Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PERTO COSTA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PERTO COSTA. Mostrar todas las entradas

24 de noviembre de 2018

PERTO COSTA VICEPRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS DE PESCADORES


A xunta xeral da Federación Galega de Confrarías de Pescadores reuniuse esta mañá para elixir os seus presidente e vicepresidentes, de acordo coa normativa sobre elección dos órganos de goberno desta entidade. 
Como presidente foi elixido José Antonio Pérez Sieira, patrón maior da confraría de Ribeira. Como vicepresidente 1º, Ruperto Costa Fernández, patrón maior da confraría de Cambados e como vicepresidente 2º Jacobo Balseiro Ferreiros, vicepatrón maior primeiro da confraría de San Cibrao.
A continuación, e de acordo co calendario electoral, o vindeiro 25 de novembro darase inicio ao prazo de presentación de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación ante a Xunta Electoral, que finalizará o día 27 de novembro. 
O 3 de decembro rematará o prazo para a resolución de recursos sobre a elección dos órganos de goberno e ao día seguinte farase a súa proclamación definitiva. Unha vez completados os correspondentes prazos de presentación e resolución de recursos, será a toma de posesión dos órganos de goberno nos seus cargos, prevista para o 5 de decembro. 
Na seguinte táboa resúmense os resultados destes comicios:
FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS



9 de noviembre de 2018

PERTO COSTA FORMARÁ PARTE DA DIRECTIVA DAS FEDS. GALEGA E PONTEVEDRESA DE CONFRARÍAS




Os patróns e vicepatróns maiores primeiros das confrarías de pescadores das provincias de Pontevedra e de Lugo reuníronse hoxe para elixir os órganos de goberno das federacións provinciais de confrarías de pescadores de Pontevedra e de Lugo.
A xornada electoral desenvolveuse sen incidencias, sendo elixidos nestas xuntas xerais os presidentes, vicepresidentes 1º e 2º e os membros do comité executivo, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos. Tamén foron elixidos os tres vogais que representarán ás federacións provinciais no comité executivo da Federación Galega de Confrarías.
 Este proceso é unha continuación do iniciado coa elección dos 63 patróns e vicepatróns maiores nas outras tantas confrarías de pescadores e amosa a madurez democrática do sector á hora de elixir aos seus representantes.
 Na seguinte táboa resúmense os resultados destes comicios:

FEDERACIÓN PROVINCIAL DE  PONTEVEDRA

CARGO
APELIDOS E NOME
CONFRARÍA
COLECTIVO (Emp/Trab)
Presidente/a
ROSAS OTERO JOSÉ MANUEL
BUEU
EMPRESARIOS
Vicepresidente/a 1º
GREGORIO VAQUEIRO JUAN MANUEL
ALDÁN-HÍO
TRABALLADORES
Vicepresidente/a 2º
BASTOS ESTÉVEZ CLEMENTE
REDONDELA
EMPRESARIOS





Comité executivo Fed. Prov.
COSTA FERNÁNDEZ RUPERTO
CAMBADOS
TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Prov
GONZÁLEZ ÁLVAREZ SUSANA
BAIONA
TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Prov
CRESPO CAMPOS SILVIA Mª.
A GUARDA
TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Prov
RIAL MILLÁN JUAN JOSÉ
ILLA DE AROUSA
EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Prov
OTERO AGUÍN ANTONIO
O GROVE
EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Prov
RODRÍGUEZ PIÑEIRO CÉSAR
PONTEVEDRA
EMPRESARIOS





Comité executivo Fed. Galega
COSTA FERNÁNDEZ RUPERTO
CAMBADOS
TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Galega
GREGORIO VAQUEIRO JUAN MANUEL
ALDÁN-HÍO
TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Galega
RIAL MILLÁN JUAN JOSE
ILLA DE AROUSA
EMPRESARIOS

FEDERACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

CARGO
APELIDOS E NOME
CONFRARÍA
COLECTIVO (Emp/Trab)
Presidente/a
OTERO RODRÍGUEZ JOSÉ BASILIO
BURELA
EMPRESARIOS
Vicepresidente/a 1º
JAVIER SÁNCHEZ FERNÁNDEZ
SAN CIPRIÁN
TRABALLADORES
Vicepresidente/a 2º
DOMINGO REY SEIJAS
CELEIRO
EMPRESARIOS





Comité executivo Fed. Prov.
LESTEGÁS IGLESIAS JOSÉ JUAN
FOZ
EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Prov
MARTÍNEZ OTERO JAVIER
RIBADEO
EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Prov
LÓPEZ LOPEZ LEOPOLDO
FOZ
TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Prov
MARTÍNEZ LOSADA LUZ Mª
RIBADEO
TRABALLADORES





Comité executivo Fed. Galega
BALSEIRO FERREIROS JACOBO
SAN CIPRIÁN
EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Galega
GONZÁLEZ PIÑÓN ALFONSO
CELEIRO
TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Galega
LEO LÓPEZ LÓPEZ
FOZ
TRABALLADORES


29 de septiembre de 2018

PERTO COSTA CONTINUARÁ DE PATRÓN MAIOR DE CAMBADOS




Ruperto Costa seguirá á fronte da Confraría de Cambados ao gañar as eleccións de hoxe cun gran respaldo.
En canto as mariscadoras e dado que a anterior non se presentaba a reelección hai nova presidenta, trátase de María Resúa Rey.

Os resultados oficiosos son 16 representantes de 24 posibles e 3 empates.





28 de septiembre de 2018

A CONFRARÍA DE CAMBADOS XÓGASE O SEU FUTURO NAS ELECIÓNS DE MAÑÁN




Máis de 12.300 profesionais do mar están chamados a votar mañá nas eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia.
-As mesas electorais abrirán ás 10:00 horas da mañá e permanecerán abertas ata as 20:00 horas.
-Votarán todas as confrarías simultaneamente agás os pósitos de Fisterra, Mera, Sada e O Vicedo, xa que non precisan ir a eleccións ao coincidir o número de candidatos co número de vogais á xunta xeral. 
Mañá sábado 29 de setembro as confrarías de pescadores galegas participarán nun proceso electoral no que máis de 12.300 empresarios e traballadores do mar poderán escoller os vogais que conformarán a xunta xeral e que os representarán os vindeiros catro anos. Nestes comicios votarán todas as confrarías simultaneamente agás os pósitos de Fisterra, Mera, Sada e O Vicedo, xa que non precisan ir a eleccións ao coincidir o número de candidatos co número de vogais á xunta xeral.
Trátase do primeiro paso dun proceso electoral que se desenvolverá en tres partes. Trala proclamación electoral provisional das persoas que formarán parte da xunta xeral e os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais, terán lugar as eleccións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

As votacións darán comezo simultaneamente ás 10:00 horas, permanecendo abertas as comisións electorais un mínimo de catro horas e un máximo de oito horas -ben ininterrompidamente ou cun receso intermedio- segundo o estableza o plan electoral de cada confraría aprobado e ratificado pola Consellería do Mar.

Tal e como se establece na orde do 29 de abril de 2014, os secretarios/as de cada confraría deberán levantar acta inmediatamente cos resultados das votacións e remitilas no prazo das 24 horas seguintes (sen ter en conta o domingo) ao día das eleccións.

Na Confraría San Antonio de Cambados serán 504 os/as chamados/as a exercer o seu dereito ao voto.
Decidirán entre a candidatura que preside actualmente o cabildo ou a candidatura vinculada a membros da anterior directiva presidida por Benito González, un Patrón Maior con máis sombras que luces.

Artigo de "A TI MEU CAMBADOS" ¡¡¡VAIASE SR. GONZALEZ!!!


