Hai novas que por moi esperadas que sexan merecen que, cando se producen, nos deteñamos un intre a reflexionar sobre as mesmas e si hai unha noticia que entra nesta categoría é, sen dubida, o recente nomeamento como candidato, polo Partido Popular, á alcaldía de Cambados de Luís Aragunde.
Aragunde, que dun tempo para aquí gañouse, con todo merecemento, o sobrenome de “vago político” presentarase as eleccións municipais, despois duns anos ( como expoñeremos a continuación) realmente “sabáticos” e que veñen a demostrar o que sempre foi no terreo da política: un “bulto” sospeitoso, un autentico parasito, en definitiva, unha persoa que non veu a servir aos cidadáns senón a servirse dos mesmos para os seus propios fins pero antes fagamos un pouco de historia para “refrescar” a memoria.
Luís Aragunde chegou á alcaldía grazas a unha carambola: cando Tourís foi nomeado súper delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, o de Oubiña necesitaba alguén manexable e sen ambición, en definitiva, un “tonto util” que non lle representara un inconveniente e que, nun futuro, fora un rival, dentro do partido, algo do que sabe moito o propio Tourís (e senón que llo pregunten ao ex alcalde Santiago Tirado).
Como diciamos anteriormente, con Luís Aragunde, Tourís xa tiña á marioneta que necesitaba para seguir controlando, na distancia, a alcaldía de Cambados pero había un pequeno problema: Aragunde era o numero 3 na lista do PP, ocupando o numero 2 e, por tanto, sendo a sucesora natural no cargo, Anabel Carro, obviamente iso non ia representar un obstáculo e solucionouse levando Tourís a, entonces, conselleira de Cultura como axudante para o seu novo cargo.
A historia de Luís Aragunde como alcalde de Cambados xa é de sobra coñecida por todos, historia que acabou en xuño do ano 2015 cando unha coalición de PSOE, BNG, Somos Cambados e Cambados Pode mandouno á oposición; foi entón cando morreu a etapa como alcalde de Luís Aragunde pero naceu o mito, naceu o crack, en definitiva, naceu a figura do vago político encarnada na persoa de Luís Aragunde.
Sei que a moitos, quizais, a expresión “vago político” poida parecerlle esaxerada pero, queridos amigos, como di o refraneiro popular : “por sus hechos los conecereis” e, no caso de Aragunde, é precisamente a ausencia dos mesmos o mellor termómetro para valoralo……
Cando Aragunde, no ano 2015, perdeu a alcaldía o mais lóxico e normal seria que volvera ao seu antigo traballo na lonxa onde podería compaxinalo perfectamente co seu cargo de xefe da oposición no concello cambadés pero, estimados lectores, tal cousa supoñía ter que baixar o lombo e abandonar a cómoda vida a que se tiña acostumado e, polo tanto, tivo que buscar un posto onde non “rascara bola” e no que puidera seguir vivindo do conto da política i ese posto foi como membro da Deputación Provincial de Pontevedra onde, presuntamente, traballaría polos intereses de tódolos pontevedreses ¿por que digo “presuntamente”? basicamente porque, como se acostuma a dicir nestes casos, “calquera parecido coa realidade é pura coincidencia” pero antes diso deixádeme que faga un apunte que, aínda que sexa sobradamente coñecido por todo o mundo, non deixa de ser realmente escandaloso: Luís Aragunde por ser deputado provincial cobra anualmente mais de 60.000 euros, é dicir, cobra mais que un Secretario de Estado e case tanto coma un ministro; no seu dia cando desde “Cores de Cambados” desvelamos este dato nun artigo titulado “120.000 euros por tocarse os collóns (dous anos de Luisiño na oposición)” moita xente non acaba de créelo pero si xa este soldo era escandaloso (un dos mais altos que se poden cobrar dentro da Administración Pública) igual ou mais escandaloso era o horario de traballo porque, si consultamos a web da Deputación Provincial, veriamos que a única obrigación laboral que ten Aragunde son as sesións ordinarias do pleno que teñen lugar o último venres de cada mes porque, como tamén sinalamos no seu dia, Aragunde non acudía as comisións informativas, iso si, debido a unha poderosa razón de peso, en concreto, porque non as cobraba; curiosamente, cando no seu dia denunciamos isto mesmo noutro artigo: que a pesar de ser un dos que mais cobraba na Deputación Provincial e a pesar de ter todo o tempo libre do mundo, non se dignaba en acudir a ditas comisións informativas, pois ben, como diciamos, despois de dito artigo, casualmente, ás dúas seguintes comisións que se celebraron si que se molestou en facer acto de presenza.
