Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ELECCCIONS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ELECCCIONS. Mostrar todas las entradas

28 de septiembre de 2018

A CONFRARÍA DE CAMBADOS XÓGASE O SEU FUTURO NAS ELECIÓNS DE MAÑÁN




Máis de 12.300 profesionais do mar están chamados a votar mañá nas eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia.
-As mesas electorais abrirán ás 10:00 horas da mañá e permanecerán abertas ata as 20:00 horas.
-Votarán todas as confrarías simultaneamente agás os pósitos de Fisterra, Mera, Sada e O Vicedo, xa que non precisan ir a eleccións ao coincidir o número de candidatos co número de vogais á xunta xeral. 
Mañá sábado 29 de setembro as confrarías de pescadores galegas participarán nun proceso electoral no que máis de 12.300 empresarios e traballadores do mar poderán escoller os vogais que conformarán a xunta xeral e que os representarán os vindeiros catro anos. Nestes comicios votarán todas as confrarías simultaneamente agás os pósitos de Fisterra, Mera, Sada e O Vicedo, xa que non precisan ir a eleccións ao coincidir o número de candidatos co número de vogais á xunta xeral.
Trátase do primeiro paso dun proceso electoral que se desenvolverá en tres partes. Trala proclamación electoral provisional das persoas que formarán parte da xunta xeral e os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais, terán lugar as eleccións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

As votacións darán comezo simultaneamente ás 10:00 horas, permanecendo abertas as comisións electorais un mínimo de catro horas e un máximo de oito horas -ben ininterrompidamente ou cun receso intermedio- segundo o estableza o plan electoral de cada confraría aprobado e ratificado pola Consellería do Mar.

Tal e como se establece na orde do 29 de abril de 2014, os secretarios/as de cada confraría deberán levantar acta inmediatamente cos resultados das votacións e remitilas no prazo das 24 horas seguintes (sen ter en conta o domingo) ao día das eleccións.

Na Confraría San Antonio de Cambados serán 504 os/as chamados/as a exercer o seu dereito ao voto.
Decidirán entre a candidatura que preside actualmente o cabildo ou a candidatura vinculada a membros da anterior directiva presidida por Benito González, un Patrón Maior con máis sombras que luces.

Artigo de "A TI MEU CAMBADOS" ¡¡¡VAIASE SR. GONZALEZ!!!


28 de mayo de 2015

O B.N.G. ACORDOU NON PERDER TEMPO EN CONFECCIONAR UN NOVO GOBERNO EN CAMBADOS







Na noite de onte celebrouse en Cambados a primeira asemblea de valoración dos resultados das eleccións municipais do domingo 24 de maio, unha asemblea na que se respiraba un ambiente de claro optimismo dadas as posibilidades que abre a decisión da maioría dos veciños e veciñas de Cambados de retirar a maioría absoluta ao Partido Popular despois de 28 anos.
Nese sentido considerouse como fundamental a constitución dun novo goberno que dea resposta ao desexo de cambio mostrado polo electorado. E para dar a resposta axeitada a ese desexo a asemblea urxiu  ao portavoz Víctor Caamaño para que as conversas mantidas estes días dean paso sen perda de tempo a reunións formais entre as distintas organizacións  políticas para a elaboración dunha proposta de programa e estrutura de goberno que dea resposta ao mandato expresado polas urnas.
Na mesma asemblea manifestouse a preocupación diante de diversas informacións e rumores que circulan pola vila desde a noite do domingo no sentido de que o PP está poñendo trabas e incluso presionando a persoas para tentar evitar que se articule un novo goberno que os obrigaría a ser oposición.
Despois de tantos anos de actuación anti-democrática e caciquil non nos estraña que o PP use todas as artimañas ao seu alcance para manterse nun poder que os veciños e veciñas dixeron claramente que xa non debe ocupar; e como a militancia e colaboradores do nacionalismo en Cambados vimos sufrindo esas actuacións desde hai 28 anos é polo que foi unánime esa petición de formalización canto antes das reunións entre as catro organizacións políticas, celebrando as que sexan precisas para acordar o programa e articular o goberno; pois ese será o mellor camiño para evitar rumoroloxías e disipar dúbidas que a dereita cambadesa quere crear nos nosos veciños e veciñas.

Nesta  primeira asemblea por parte do Consello Local do BNG recolléronse moitas  aportacións feitas polos asistentes, aportacións que xunto coas propostas programáticas están seguros de que serán moi útiles na elaboración do programa conxunto para gobernar Cambados nos vindeiros catro anos.