1 de agosto de 2018

ELECIÓNS NAS CONFRARÍAS GALEGAS EN SETEMBRO


Un total de 8.378 traballadores e de 3.951 empresarios do sector do mar teñen dereito a votar nas eleccións para a renovación dos órganos reitores das 63 confrarías de pescadores de Galicia, que se celebrarán o 29 de setembro.
Os comicios desenvolveranse en tres partes, tal e como establece a normativa de convocatoria de eleccións que regula todo este proceso electoral e detalla todos os pasos a seguir en cada momento para elixir o patrón maior e os membros do cabido. En primeiro lugar realizaranse as eleccións nas 63 confrarías de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

Desenvolvemento do proceso

O primeiro paso para a celebración dos comicios, tal e como establece a norma, foi a composición da Xunta electoral -formada por membros da Consellería do Mar- e das Comisións electorais –unha comisión no seo de cada confraría-.
Posteriormente as comisións electorais aprobaron o plan electoral e remitírono á Consellería do Mar para a súa ratificación. Este Plan electoral inclúe o número de membros que se deben elixir na xunta electoral, no cabido, na xunta directiva de cada agrupación e tamén a repartición dos vogais para cada sector de produción.
O 1 de outubro, as comisións electorais proclamarán provisionalmente as persoas que formarán parte da xunta xeral. Os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais serán proclamados provisionalmente o 5 de outubro. Estas listas provisorias elevaranse a definitivas unha vez rematados os prazos de presentación de recursos.No primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, iniciarase o procedemento para elixir o patrón/a maior, vicepatróns/as maiores e vogais do cabildo.

Federacións provinciais e Federación Galega

Polo que respecta ás federacións provinciais de confrarías, no primeiro pleno da xunta xeral das confrarías de pescadores –constituída polos patróns maiores e vicepatróns- elixirase ao presidente/a, vicepresidente/a e compoñentes do comité executivo de cada federación provincial. Os candidatos presentarán, no mesmo acto, as súas candidaturas ao pleno da xunta xeral, realizando a votación nese mesmo día.
No primeiro pleno que realicen as federacións provinciais de confrarías elixiranse os tres vogais que as representarán no comité executivo da Federación Galega de Confrarías, respectando a paridade entre traballadores e empresarios.
No caso da Federación Galega de Confrarías, o presidente/a de cada colectivo provincial será membro do comité executivo da Federación Galega e elixirá ao presidente/a deste órgano na mesma xornada. 



23 de julio de 2018

CONCENTRACIÓNS DE PROTESTA DOS MARIÑEIROS DO XEITO



Os armadores do xeito consideran que chegou o momento de pasar á acción.
En Galicia os barcos afectados concentraranse en dous portos para apoiar as reivindicacións dos seus representantes. A Rianxo desprazaranse xeiteiros e cerqueiros da ría de Arousa, en tanto que o de Arcade será o punto de encontro das embarcacións que faenan nas de Pontevedra e Vigo.
A principal demanda está a de adiantar a xullo o cupo que correspondería a agosto, setembro e outubro, pero tamén expoñerán en Madrid a necesidade de que a frota de baixura quede á marxe das cotas, pola escasa incidencia que exercen sobre o stock. Por todo isto convocan dúas concentracións para mañá 24 de xullo. Unha en Arcade diante da sede da federación de Confrarías de Pontevedra e a outra en Rianxo na rampla do Taberneiro. Ambas serán a partir das 16:00horas.





19 de julio de 2018

O SECTOR DO XEITO, OUTRA VEZ EN PÉ DE GUERRA EN AROUSA



Alcaldes e patróns maiores reuníronse onte en Rianxo para mobilizarse fronte ao peche da pesqueira da sardiña

A resolución do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que estableceu o peche da pesqueira da sardiña en augas ibéricas desde o 11 de xullo puxo de novo en pé de guerra ao sector do xeito na ría de Arousa. O auditorio de Rianxo acolleu onte unha reunión de alcaldes e patróns maiores na que se acordou solicitar entrevistas con representantes das comisións de Pesca da Xunta de Galicia e do Goberno central para reclamar que o xeito sexa excluído das cotas da sardiña, ao tratarse dunha arte de pesca artesanal con peculiaridades que garanten a súa sustentabilidade.

