Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta GRAND JETÉ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GRAND JETÉ. Mostrar todas las entradas

13 de agosto de 2019

FESTA GASTRONÓMICA DO MAR EN CAMBADOS



O clube de rítmica Gran Jeté, o Concello de Cambados e a Asociación Cambados Zona Centro organizarán desde o 15 ata o 18 de Agosto a primeira edición da Festa Gastronómica do Mar. Terá lugar no Paseo da Calzada, onde os visitantes poderán degustar unha ampla variedade de produtos do mar cociñados de distintas formas.

Ao longo da xornada os asistentes poderán degustar os seguintes produtos: mexillón ao vapor, mexillón en salsa, mexillón tigre, mexillón en vinagreta, berberechos, ameixas á mariñeira, navallas, empanadas ( atún, mexillón e vieira), tortilla, croquetas de marisco, latas de conserva... Tamén contarán con menú infantil para os máis pequenos. Todos os pratos poderán ir acompañados de auga, refrescos, cervexa e viño Albariño da zona. O horario de apertura será de 12.00 a 16.00 e de 20.00 a 23.00.





5 de diciembre de 2018

TRES CLUBES CAMBADESES RECIBEN SUVBENCIÓNS PARA AS SUAS ACTIVIDADES


A Deputación de Pontevedra ven de publicar as subvencións concedidas e non concedidas polo Servizo de Deportes da Deputación Provincial, para asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas ano 2018, aprobadas por Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 30 de novembro de 2018.

Tres clubes cambadeses lograron acadar subvencións para torneos ou competicións dos que eran organizadores.
ASOCIACIÓN DEPORTIVA GRAND JETE, o CLUB CAMBADOS TENIS DE MESA e o CLUB DE PESCA AS JORITAS acadaron unhas subvencións de 1.967,72 €, 1.580,54 € e 1.000,00 € respectivamente.





20 de diciembre de 2017

200 XIMNASTAS EN FAVOR DA A.M.E.









O pavillón de O Pombal, en Cambados, acolle o vindeiro sábado 23 unha exhibición de danza a beneficio de GaliciAME, a asociación de apoio aos enfermos de atrofia muscular espinal e ás súas familias. O evento organízao a escola de danza cambadesa Grand Jeté. O evento empeza ás 17.00 horas, e congregará en Cambados a máis de 200 bailaríns, procedentes de ata 18 escolas de toda Galicia. Isto converterá a exhibición de Cambados nun dos eventos de danza clásica máis importantes en Galicia. As entradas están á venda durante este fin de semana na oficina de turismo (situada no edificio de Exposalnés), e a partir do luns venderanse na biblioteca municipal Luís Rei. Se se compran de forma anticipada, custan 1,5 euros, e se se compran en despacho de billetes, 2,5. O diñeiro recadado será doado a GaliciAME, unha organización radicada en Cambados que está a colaborar economicamente cun grupo médico do hospital catalán Sant Joan de Déu, que está a tentar completar unha historia natural de AME.





15 de junio de 2017

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE XIMNASIA RÍTMICA GRAND JETÉ












A escola de ximnasia rítmica Grand Jeté celebra este domingo 18 de xuño, ás 18:00 horas no Pombal, o seu festival de fin de curso. A entrada ao evento é de balde.
Esta escola foi fundada no 2015 en Cambados, e actualmente imparte clases, entre os 3 e os 15 anos, nos seguintes centros: CEIP de Corvillón, CPI O Progreso de Catoira, CAD Gato Negro de Carril, Dojo Berserkers de Vilagarcía, CEIP Viñagrande Deiro, Club de Competición en Cambados e Escolas de iniciación en Cambados.





1 de junio de 2017

SÁBADO DIA 10, FESTIVAL MULTIDEPORTE EN CAMBADOS








O próximo sábado, día 10, a partir das 17h tes unha cita multideporte en Cambados. Poderás gozar de Ximnasia Rítmica, Capoeira, Baile de Salón e unha Master Class de Zumba para todos os asistentes a cargo de Jordi e Rita. 
Non o penses máis, pregunta xa pola túa entrada e vente a pasar unha tarde diferente.

Organinza: Rítmica Grand Jeté. Dojo Berserkers
Colabora: Concello de Cambados, Hípica Ares, Asador A Capela, Más K Uñas, Agua San Xinés.


Entrada: 2 euros






23 de abril de 2017

O RÍTMICA GRAND JETÉ SEGUE A CONSEGUIR MEDALLAS E RECOÑECEMENTOS














O equipo de Ximnasia Rítmica de Cambados Grand Jeté participou esta fin de semana en duas probas. 
O sábado, no Torneo das Triscas en Pontevedra, a ximnasta cadete escolar, Fátima, tróuxose un bronce a casa, mentres que Paula segue sen conseguir gozar do seu exercicio no tapiz por mor dos seus nervios. 

Hoxe, no Torneo Vila de Pontedeume, o conxunto cadete fixo un bo exercicio, a pesar dos pequenos fallos que tivo. O seu quinto posto demostrou que aos poucos van subindo posicións, gañando esta vez a catro conxuntos.
O equipo sigue mellorando, paso a paso, pero sen deterse, con esforzo e moito entrenamento. Aínda  queda moita tempada, e seguirán a competir con moita forza. 







11 de abril de 2017

AS XIMNASTAS DO CLUBE GRAND JETÉ ESTREANSE EN COMPETICIÓN CON MEDALLAS















O Clube de Ximnasia Ritmica Grand
Jeté de Cambados estréase esta tempada en competición.


Este proxecto nace en setembro de 2015 e leva por nome Grand Jeté, que define a unha das formas máis características deste deporte.
Imparten clases de iniciación a este deporte para nenos e nenas a partir de 3 anos en Cambados, todos os sábados pola mañá.

Esta tempada 2016/2017, como xa indicamos e despois de demostracións e actuacións para darse a coñecer. tamén empezan en competición escolar coas ximnastas máis veteranas.

O sábado dia 1 estreáronse nas competicións.

Desprazáronse ata Santiago de Compostela, ao IV TORNEO VIRAVOLTA, coas ximnastas individuais Lara e Paula.
O Domingo 2 de Abril competiron no Grove, no II Torneo CLUB BIQUEIRA, as individuais escolares Lara e Jennifer.

En Santiago de Compostela, no torneo do Club Viravolta, onde a individual infantil escolar, Lara, levou a prata. Tamén se estreou Paula, ximnasta individual infantil promoción, á que os nervios lle xogaron unha mala pasada.
O domingo día 2, disputaron no Grove, o torneo do Club Biqueira, onde outra vez Lara obtiña a merecidísima segunda praza. Ata alí tamén se desprazou Jennifer, individual cadete escolar, á que a presión de enfrontarse por primeira vez a un tapiz non lle axudou.

As nenas desprazáronse ata Negreira, o pasado fin de semana para participar no II Torneo Vila de Negreira.
O conxunto cadete escolar, que debutaba, non o fixo como sabía, pois os nervios da primeira vez puxéronselles en contra.
En individual cadete escolar, Fátima, tamén se estreaba, pero ela fíxoo cun fantástico BRONCE.
En individual infantil escolar, Lara, no seu terceiro torneo, xa conseguiu alzarse co OURO!
Moi orgullosas das nenas neste comenzo de competición a pesares dos nervos. Pouca poco irán superando e acadando mellores actuación e máis méritos. A tempada é longa e todo chegará co esforzo que están poñendo.

Agradecer tamén a achega a CONSERVAS DAPORTA, SALÓN DE ESTILISMO CONCHY VÁZQUEZ e CONSTRUCCIONES VÁZQUEZ NIETO.