Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta UU.AA.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UU.AA.. Mostrar todas las entradas

19 de septiembre de 2014

A XUNTA ENGANA AOS PEQUENOS VITICULTORES


Os representantes dos sindicatos Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego en nome dos produtores vitivinícolas das Rías Baixas séntense enganados pola Xunta de Galicia ao non ter convocado a mesa do viño para este ano a pesar de comprometerse a iso.
Os produtores esperan que a próxima semana, durante os últimos días de setembro, se leve a cabo a campaña forte de vendima e lamentan que non se acordase aínda un prezo. Denuncian que dende as adegas intentan meter medo aos viticultores de maneira que se rebaixen os prezos. Hai que ter en conta, segundo apuntan os sindicatos, que a presenza de chuvia e as enfermidades que están a afectar aos viñedos van afectar á produción deste ano ao considerar que se recollerán menos de 20 millóns de quilos de uva.

O pasado ano, as adegas pagaron entre 0,90 e 1 euro polo quilo de albariño e os produtores entenden que, este ano, o prezo debería situarse sobre 1,30 euros. Os sindicatos denuncian ademais o atraso nos pagamentos por parte das bodegas que, nalgúns casos, supera os 15 meses.  



14 de octubre de 2013

O ACORDO DE COMPRAVENTA DA UVA NON SE CUMPRE, SEGUNDO UU.AA.






A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou o papel positivo que xogan os contratos homologados á hora de establecer de xeito claro e transparente as condicións de compravenda de uvaUnión Agrarias (UU.AA.) denunciou que o acordo proposto pola Xunta e asinado por bodegas e organización agrarias "non se está cumprindo no referente ao compromiso de recoller toda a produción de uva amparada", mentres que o Goberno galego destacou o venres o "papel positivo" dos contratos homologados de compraventa de uva.

UU.AA. recordou que non asinou este acordo por consideralo "unha trampa e unha imposición" do sector industrial a os productores. Así, "tal como denuncian os productores da zona de O Salnés, case todas as explotacións teñen uva sen saída, xa que as bodegas non se comprometen a recollela aducindo que esgotaron a capacidade financeira de compra".

Neste sentido, UU.AA. subliñou que "non vai permitir que as bodegas chantaxeen con prezo aos viticultores con falso pretexto de que sobra uva".

Sobre esta cuestión, a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, valorou o papel positivo que xogan os contratos homologados á hora de establecer de modo claro e transparente as condicións de compraventa de uva.

Este venres, Quintana (viaxar e o dela) acudiu a un viñedo en O Salnés, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís(outro que tal baila), e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, para comprobar os avances nas tarefas de vendimia.

En concreto, Quintana destaca a importancia destes contratos, que non só representan unha garantía de aprovisionamiento para as bodegas, senón que, ao seu xuízo, tamén teñen un efecto positivo sobre os viticultores, xa que ven diminuída a súa incerteza para "colocar" o seu produto.

Ademais, apuntou que a firma de contratos conleva crear unha comisión de seguimiento de todo o proceso, o cal representa tamén unha maior seguridade xurídica para todos os sectores, sostén.





10 de septiembre de 2013

O MODELO FALCON CREST DENUNCIADO POR UNIÓNS AGRARIAS





O sindicato Unións Agrarias (UUAA) mobilizarase contra o modelo "Falcón Crest" de plantación de albariño "auspiciado pola Xunta de Galicia nas Rías Baixas".

Os responsables de Unións Agrarias, Roberto García, secretario xeral; Xosé Ramón González, secretario de Agricultura e Manuel Ángel Dopazo, secretario Xeral Comarcal en Caldas-Salnés, compareceron en rolda de prensa este luns na sede de UGT Pontevedra.
Segundo os datos ofrecidos por Unións Agrarias nos últimos dez anos o número de viticultores inscritos na Denominación de Orixe Rías Baixas apenas chegou a un 16% de incremento mentres que as novas plantacións supoñen máis dun 40%. "Quere isto dicir que a inmensa maioría das novas plantacións foron con diñeiro público feitas por bodegueiros particulares", o que segundo Roberto García se relaciona coas "campañas feitas para afondar en que cada vez sexa menos rendible ter uvas e máis rendible ter adegas con viñedos".
Nesta "campaña brutal" que denuncian estes responsables sindicais centrouse no 2011 no excedente de uva para abaratar o prezo, no 2012 dirixiuse nos rendementos por hectárea con sancións a moitos viticultores para continuar demonizando e facer inviable produción.