Á reunión asistiron, entre outros, os alcaldes de Rianxo (Adolfo Muíños) e da Illa, Carlos Iglesias; o tenente de alcalde de Cambados, Víctor Caamaño; os patróns maiores das confrarías de Rianxo (Miguel Ángel Igrexas), A Pobra (Juan Miguel Igrexas), Cambados (Ruperto Costa), A Illa (Juan José Rial Millán) e Redondela (Clemente Bastos) e a patroa maior de Cabo de Cruz (Raquel Souto).
O sector do xeito considera ademais que non é o momento de paralizar a actividade desta arte de pesca "pois estamos na época culminante do ano, sobre todo para abastecer ás conserveiras. Podar ser un dano irreparable, pois aínda que se reabrira a pesqueira dentro duns meses, quizá as capturas non tivesen ou tamaño requirido", explica o alcalde de Rianxo.

Se non se logra a exclusión do xeito das cotas da sardiña, o sector solicitará que polo menos se reabra canto antes a pesqueira para salvar a actual campaña, "que é igual de importante para ou sector que a de Nadal para as xogueterías", engadiu Muíños.


11 de octubre de 2017

RUPERTO COSTA NON DESCARTA TOMAR MEDIDAS CONTRA O BOICOT NA LONXA DE CAMBADOS










Os compradores da lonxa de Cambados están recibindo presións para que non acudan ás subhastas que se levan a cbo alí todos os días. Chamadas de tfno e mensaxes de whatsapp ou en redes sociais onde se lles pide que manteñan unha actitude belixerante e desafiante coa Confraría de Pescadores e con todos aqueles que se salten este boicot.
O Patrón Maior, Ruperto Costa, dí que estas prácticas levadas a cabo por un pequeno grupo de persoas, supoñen un comportamento intolerable que terá as súas consecuencias.

Todo esto ven a raíz da sentencia do TSXG que fixeron pública desde a Confraría o pasado luns e na que se dictaminaba que o despido de tres traballadores da lonxa cambadesa era procedente.
Esta sentencia foi acollida con desagrado por este grupo e que parece non acatar.
As dificultades que están a por estas persoas estase a dificultar o normal desenrolo das poxas, "causando graves perxuícios económicos aínda non cuantificados", segundo Costa. 
O Patrón Maior non descarta tomar as medidas oportunas para evitar que esta situación se alongue e con elo as perdas económicas non vaian a máis e evitar que se atente contra a liberdade de empresa.
Costa engadeu que "esta situación afecta a todos, Confraría, Portos de Galicia, compradores, mariñeiros e mariscadores e mariscadoras". Sigue Ruperto Costa  que "ese grupo debería explicar porque están posicionadas a favor de estes traballadores despois da sentencia tan demoledora".



ESCOITA A NOVA 
    (min- 36´20´´a 38´20´´)







26 de mayo de 2016

MAR E CONFRARÍAS DE AROUSA REÚNENSE PARA TRATAR A COMERCIALIZACIÓN DO "RELÓ"












