Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2018

LUÍS ARAGUNDE, CHUPA CÁMARAS VOCACIONAL E PARÁSITO PROFESIONAL DA POLITICA




Hai  un dito moi  popular que di: non fagas o que eu fago senón o que eu digo e si hai alguén a quen este dito venlle “ni que pintado” e ao ex alcalde e actual deputado provincial, Luís Aragunde.

Fai uns días,  Aragunde, no seu perfil de Facebook, colgaba un post onde informaba da visita a Cambados do presidente de Portos de Galicia, José Juán Durán para revisar unhas obras levadas a cabo no pantalán e na mellora dos amarres. Na foto, coa que ilustraba dito post, pódese ver, en primeiro plano, ao citado presidente  conversando co patrón maior da confraría de Cambados, Ruperto Costa e, detrás deles, o gardapeiraos de Cambados e ao propio Luís Aragunde. A foto é enormemente ilustrativa de hasta onde chegan as ganas do ex alcalde por facerse notar aínda que non teña razón de ser porque, á vista de dita imaxe, cabria preguntarse ¿Qué carallo pintaba aí o actual portavoz da oposición cambadesa e  mais, cando fai ben pouco, o propio Aragunde erixiuse coma unha especie de inquisidor das obrigacións laborais dos membros do Cuatripartito cambadés?.
Como xa comentamos, nun anterior artigo,  fai cousa de dous meses, aproximadamente, Luís Aragunde presentouse no concello,  móbil na man, para denunciar que, nese momento, ningún dos membros do goberno municipal se atopaba nos seus postos de traballo e, despois, de aquel vídeo – denuncia e o mensaxe que, presuntamente, o ex alcalde quería difundir, hoxe cabria preguntarse ¿en calidade de que, exactamente, se atopaba Aragunde “chupando cámara” no porto de Cambados?  Porque, si facemos un breve repaso ás atribucións actuais de Aragunde, veremos que as mesmas son: portavoz da oposición no Concello de Cambados e deputado na Deputación de Pontevedra; pois ben, ningún de ambos cargos xustifica a súa presenza no pantalán cambadés, pois, como sinalamos anteriormente, iso é competencia exclusiva de Portos de Galicia;  ¿Cómo se sentiría Aragunde si, a mesma hora que facía de “convidado de pedra”, ante o presidente de Portos de Galicia e o Patrón Maior alguén se presentara na Deputación Provincial cunha cámara na man e preguntara si se atopaba no seu posto de traballo?
      Obviamente, e como sinalabamos anteriormente, a presenza de Aragunde en dito acto non obedecía a ningunha  razón relacionada cos seus cargos e a mellor mostra de elo é que, acompañando ao Presidente de Portos non se atopa ninguén membro do goberno municipal ….. ¿Por qué estaba entón Luís Aragunde? A resposta é ben sinxela e   xa a dixemos anteriormente: única i exclusivamente para chupar cámara, para facerse a foto porque a súa presenza era totalmente prescindible e non obedece para nada coas súas actuais obrigacións e polas que, non o esquezamos, cobra mais de 61.000 euros anuais; este individuo é o que lle pide aos demais que cumpran coas súas obrigacións laborais cando el  que cobra mais que un bombeiro xefe, un fiscal ou un comisario de policía, non ten os collóns de centrarse no seu traballo que para iso é para o que lle pagan tódolos pontevedreses e dedica todo o tempo a “postureos” que nada teñen que ver co seu actual posto.
Que a  Aragunde gústanlle mais os focos que a unha bailarina de cabaret é algo que xa nos ten demostrado frecuentemente;  o actual deputado provincial ten que ser sempre o bebe no bautizo, a noiva no casamento e o defunto no enterro, aínda que, ás veces, tal actitude  lévelle adoptar posturas ou poses, simplemente, ridículas; unha foto moi común e que mais de un teredes visto ao abrir o xornal prodúcese cando hai un acto do tipo: presentación de proxecto, inauguración de obras etc. Pois ben, como dicía, cando vexades tal nova, fixádevos e veredes que, na maioría dos casos, si Aragunde está presente en tal acto, será o que se atope agarrando o plano e dando todo tipo de explicacións coma si fora o arquitecto ou  o enxeñeiro da obra, facendo aspa ventos como si realmente soubera algo do que está vendo en ditos planos; eu daría un brazo por saber que tipo de explicacións “técnicas” pode estar dando nese momento esta “eminencia”.
