O salón de plenos do concello de Cambados alberga estos días a exposición de fotografía "Con Mans de Muller" 25 imaxes que mostran as historias da vida das mulleres no noso rural.
A exposición estará visible ata o vindeiro 3 de febreiro.
25 imaxes coas historias de vida de mulleres do rural galego conforman a exposición Con mans de muller, coa que a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) reivindica o territorio rural como un ámbito para a innovación a partir da historia real de mulleres galegas.

Coa montaxe tratan de espallar a mensaxe de que as mulleres rurais están tamén implicadas na modernización e valorización da contorna. O futuro do rural non se pode construír, non se pode entender sen a nosa contribución pasada e presente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.