A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Covadonga Salgado, recibiu hoxe a representantes de organizacións de produtores e confrarías da ría de Arousa e do Consello Regulador do Mexillón para tratar as accións que está a realizar a Administración galega para promover a extracción e comercialización do reló e para abordar o estudo sobre esta especie realizado polo grupo de investigación Ecotox da Universidade de Vigo. Na xuntanza, Covadonga Salgado explicou que boa parte do labor da Unidade de Metais Pesados do Intecmar se centra en analizar esta especie, de feito, segundo subliñou, o 25% das análises que realiza esta unidade estuda a presenza de chumbo no reló.
A directora do Intecmar lembrou que a explotación do reló en Galicia foi suspendida no 2008 debido á presenza de chumbo por encima dos límites legais. Explicou que a Consellería do Mar realizou análises e estudos que permitiron que dende finais de 2014 se poida comercializar esta especie en determinados bancos en función do seu tamaño e con todas as garantías hixiénico-sanitarias.
A Consellería do Mar realizou esas mostraxes nesta especie por tallas e por bancos marisqueiros para poder comprobar a diferenza de concentración de chumbo, en función do tamaño e localización da especie. Delas deduciuse que, en determinados bancos, a presenza de chumbo en individuos de reló con talla inferior aos 35 mm non superaba os límites autorizados pola Unión Europea para consumo humano con todas as garantíassanitarias.
Estudo sobre o reló
Por outra banda, a directora do Intecmar informou aos asistentes á reunión que a Consellería do Mar ten colaborado co equipo de investigación da Universidade de Vigo que realizou o estudo sobre o consumo do reló. De feito, o coñecemento da acumulación deste metal en gránulos no ril deste molusco vén dunha publicación realizada en común.






27 de enero de 2016

ATACAR A CONFRARÍA PARA DEFENDER A LEI DE ACUICULTURA







Carta firmada polos 6 socios
Un grupo de socios, ao parecer menos de 10 concretamente, da Confraría de Cambados solicitou hai uns días por escrito o salón de actos do pósito para celebrar unha charla informativa na que técnicos e un responsable da Xunta, neste caso pola información que ten CORES DE CAMBADOS, Juan Maneiro, explicasen aos interesados o polémico anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia, co obxectivo de obter información sobre este tema. Eso sí estes socios non deron nomes dos invitados a dar esa charla informativa.

O Patrón Maior ofreceulles a posibilidade de que trouxeran a esas persoas a reunión que xa está programada para o 6 febreiro no Auditorio da Xuventude e así poder contrarrestar todas as opinións. Nesta charla participarán un biólogo, un mariñeiro e o avogado da Confradía de Pescadores.

Segundo os Estatutos, sólo o Patrón Maior e membros dos Órganos de Goberno nos que él delegue poden efectuar a labor de canle ca administración. E q atendendo á petición dos socios en cuestión, invítase a Consellería a ese debate do día 6. Polo que de contar con algún cargo político da Xunta xa estarían a incumprir os estatutos algo que parece que algúns están dispostos a incumprir.
Contestación da Confraría

E para amosar a transparencia deste proceso que as tres cartas están no taboleiro de anuncios da cofradía. Maior mostra de democracia aberta e participativa non se deu nunca nesta Confraria. 

 Estos socios foron chamados a firmar a carta, polo autor da mesma e destacado político, a un coñecido establecemento de hostelería famoso por ser a subsede dese partido.



Noutros lugares poderedes leer algo ben diferente pero que se pode agardar que quen insulta a todo aquel que apareza nunha foto con membros do actual equipo de goberno como podedes ver na foto inferior.










Tamén recordarlle a aos que agora reclaman democracia que recorden que cando case 200 veciños votaron a favor da municipalización dos cemiterios que 200 veciños non eran todos nin sequera unha maioría, pois uns socios non son todos e nin sequera unha maioría.



8 de julio de 2014

RUPERTO COSTA NOVO PATRÓN MAIOR DE CAMBADOS






Ruperto Costa, Perto, un armador do raño, será o novo patrón maior de Cambados tras case quince anos de "goberno" de Benito González Sineiro. Decidírono os integrantes da xunta xeral cambadesa constituída case integramente polos integrantes da candidatura pola Rexeneración Democrática. Nesta xuntanza acordaron tamén que a vicepatrona
sexa María José Cacabelos, mariscadora e durante anos Presidenta da Asociación Guimatur; e o segundo vicepatrón Baldomero Domínguez, da lista de armadores da pesca de baixura. Con todo, para que estes nomeamentos sexan oficiais haberá que agardar o correspondente proceso de alegacións; ata o día 26 deste mes, cando as novas  directivas poidan tomar posesión dos seus cargos. 
Esta nova directiva ten a obriga de dar unha viraxe completa a política oscurantista do anterior equipo directivo.