Teño que confesarvos que para realizar este artigo contactei con xente da Deputación Provincial para preguntar que pasaría  si, calquera, fixera o mesmo que fixo Aragunde fai un par de meses: presentarse en dita Deputación, cámara en man e preguntar si se atopaba o susodito deputado  no seu posto de traballo; a resposta que me deron todos os consultados foi a mesma: que seria unha absoluta perda de tempo; o realmente extraordinario seria ir e atopalo o cal non soamente é vergoñento sino realmente escandaloso pola explicación que a continuación me deron e que quería compartir con vos……
Como xa temos comentado en algunha ocasións e,  sen ir mais lonxe, neste mesmo artigo, Aragunde cobra unha autentica “barbaridad” para o cargo e as tarefas que desenrola; o seu soldo é un dos mais altos da administración pública, moi próximo, por exemplo, ao que cobra un ministro; todo isto porque, presuntamente,  ten firmado a dedicación exclusiva, a diferenza de outros deputados que teñen unha dedicación parcial e compaxinan a súa labor pública con outros traballos ou profesións. Pois ben, non sei que pensaredes vos, queridos lectores, pero eu, persoalmente, creo que unha persoa que firma unha dedicación exclusiva e cobra uns emolumentos tan elevados o mínimo que se lle debe esixir é que se dedique en corpo e alma a esa función; pois ben no caso de Aragunde demostrase que está alí, como se acostuma a dicir, “pola pasta” e a explicación é sinxela: como xa dixen contactei con xente da Deputación para preguntarlles a cantas comisións informativas (comisións de economía, pesca, emprego etc.)  
acostumaba a acudir Aragunde e a resposta que me deron foi que, xeralmente, non aparece, vamos, que o curioso e o anecdótico e velo por alí; isto non deixa de ser grave e, cando, a esas mesmas persoas , pregunteille como era posible que o deputado provincial mellor remunerado e con dedicación exclusiva non asistía a un elemento tan importante na política provincial como son as comisións informativas, a resposta que me deron aínda cabreoume mais: simplemente porque nos as cobra; segundo o regulamento da Deputación os deputados con dedicación exclusiva non cobran por acudir a ditas comisións informativas , a diferenza dos deputados que non teñen tal dedicación e si cobran por acudir.
Probablemente Aragunde pensará: “¿para que vou asistir si ao final cobro o mesmo?” co cal amósanos a súa verdadeira faciana: a de “parasito político” estar unicamente na política para gañar cartos; ¿e que fai, no canto de estar traballando por tódolos pontevedreses?  Pois dedicarse a pasear por Cambados, facerlle fotos ás farolas do paseo marítimo ou, no colmo da hipocrisía, ir aos postos de traballo dos demais a demandar explicacións porque nese momento non se atopaban no mesmo cando el é o primeiro en “facer novillos”; ¿realmente pódese ter mais morro? ¿non me digades que non era para ir a collelo polas orellas e darlle cunha vimbia no cu coma un neno pequeno?
Seguiremos atentos para ver con que novo “posado” nos sorprende Aragunde mentres segue a cobrar por un traballo que, obviamente, non fai como seria a súa obriga.            
      UN SAUDO A TODOS
  
RICARDO DOMINGUEZ REY




Imaxes: Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Arousa, Xunta de Galicia, Facebook PP de Cambados e Google


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.