Alguén podería dicirme que eu non estou con Aragunde todo o dia para saber a súa axenda de traballo e para criticar a su escasa aportación á política provincial pero tampouco fai falta porque è bastante fácil deducila pero, dende logo, unha cousa está clara: que os mais de 240.000 euros de salario que Aragunde cobrará nestes catro anos e que van saír do peto de tódolos pontevedreses non podían ser os cartos peor invertidos do mundo como, a continuación, expoñeremos e para elo invítovos a facer un pequeno traballo de investigación tomando como base tres puntos de referencia: a presenza de Aragunde na prensa escrita dende que é deputado provincial, o seu perfil en Facebook e o seu blog persoal.
Comezando pola prensa escrita e si tiveramos que guiarnos exclusivamente polas noticias que xerou na mesma, acabariamos preguntándonos si realmente Aragunde traballou (ou traballa) na Deputación porque mais do 95 % das novas que se recollen nas hemerotecas das edicións locais de “Faro de Vigo” ou de “La Voz de Galicia” falan exclusivamente da súa labor como portavoz da oposición no consistorio cambadés; da súa labor como membro da Deputación (e pola que cobra a burrada que cobra) practicamente non se reflexa absolutamente nada.

Do mesmo xeito si visitamos o seu perfil en Facebook, aparte de constatar o seu gusto culinario polas zamburiñas ou o ben que lle quedan as mallas a hora de facer deporte, practicamente, utiliza esta rede social como medio para atacar ao Cuatripartito aínda que, en numerosas ocasións, sexan verdadeiras parvadas como amosaremos a continuación; iso si, da súa labor na Deputación (salvo un post con data 24 de xaneiro, sobre inversións no Salnés) tampouco atopamos pistas sobre cal é, en concreto, a labor de Aragunde no organismo provincial e, o mesmo, se podería dicir do seu blog persoal que, ao igual que o seu muro en Facebook utilízao para o seu cargo de xefe de oposición no concello.
Todo o anteriormente exposto deixa ben ás claras que, como sinalabamos ao comezo, o titulo de “vago político” gañouno con todo merecemento pero xa que falamos da súa labor como xefe da oposición no Concello de Cambados, vamos a analizala porque a súa vagancia política apreciase perfectamente, tamén, neste terreo.
Dende que está na oposición hai tres aspectos básicos que , este vago político, non deixa de repetir como un mantra: que si os membros do cuatripartito se levan mal entre eles, que si Cambados este sucio e, despois de cada Festa do Albariño, que os concertos foron penosos; como dicía estes son os puntos fundamentais do seu discurso que, por esa vagancia extrema que o caracteriza, tampouco molestase moito en actualizar; por empezar polo ultimo: obviamente este ano os concertos foron bastante cativos, negalo seria de necios, pero, outros anos, e a pesar da herdanza económica recibida da “flamante” xestión do PP de Aragunde, pódese dicir que os concertos foron mais que aceptables con nomes como Inmaculate Fools, Waterboys ou Herdeiros da Cruz; algún podería replicarme que co PP os concertos tiñan mais cache pero, dende logo unha cousa podo asegurarvos: que nin a Fátima Abal, nin a Víctor Caamaño ni a Tino Cordal se lles pasaría nunca pola cabeza vender, por exemplo, o Campo Municipal de Burgáns para traer a Julio Iglesias ou a Chayanne, lamentablemente outros non poden dicir o mesmo.