3 de mayo de 2015

ARAGUNDE NON COÑECE O XOGO LIMPO






Como acontecera hai catro anos o PP de Cambados xoga ao límite.


Así o publicaba o xornal El Mundo o 18 de nov. e os actos denunciados referíanse ao dia anterior.
Antes de esta xa denunciara o BNG a visita de autoridades a Sociedad Cultural e a  resolución fora tamén favorable aos nacionalistas. 
Nesta ocasión son dous twitts dos Populares de Cambados, un anuncia unha presunta inauguración encuberta dunha obra que nin está rematada e a outra anuncia un estudo de presuntas obras que so existen no maxín dos que as anuncian.
Daquí as eleccións espérannos fotos e visitas varias, centro de dia, praza de abastos, O Pombal etc. etc. 
Por outra banda o blog do noso alcalde está outra vez activo. Sí, so funciona durante os procesos electorais.




8 de septiembre de 2014

ELECCIÓNS AO C.R.D.O. MEXILLÓN DE GALICIA







O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se convocan as eleccións para a renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia. As eleccións terán lugar, segundo o calendario establecido, o domingo 7 de decembro.
Nestes comicios elixiranse un total de 18 vogais do Consello que á súa vez votarán o presidente e vicepresidentes do organismo. Destes vogais, 6 son en representación do subsector produtor, 6 das empresas comercializadoras, 4 dos centros de depuración e ou expedición e empresas comercializadoras de mexillón fresco e 2 das empresas de transformación.
Máis imformación no DOGA

6 de junio de 2014

PRESENTADA CANDIDATURA ALTERNATIVA



O blog RAÑEIR@S DE CAMBADOS informaba onte da presentación dunha candidatura alternativa ao actual Patrón Maior de Cambados cara as vindeiras eleccións do dia 28.
 Onte remataba o prazo para que quenes aspiren a ocupar algún posto nas xuntas xerales das confrarías arousáns presenten as súas candidaturas. En Cambados, ao actual patrón maior saíulle competencia.  o mércores pola mañá, 24 aspirantes a ocupar os 24 postos en liza acudiron ás oficinas da confraría e formalizaron outras tantas candidaturas. Aínda que desde hai anos hai listas abertas, os candidatos acostuman ir ás urnas agrupados. E neste caso, os 24 aspirantes que uniron as súas forzas presentan varios puntos de unión. Entre eles, e o máis impotante, a oposición a Benito González e ao traballo que realizou na confraría nos últimos anos.
Pero ese non é o único elemento en común dos participantes na candidatura crítica. Son un grupo de xente que vive do mar e que quere seguir vivindo do mar. Os mariscadores a flote encabezaron durante os últimos anos a oposición a Benito González, polo que a súa participación nunha candidatura alternativa estaba cantada.

A candidatura opositora aglutina a todos os sectores presentes na xunta xeral

Cos seis aspirantes aos seis postos do sector do raño haberá tamén media ducia de mariscadoras, seis tripulantes, catro armadores da frota de baixura, e un armador e un tripulante do cerco. É dicir: a candidatura cobre todos os postos que están en xogo na xunta xeral da confraría. Tras presentar a documentación, este grupo agardará a que se declaren as candidaturas provisionais (o martes día 10) para facer públicos os nomes de quen darán a batalla electoral.


28 de mayo de 2014

"NEJOSITO" OU "LEJÍAS" CAL DOS DOUS VOTOU A VOX?



Hai uns dias saltaba A bomba as redes sociais publicada en "A TI MEU CAMBADOS". Un ex alcalde popular de Cambados amosaba a papeleta doutro partido cando ía a votar o pasado domingo nas eleccións europeas do 25M.


Moitos estivéchedes dando á cabeza para saber de quen se trataba. Vistas as pistas dadas polo mencionado blog (ex-alcalde, con cargo na Xunta no seu dia), so quedan dous posibles "candidatos".

Un deles sería Antonio Pillado Montero "Nejosito" que cumpre cos dous requisitos, pero segundo nos informan vota en Pontevedra, cidade na que hai anos que reside, polo que nos parece menos viable que o outro candidato.
Ese outro é Santiago Tirado Serén "Lejías". Coincide co anterior nos dous puntos esenciais. Pero ademáis vota en Corbillón, polo que é moito máis visible e ademáis a súa non foi a mellor saída da alcaldía nin dos postos para os que foi asignado despois de deixar o bastón de mando a "Sandokán" Tourís.

