Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de agosto de 2019

ARAGUNDE ACCEDERÁ A UN POSTO NA XUNTA PRÓXIMAMENTE.


Estes días saía en prensa a nova de que o PP tentaría a Somos Cambados para que lle axudara a evitar que o PSOE se fixera coa presidencia da Mancomunidade do Salnés. A pesares de que o actual presidente en funcións, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, leve decindo que a él non lle quita o sono a presidencia parece que ao seu partido si lle importa perder a presidencia do ente supramunicipal. E ao propio Durán tamén lle molesta perder esa batalla, se fora ao contrario tería convocado o pleno de constitución xa.

Moitos pensaredes que a presidencia tería un novo nome, concretamente o ex alcalde de Cambados Luís Aragunde, que nestes intres non percibe ningún salario político. Esta sería unha opción para que Aragunde seguira na política cobrando, pero resulta que a Mancomunidade non ten soldos, so dietas e estas non son moi xenerosas. Segundo informacións cercanas ao PP, Aragunde tería agardando un posto na Xunta. Cal? Non nos avanzaron nada máis. Pero últimamente as informacións que ofrece o  PP son pouco fiables.
Que Somos Cambados acceda a petición do PP que a cambio aprobaría as dedicacións parciais dos concelleiros de PSOE e Somos Cambados, sería o colmo.
Pero aínda con todo, cabe a posibilidade de que Somos decidira apoiar esa alternativa pero cun candidato distinto a Durán, algo que ao vilanovés caeríalle como un xerro de auga fría. O PP estaría disposto a ofertar a presidencia ao alcalde de Ribadumia, para acercalo máis ao PP de cara a dentro de catro anos e tendo en conta que en cada reunión de membros do PP en calquer acto xunto a eles pódese ver a David Castro. Hai unhas semanas estivo na mesa dos populares no Xantar da Festa do Albariño.


Cabe outra posibilidade, que Tino Cordal presente a súa candidatura. Entón os populares veríanse entre a espada e a parede. Ou votar a candidatura socialista ou a Tino Cordal. Nestes tempos de política extrana ningunha posibilidade é descabellada.

Polo de agora son todo conxeturas, toda vez que o PSOE agardando por a convocatoria do Pleno da Mancomunidade non se reuniu con Somos para tratar o tema.

Por certo aos que se queixan de que non puxen a foto que ilustra este artigo pero si outras, quero lembrarlle que este blog non publicou nada sobre a  apertura do Centro de Día de Cambados. Polo tanto non tiven a oportunidade de poñer esa imaxe. Engadir que esta imaxe é Institucional, non como outras.
De todas as maneiras naquela foto non hai crítica, hai estraneza de ver que nunca ata esa día hubera un brinde entre esas forzas políticas, de forma non institucional. Si atopan unha foto parecida nos 32 anos anteriores entón teríamos que pedir desculpas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.