En canto a que si os membros do Cuatripartito se levan mal entre eles ou discuten, amosa a falta de argumentos do xefe da oposición; eu non sei como son as relacións afectivas de Aragunde, si discute coa súa parella ou a trata como unha tola e, a verdade, impórtame mais ben pouco pero todos os que estades casados ou tedes relacións sentimentais coincidiredes comigo que, por moito amor que exista, as discusións, os cabreos e as diferenzas de pensamento son algo totalmente normal en toda relación sentimental e, como non, tamén de traballo ; os únicos gobernos onde non hai discusións son aqueles onde un manda e os demais obedecen coma “perritos falderos” e, probablemente, esa sexa a única forma de gobernar que coñece Aragunde.
Finalmente en canto a si Cambados está sucio, ese é outro dos comodíns esgrimidos con insistencia polo vago político, obviamente, neste aspecto sempre todo é mellorable pero algo terá que ver a xestión e a predisposición do xefe de obras e servizos, preocupado mais ben en outras cousas que pouco ou nada teñen que ver co seu cargo e polo que lle pagan.
Chegados a este punto cabria preguntarse onde estaba o xefe da oposición cando en Cambados se presentaron problemas que, de verdade, preocupaban aos veciños:
¿Onde estaba o vago político cando os veciños de Os Caeiros, o Brexo ou Santo Tome amosaron a súa preocupación pola posible instalación no entorno do centro de Ensino Francisco Asorey dunha potente antena de telefonía móbil cos imprevisibles riscos para a saúde dos veciños? ¿alguén se lembra de ver a Aragunde preocuparse por ese tema?
¿Onde estaba o vago político cando a Xunta decidiu pechar nas tardes de verán o Centro Médico coa conseguinte molestia para os pacientes de Cambados e o resto das parroquias? ¿alguén se lembra de que Aragunde se sumara ás insistentes queixas do consistorio cambadés?
¿Onde estaba o vago político cando se soubo do intento de instalación dunha mina en Touro- o Pino co mais que evidente perigo para a Ria de Arousa e, como non, para Cambados que tanto depende da pesca e do marisqueo? ¿Alguén lembrase de ver a Aragunde nas manifestacións?
Estes son soamente tres exemplos do que realmente preocupa aos veciños de Cambados e onde a Aragunde amosou unha mais que evidente falta de empatía; iso si, tempo non lle faltou para acudir a Audiencia Provincial de Pontevedra para amosar o seu apoio aos traballadores da Lonxa despedidos polo que todos xa sabemos como así o ditaminou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ¿ segues a pensar, Aragunde, que o seu despido foi por causas políticas?.
Todos sabemos que para Aragunde é moi duro ver que, a pesar das condicións nas que deixou o Concello de Cambados, o Cuatripartito vai logrando facer cousas que a pesar de telo intentado o PP cando gobernaba non o dou logrado e de aí que teña que saír con cortinas de fume:
¿Qué o Cuatripartito logra para Cambados a Capitalidade Europea do Viño? pois ai está o vago político intentando distraer cunha “parida” como que ten as súas sospeitas de si o último camión de servizos adquirido polo Concello ten todos os papeis en regra.
¿Qué o Cuatripartito logra para Cambados que a Festa do Albariño sexa declarada de Interese Turístico Internacional? Pois xa está o vago político “enmerdando” con que si os funcionarios municipais están estresados pola acción de goberno ….. ¡¡home!! eu xa sei que cando gobernaba o PP en Cambados os funcionarios estaban como querían, algún hasta se marchaba de viños as once e media da maña e non volvía hasta as dúas da tarde pero , hasta agora, o único caso dun funcionario sometido a presións e que se cargou a un alcalde de Cambados ocorreu gobernando o PP.
De aquí ás eleccións municipais de maio do próximo ano espéranos uns meses realmente apaixonantes no terreo político, meses onde veremos que o vago político terá que saír do seu letargo e da súa vida acomodada para intentar convencer ao electorado de que sirve para algo mais de que poñer a man a fin de mes e cobrar por non saber moi ben que…….. digo eu si non será cuestión de poñerlle unha vela a San Benito non vaia a ser que con tanto traballo ao que non esta acostumado,o vago político vaia coller unha hernia.
RICARDO DOMINGUEZ REY
Imaxes: Arquivo, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa, Pontevedra Viva e Deputación de Pontevedra







No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.