E agora, segundo este sindicato, nas Rías Baixas, a Xunta e as adegas están a intentar que os viticultores
 "sexan o seguro a todo risco da súa xestión". Roberto García, secretario xeral de UUAA apunta que "calquera problema financeiro que teñen o arranxan a mes vencido repercutindo de forma unilateral no prezo das uvas".Roberto García informou que a día de hoxe hai 14 sentenzas de tres xulgados do contencioso administrativo diferentes que lle dan a razón a Unións Agrarias anulando aquelas sancións.
Do mesmo modo sinalou que "cando teñen problemas para acudir a crédito o arranxan pagando as uvas a 365 días no mellor dos casos ou dous anos trasladando os problemas do circulante ao viticultor".
Segundo Roberto García esta situación verase agravada na próxima vendima xa que se está a forzar "prezos de referencia por debaixo dos custos de produción obrigando os viticultores a vender por debaixo do que custa producir, ou o que é o mesmo a cometer delito", asegurou.

Ante esta situación os responsables do sindicato rexeitan o prezo de referencia da uva albariña para a próxima campaña, uns 40 céntimos inferior ao de 2012. Ademais esixirán ao Goberno Central e Xunta a aplicación literal con todas as consecuencias da Lei da Cadea Alimentaria que obriga a que obriga a que os contratos agrarias figuren por escrito con todas as condicións de prezos e calidades, e a pagar en menos de 60 días.
Ao mesmo tempo iniciarán un escrutinio detallado de todos e cada un dos contratos que establezan as adegas cos viticultores para comprobar a existencia de prezos por debaixo de custo.
E finalmente, con aquelas adegas que paguen por debaixo de custo Unións Agrarias iniciará unha campaña de información ao consumidor explicando esa situación.
As previsións do Consello Regulador de Rías Baixas apuntan a que a próxima vendima será abundante cun rendemento medio de 8.000 quilos de uva por hectárea.


22 de febrero de 2013

UNIÓNS AGRARIAS URXE UNHA REUNIÓN DA MESA DO VIÑO








A baixa a produccion, a caida dos prezos e o brutal incremento dos custos de explotación, provocaron unha dramática caida nos ingresos nos cosecheros da DO Rias Baixas, ata tal punto que urgen unha convocatoria da Mesa Sectorial do Viño, para lograr unha estabilidade no sector de cara a vindeiras campañas.
Reivindican que os prezos cubran os costes e que este conten cunha estabilidade ó longo de varios anos e poñen exemplos concretos; unha expotación media da DO Rias Baixas, con 1,6 hectareas, pasou duns beneficios medios próximos aos once mil euros na colleita 2011, a unhas perdas superiores aos dous mil en 2012.
Ademais de pedir esta estabilidade nos prezos a varios anos, dende Unións Agrarias instaron á Consellería do Mar a promover entre as adegas a creación de contratos homologados, outorgando subvencións unicamente a aquelas que os fagan.
Rías Baixas apenas produciu en 2012 doce millóns de litros, seis menos dos que foi quen de vender no exercicio anterior. Polo que segundo Xosé Ramón González é imposible que as adegas conten con stock. E  é que Unións Agrarias quéixase de que os productores non sempre cobran o que se lles promete. Con todo, Xosé Ramón González quixo felicitar ó Consello Regulador por ter iniciado a actualización de censos e parcelas. 
Dende Unións Agrarias engadiron que hai outros temas pendentes dos que falar: a fixación do obxectivo do rendemento por hectárea, que non pode ser igual cada ano e a posibilidade de utilizar a poda en verde como mecanismo de control.
E din que este é o mellor momento para entrar nunha negociación, e alcanzar un acordo beneficioso para todos os implicados, fóra das especulacións propias da colleita.