Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Ed. GALAXIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ed. GALAXIA. Mostrar todas las entradas

30 de marzo de 2016

PRESENTACIÓN DA BIOGRAFÍA DE MANUEL MARÍA










Este venres 1 de marzo terá lugar no auditorio de A Xuventude a presentación do libro LABREGO CON ALMA DE POETA de Mercedes Queixas Zas. A biografía de Manuel María.

Falarán: Víctor Caamaño concelleiro de Cultura
             Victor Freixanes, Dir. Xral. da Ed. Galaxia e
             Mercedes Queixas Zas a autora da biografía

A música correrá a cargo de Xoán Silva e Blas

Colaboran as Librarías Contos e Cabanillas


EntrevistaMercedes Queixas 3 a Mercedes Queixas en Galaxia:
“- Galaxia (G): Por que este título para este libro Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María
– Mercedes Queixas (MQ): Procurei un título que achegase ao público lector unha definición totalizadora do autor e pareceume que eses versos seus tirados do poema titulado “Carné de identidade” o eran. A íntima conexión coa Terra e a necesidade de pulsar incansabelmente o convivio coa Poesía foron a cerna do ser e do sentir vital de Manuel María.
– G: Cal foi a principal dificultade coa que te atopaches á hora de encetar este traballo?
– MQ: Manuel María aínda é sentido en presente, non o vemos, mais a súa obra, tan popularizada en vida, segue nas lecturas e relecturas de moita xente, así como a emoción das lembranza de vida compartida.
Manuel María nada lle era alleo no seu tempo, as claves da súa vida e da súa escrita, camiños paralelos, están marcadas pola acción, pola implicación, o que explica a súa presenza e acompañamento en multitude de actos ora de xénese literaria ora formativa, divulgativa ou reivindicativa, xunto á súa necesidade de percorrer o País para o coñecer e, ao tempo, se coñecer a si mesmo e a súa tribo, o que o levou a manter contacto con multitude de persoas, colectivos, asociacións, etc. que o seguen a lembrar como memoria viva.
Manuel María era un gran conversador e un brillante orador, é difícil non sentirmos aínda en nós a súa voz penetrante e segura, o discurso do intelectual comunicador próximo ao auditorio.
É unha figura tan viva, tan apreciada, que quixen que nesta biografía tivesen voz propia algunhas persoas que testemuñasen a relevancia do noso autor como poeta e como cidadán amante do seu pobo, comprometido co seu presente e futuro.
Non poder dar cabida a moitas máis voces nese coro para min tan necesario, xunto á necesidade de sintetizar unha vida tan intensa no plano individual e colectivo do autor do maior corpus literario desde 1950, foi sen dúbida a maior dificultade.
Saleta Goi, a compañeira e confidente do poeta, quen me transmitiu toda a confianza necesaria para este traballo e a quen debo a maior das gratitudes. (…) 
– G: No teu anterior traballo na nosa editorial achegácheste á figura de María do Carme Kruckenberg. Agora, a Manuel María. Como se fai para achegarse á vida e obra de poetas tan grandes coma eles dous?
– MQ: Achegueime a María do Carme Kruckenberg como poeta, como lectora da súa poesía da que fiquei prendada e a que me levou a espertar curiosidades sobre a súa vida, após ter coincidido con ela e escoitado recitar coa súa voz firme e contundente. Felizmente, para reconstruír esa biografía e poñela por escrito ela foi a protagonista principal e a súa voz é quen enfía as palabras dos días intensamente vividos.
Manuel María coñecino a comezos dos anos 90, recén licenciada en filoloxía, cando me recibiu na libraría Xistral, que atendía con Saleta en Monforte, xunto a un compañeiro de promoción, Anxo Gómez. Aceptara manter un encontro connosco para nos informar sobre Xan da Cova, un autor que estabamos a investigar para editar unha obra súa. Aquela visita marcoume para sempre, a súa naturalidade, a conversa lúcida e sabia, envolvente, a súa xenerosidade fíxonos conscientes de que acababamos de vivir unha experiencia única e irrepetíbel.
Coincidir con el na vida sociocultural da Coruña, acudir a algunha presentación súa, partillar algunha tertulia na cafetaría Kirss da cidade, guioume para a lectura continuada da súa obra tan fértil, tan plural nas formas métricas, no discurso, no obxectivo e ao tempo tan innovadora. Lembro a impresión que levei cando tiven nas mans os dous volumes da súa obra poética. Algo así só é quen de facelo un ser único que viviu cun profundo amor á súa terra, ao seu país, á súa tribo, á poesía e á vida.”