Aparte de ser un home demasiado serio i esixente, non contaba co carisma suficiente, dixeron no seu dia os máximos dirixentes do seu partido, para os traballadores do concello, ter a Tirado de xefe os incomodaba bastante.

Esixía que cumpliran a "raja tabla" co seu traballo e non permitía certos desmáns que agora son permitidos. Como anécdota contar como na primeira Escola Taller que tivo Cambados, el mesmo presentouse para reprobar a falla de interese e deixadez dos alumnos.

Despois de deixar a alcaldía pasou a ser delegado da Xunta, pero sin atribucións das que agora teñen estes cargos. Logo pasou a ser Xerente do Consorcio de Bombeiros do Salnés, en onde o sucedeu outro exalcalde do PP, e de aí pasou a exercer de mestre ata a súa xubilación.


Todos estos postos foron asignados para telo contento despois de como fora "expulsado" da alcaldía e mesmo do partido. No partido hai tempo que non conta para nada e leva anos sen ir aos congresos locais.


Por todo isto e algo máis debemos pensar que foi Tirado quen votou a Vox nestas europeas e non foi o único dos pesos pesados do pasado do PP.





27 de mayo de 2014

O ÚNICO QUE GANA O 25M É PODEMOS





Galicia dá un xiro á esquerda e o Partido Popular obtén o peor resultado dos últimos 25 anos.
Todos críamos que a participación ía baixar, e mantívose en Galicia i en España, e o PSdeG consolídase como a segunda forza política na nosa autonomía, pero perdendo un feixe de votos.
España votou á esquerda, pero de forma insuficiente como para poder governar sin pactos muntipartidistas, que ao fin e ao cabo resultan estériles e complicados. 

Aínda sendo resultados en xeral bos para a esquerda, non son uns resultados e que non satisfan plenamente, pero cos datos destas votacións  ábrese unha vía para traballar e construír un proxecto novo de esquerda pero máis unida. Formacións como "Podemos", a gran triunfadora da noite electoral, ou "Vox" ou outras nacidas do descontento teñen difícil presentarse nas locais e autonómicas e os seus votos van ser o obxectivo das formacións de esquerda, no caso de "Vox", irán con seguridade para a dereita.

Quédalle moito traballo por diante aos partidos políticos, facer unha lectura crítica e construtiva dos resultados obtidos polo todos, nunhas eleccións nas que ademais xurden novas forzas políticas non é sixelo.

Quedan 2 anos para as autonómicas e un ano para as locais e por diante un traballo duro para dar a volta a os resultados do domingo.




22 de mayo de 2014

MITIN DO PP EN CAMBADOS



Prometemos informar e así o facemos. Uns governan para uns poucos outros informan para todos.
Esto é canto temos do mitin de mañán do PP en Cambados. arduo traballo para tervos informados. Como non nos chegou a nota de prensa so podemos poñervos este cartel que indica todo o relacionado co acto. 
Por certo o sobrecuste nas obras da Cultural vai indo pagando o PP celebrando actos nese local, pois supoño que a entidade cobrará. 

OU NON?


14 de mayo de 2014

ACTO DE "ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA" EN CAMBADOS





Este xoves estarán en Cambados realizando un acto público ao aire libre a partir das 20h30 no fermoso Paseo da Calzada.
Xunto a estatua do insigne Ramón Cabanillas e nel intervirán Sabela Rei, Juan Fajardo, Manuel Dios e Emilio Xosé Ínsua.

Porque tamén en Cambados é a hora do pobo! Adiante coa loita! #OSalnésconAGEenEuropa.





ACTO DO B.N.G. EN CAMBADOS







Intervirán: Victor Caamaño (portavoz municipal), Francisco Bugallo (patrón do cerco), Xesús Domínguez (plataforma das preferentes e candidato), Montse Prado (deputada) e Miguel Anxo Fernández Lores (alcalde de Pontevedra).
Ademáis contará coas actuacións de Xoán Silva e Blas e un grupo de música tradicional. 




 

12 de mayo de 2014

MITIN DO PSdeG EN CAMBADOS






O mércores 14 de maio, no salón "José Peña", os socialistas de Cambados celebrarán o mitin da campaña das eleccións europeas. 
Intervirán neste mitin:
-Fátima Abal (sec. xeral e voceira municipal)
-Patricia Vilán (deputada autonómica)
-Nicolás González (candidato ao Parlamento Europeo).





