. En Somos Cambados seguiremos estando sempre a disposición dos veciños de Castrelo, Corvillon, Oubiña, Vilariño e Cambados!!

Mentras, outros din na prensa que están en contra do peche do Centro de Saúde, e ata votan no pleno... pero despois olvídanse de ir as manifestacións e en Santiago e Madrid, os seus partidos votan outras cousas. Eso non é populismo, é ser hipócrita...


Pensa o Ladrón que todos son da súa condición. Para populista e demagogo xa chega con vostede, nadie pode competir co voceiro da oposición niso, o que realmente lle molesta é que esta iniciativa fora presentada por Somos no Pleno e por En Marea no Congreso, mentras vostede segue cobrando 60.000€ por non facer nada de nada!!





4 de mayo de 2018

EN MAREA PIDE QUE SE DECLARE A CASTRELO ZONA DE EMERXENCIA TRAS SER AFECTADA POLO TEMPORAL DE MARZO






En Marea pediu hoxe no Congreso dos Deputados que se declare á parroquia de Castrelo, en Cambados, como zona afectada gravemente por unha ciclogénesis explosiva.
A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, rexistrou unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión de Interior na que solicita que o Congreso dos Deputados inste o Goberno a que, con carácter urxente, "declare zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil á parroquia de Castrelo afectada pola ciclogénesis explosiva producida o día 23 de marzo de 2018". Ademais, a deputada recolle nesta iniciativa que se "adopte a totalidade das medidas que procedan das establecidas no artigo 24 da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil" e que ademais "se concedan subvencións, como as contempladas no Real Decreto 307/2005, do 18 de marzo e demais disposicións de aplicación que se soliciten".
Entre outras, Rodríguez sinala "axudas directas que compensen os danos nos cultivos afectados, exención das cotas á Seguridade Social do Réxime Especial Agrario ou a Redución dos índices de rendemento neto no método de estimación obxectiva do IRPF e Réxime Simplificado do IVE". Pola súa banda, Somos Cambados explica que o temporal "Hugo" tivo ventos que superaron os 110 quilómetros por hora provocando moitas incidencias en toda a comarca e especialmente na parroquia cambadesa de Castrelo.
Inclusó rexistrouse un tornado que durou un segundos pero era tal a súa virulencia que máis dunha ducia de vivendas, negocios e zonas agrícolas sufriron importantes danos. Somos Cambados incide, a través dun comunicado, en que "nunha parroquia como esta pódese producir un grave prexuízo económico para os veciños e agricultores e, como consecuencia, para o resto de sectores que dependan do sector primario".




29 de abril de 2018

APRAZADA A ANDAINA SOLIDARIA DE HOXE EN CASTRELO



Lamentamos comunicar que, vistas as condicions meteorolóxicas, a organización da Andaina Solidaria Loita contra a Leucemia ven de POSPOÑER A ANDAINA PARA O PRÓXIMO MARTES DÍA 1 (festivo), NO MESMO LUGAR E HORA. Descupade as molestias e vémonos o martes! IMPARABLES!


20 de abril de 2018

IV ANDAINA SAUDABLE E SOLIDARIA. CASTRELO CON BENITO CASTRO E CONTRA A LEUCEMIA



O vindeiro domingo 29 de abril Castrelo Cambados (Pontevedra) mobilízase para loitar contra a leucemia e adicada a Benito Castro. A asociación Mulleres Rurais de Castrelo "As Saiñas" organiza, un ano máis, unha andaina solidaria gratuíta para todos os públicos e idades. A andaina, que será amadriñada por Eva Iglesias, empezará e terminará no campo de fútbol Beiramar e continuará polo camiño do complexo intermareal de Umia pasando por Ansuiña, Saiñas, Con de Xido e Correlo. Todos os participantes serán obsequiados con auga e froita ao final da mesma. No campo de fútbol haberá unha hucha solidaria onde se poderán facer doazóns para que a Fundación Carreras poida seguir investigando sobre a leucemia e outras enfermidades malignas do sangue. Ademais, haberá exhibición de Zumba Kids a cargo de Sara Abal e servizo de cantina! Vas perdelo?



17 de enero de 2018

INVESTIGADO POR NEGARSE AO CONTROL DE ALCOHOLEMIA TRAS TER UN ACCIDENTE EN CAMBADOS













Un home de 33 anos e iniciais J. M. M. G. está a ser investigado penalmente por un presunto delito contra a seguridade viaria ao negarse a someterse a un control de alcoholemia tras sufrir un accidente de tráfico esta madrugada en Cambados, informou a Garda Civil. O accidente produciuse sobre as 5.00 horas na PO-550, en Cambados, concretamente en Castrelo. O home sufriu unha saída de vía e chocou contra un farol. Unha das rodas do seu coche saíu disparada e impactou contra outro vehículo que conducía unha muller, M. P. F., de 46 anos, que resultou ilesa, aínda que tivo que ser atendida polos servizos de emerxencias por un ataque de ansiedade. Segundo informa a Garda Civil, o individuo negouse a facer a proba de alcoholemia, e dado que o atestado indica que o home presentaba signos evidentes de estar ebrio, investígaselle penalmente. Ademais, o pai do condutor investigado presentou unha denuncia contra o seu fillo no cuartel da Garda Civil de Cambados por un incidente previo na súa casa no que se produciu unha agresión verbal durante unha discusión familiar.