9 de mayo de 2014

MITIN CENTRAL DE A.G.E. NO SALNÉS






Este domingo, 11 de maio, celebrarase o Acto Central de campaña no Salnés no que intervirán Juan Fajardo, deputado da nosa comarca, Yolanda Diaz Perez, vicevoceira de AGE,  Xosé Manuel Beiras, o  voceiro e, como non, tamén estará  Lidia Senra, a candidata, a candidata do pobo traballador galego a Europa.

Para presentar e conducir o acto contarán co compañeiro Emílio Xosé Ínsua, escritor, profesor e investigador afincado en Cambados.

E lembrade que o acto será en Vilagarcía ás 20h30 na Praza da Peixería.

Contan coa presenza de tod@s.  O Salnés coa Alternativa Galega de Esquerda en Europa!




CONTO ELECTORAL. A SEGURIDADE É O MÁIS IMPORTANTE





Hai unhas semanas saltaba a nova de que un residente nun asilo rexentado por monxas desaparecera unha persoa.

As forzas vivas de algúns concellos da comarca xa están a preparar un protocolo de seguridade para que o vindeiro 25 de maio esto non ocurra e todos os anciáns de asilos e residencias acudan a exercer o seu dereito a votar.
Coma sempre o dereito a votar é fundamental na democracia e as forzas vivas mobilizaranse para que coma todos os anos ningún dos nosos maiores teñan inconvintes en votar e facelo coa seguridade que implica ir da man de voluntarios anónimos.
Ben sabemos que moitos dos anciáns que viven nos asilos ou residencias do pais non están en condicións de ir sen compañía a exercer o seu dereito a votar polo que todas as medidas tomadas para garantir o normal desenrolo deste dereito é beneficioso para a seguridade e a saúde de todos.

Coma exemplo tomarán o dispositivo creado para anteriores eleccións polas "monjitas" dun asilo de moito prestixio e solera. Podedes velo no video de abaixo.


29 de enero de 2014

PUBLICADO O DECRETO DE CONFRARÍAS





O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o novo decreto de confrarías que unificará os procesos electorais de todas as confrarías de Galicia e das súas federacións. Este documento permitirá regular o procedemento electoral de todas as entidades, establecendo un calendario de convocatoria de eleccións unificado.
A Xunta ten a obriga legal de unificar os procesos electorais en todas as confrarías de Galicia e concentralas nun mesmo período temporal, tal e como recolle a Lei de Pesca. De aí a elaboración deste novo decreto que permitirá unificar a duración dos mandatos nas confrarías e a representatividade dos cargos electos nos órganos das federacións, acadando así unha mellora na coordinación dos procesos electorais.
Este documento contempla ademais un marco xurídico que lle permitirá ás confrarías e federacións adaptarse aos cambios constantes que se producen no sector, sobre todo no que ten que ver coa xestión dos recursos, co seu ámbito de organización e co funcionamento interno. Ademais permitirá que estes organismos sigan traballando como entidades modernas, solventes e competitivas nun mercado da pesca en constante transformación, sempre baixo a primacía da legalidade, transparencia contable e democracia interna.
Prazos
O novo decreto entrará en vigor no prazo de vinte días contados a partir de mañá. Posteriormente publicarase unha orde que convocará e regulará os procesos electorais. Na convocatoria estableceranse os prazos para o desenvolvemento do proceso electoral. A campaña electoral comezará a partir da proclamación definitiva das candidaturas e rematará ás cero horas do día inmediatamente anterior á data fixada para a votación.
A duración do mandato dos órganos das confrarías de pescadores –xunta xeral, cabido e patrón maior- será de catro anos, podendo ser reelixidos por períodos de igual duración. O prazo empezará a contar dende o día seguinte ao da toma de posesión dos vogais da xunta xeral.
Procedemento electoral
Para garantir a transparencia e legalidade do proceso está a Administración electoral, formada pola xunta electoral, unha comisión electoral e unha mesa para cada confraría.
A xunta electoral é única para toda Galicia e terá a súa sede na Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Comporase dun presidente/a, un secretario/a e catro vogais. Entre os seus cometidos destaca o de velar pola correcta coordinación do proceso electoral, vixiar o cumprimento das funcións asignadas ás comisións electorais e resolver as súas consultas, así como resolver as cuestións do proceso electoral.
A comisión electoral de cada confraría estará composta por un presidente/a, un secretario –o da confraría- e tres vogais. Ten entre outras funcións elaborar e aprobar o plan electoral, publicar o censo electoral provisional, aprobar o censo definitivo, preparar o colexio electoral e organizar o material do proceso e velar pola legalidade dos comicios.
Por outra banda, a mesa electoral de cada confraría comporase de presidente –será o patrón maior-, secretario –será o da confraría- e catro vogais. Ten como funcións presidir as votacións, efectuar o escrutinio e velar pola legalidade do sufraxio e resolver as incidencias que se poidan detectar durante as votacións.



5 de noviembre de 2013

OS MARISCADORES A FLOTE DE CAMBADOS URXEN A CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS NA CONFRARÍA





No dia de hoxe a Agrupación de mariscadores a Flote da confraría de Cambados, encabezados polo seu presidente Carlos Martinez González, ven de presentar escrito (achégase copia), perante o Secretario Xeral da Consellería de Mar Sr. Maneiro Cadillo, esixindo a convocatoria urxente de eleccións nas confrarías de pescadores, xa que hai situacións que se están a facer insostibles. Así na confraría de Cambados por parte do seu patrón maior, e visto que non se convocan eleccións, está a facer imposible a convivencia entre a propia confraría e a Agrupación, pois o Patrón Maior créese amo e señor da mesma, entre outras cousas denunciamos que non podemos proceder a mercar ameixa para sementar, ir subvencións de volta por non se tramitar a tempo, incumprimento de acordos da asemblea xeral, non comparecer as reunións da agrupación pese a ser da súa competencia. Entre outras. Ademais de xeito unilateral o Patrón Maior acaba de poñer unha nova taxa os mariscadores da agrupación , concretamente 60 euros para comprar semente cando fai moito tempo que non se merca nin unha misera semilla, contra esta acción a Agrupación que ten unha asemblea xeral a vindeira semana e non descarta accións xudiciais, que se terán que aprobar en todo caso na asemblea.

8 de marzo de 2013

A DEMANDA POLAS ELECCIONS NAS CONFRARÍAS CHEGA A O TSXG





O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) estuda unha demanda presentada pola Agrupación de Productores de Parques de Cultivo de Carril (Vilagarcía) canalizada pola Fiscalía. A denuncia diríxese contra a Consellería do Medio Rural e do Mar e prodúcese "por mor da inactividad" da Administración, que non convoca eleccións nas cofradías de mariñeiros galegas desde fai anos.

Basicamente os parquistas e membros de outras confrarías como a de Cambados consideran vulnerados os dereitos dos seus socios pola tardanza na renovación do cabildo, e o que queren é concorrer ás eleccións para ter a oportunidade de formar parte da nova xunta xeral, ou ata liderarla e facer que patróns maiores inmersos en procesos xudiciais sigan a levar as rendas dalgunhas confrarías como está a suceder.


Hai que recordar que cando o PP chegou ao poder, no ano 2009, e empezou a tramitar a nova Lei de Pesca de Galicia, anunciou que pospoñería a cita electoral en todos os pósitos da comunidade para así buscar unha data na que puidese celebrarse o proceso de forma conxunta, en todos á vez.

Deste xeito a consellería intentaba poñer un pouco de orde neste tipo de procesos, aínda que iso supuxese que algúns cabildos visen prolongado en exceso o mandato que tiñan encomendado cando concorreron ás eleccións. O que sucede é que transcorrida toda a legislatura esa convocatoria non se produciu aínda, aínda que é certo que en Mar aseguran que as eleccións nas cofradías galegas vanse a celebrar este ano.




8 de septiembre de 2012

JORQUERA REUNIUSE CO PEQUENO COMERCIO DE PONTEVEDRA






Francisco Jorquera, candidato do BNG á Xunta, nas próximas eleccións galegas do 21 de outubro, prometeu aos portavoces do pequeno comercio de Pontevedra, que, se gana, unha das primeiras medidas que aprobará a súa executiva, será un recurso de inconstitucionalidade contra o Decreto da Liberalización de Horarios Comerciais.


Nesta mesma reunión, o candidato nacionalista tratou de coñecer como está loitando o comercio de Pontevedra contra a crise, e as medidas aprobadas polo Goberno Central, sobre toda aquelas que incumben ao seu financiamento.

Neste contexto Francisco Jorquera, marcou os seus compromisos electorais.
Francisco Jorquera, deputado no Congreso, aproveitou a rolda de prensa para chequear algúns temas de actualidade, sobre todo as noticias relativas a un rescate de España, que leva novos recortes, que agora segundo Jorquera apuntan ás pensións. Por iso pide ao candidato popular, Núñez Feijoo, que se defina.