Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta COOPERATIVISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COOPERATIVISMO. Mostrar todas las entradas

8 de agosto de 2020

CONFRARÍAS E COOPERATIVAS DO SALNÉS RECIBEN AXUDAS DA DEPUTACIÓN

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de reafirmar o seu compromiso cos sectores produtivos da provincia, e máis en concreto co sector primario, coa adxudicación de novas axudas destinadas a confrarías de pescadores e pescadoras e agrupacións de mariscadoras, así como para cooperativas agrogandeiras por valor de case medio millóns de euros. As primeiras, cun importe concedido de 239.789,94 euros, chegarán a 20 entidades de 16 concellos, mentres que coas segundas se beneficiarán 17 entidades de 10 municipios por un total de 200.000 euros.
Ambas liñas de investimentos están encamiñadas a que as entidades beneficiarias poidan levar a cabo actuacións de mellora, reparación e mantemento das instalacións, así como tamén á adquisición de materiais e vehículos. Con estas achegas, a Deputación aposta pola economía, por un sector primario que ten un gran peso nesta provincia e que soporta coa súa actividade o sustento de moitas familias, que poden verse beneficiadas con estas axudas. Así, entre as accións que se levarán a cabo ó abeiro destas subvencións atópanse, por exemplo, a inversión en seguridade, sistemas informáticos e vixilancia, a realización de talleres ou a mellora das instalacións mediante a reparación ou a compra de maquinaria.
En concreto, as entidades beneficiarias das subvencións a confrarías de pesca e agrupacións de mariscadoras son as seguintes: Confraría de Pescadores A Anunciada (Baiona), Confraría de Pescadores San Martiño (Bueu), Confraría de Pescadores San Antonio (Cambados), Confraría de Pescadores San José (Cangas), Confraría Pescadores San Cipriano de Aldán Hío (Cangas), Confraría de Pescadores Santa (A Guarda), Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó (Poio), Confraría de Pescadores Santa Rosalía (Sanxenxo), Federación Provincial de Confraría de Pescadores de Pontevedra (Soutomaior), Confraría de Pescadores Virxe do Carme (Soutomaior), Confraría de Pescadores San Francisco (Vigo), Confraría de Pescadores Santiago Apóstol (Vilagarcía de Arousa), Confraría de Pescadores Virxe do Rosario de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), Confraría de Pescadores A Pastoriza (Vilanova de Arousa), Confraría de Pescadores San Martiño (O Grove), Confraría de Pescadores San Martiño (Moaña), Confraría de Pescadores San Telmo (Pontevedra), Confraría de Pescadores San Andrés de Lourizán (Pontevedra), Confraría de Pescadores San Xulián (Illa de Arousa) e Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira (Vilaboa).
No que atinxe ás inversións para cooperativas agrogandeiras, que se destinan a 17 sociedades, atópanse as seguintes entidades beneficiarias: Viña Moraima (Barro), Horsal (Cambados), Maceiras do Ulla Ullama (A Estrada), Cooperativa Agrícola de Forcarei (Forcarei), Aprodeza (Lalín), Campodeza (Lalín), Cooperativa Gandeira de Botos (Lalín), Maquideza (Lalín), Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza (Lalín), Val do Deza (Lalín), Xuncoga (Lalín), Condado Paradanta Sociedade Cooperativa Galega (As Neves), C. C. A. Porta Río Miño (Pontevedra), Cobideza (Pontevedra), Viña Almirante (Portas), SAT N 4035 (Ribadumia), e Cooperativa O Rodo (Rodeiro).

20 de noviembre de 2019

ALUMNOS DO SALNÉS PRESENTAN OS SEUS PROXECTOS "DEPOEMPRENDE" NA DEPUTACIÓN


Máis de 300 rapazas e rapaces de entre 10 e 11 anos dos 9 centros da provincia participantes en "DepoEmprende na Escola" tomaron esta mañá o salón de plenos da Deputación de Pontevedra na presentación das 14 cooperativas que van desenvolver ao longo do curso escolar. O alumnado máis novo, dos cursos de educación primaria e especial, amosou o seu compromiso co coidado do medio ambiente ao centrar os seus proxectos na sustentabilidade, na reciclaxe e na ecoloxía. Ademais, en canto aos beneficios, as nenas e nenos fixeron gala da súa solidariedade ao explicar que parte das súas ganancias irán destinadas a diferentes ONGs ou asociacións, entre as que destacaron diversas protectoras de animais.

O acto comezou co saúdo en vídeo da presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao alumnado participante no que animou ás nenas e nenos a que seguiran formándose na cultura emprendedora e a "desenvolver a súa creatividade de cara a creación de empresas". A continuación, o alumnado dos centros participantes de educación primaria e especial, dividido en dúas quendas, presentou as súas cooperativas e, posteriormente, foron entregados os NIF. A xornada rematou coa actuación de A Saco Circo, co que todas as rapazas e rapaces gozaron e participaron nun espectáculo cheo de humor, xogos, maxia e malabares.

Máis polo miúdo, na primeira quenda, o CEE Pontevedra presentou a cooperativa "3E"; o CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados explicou a súa cooperativa "Vilariño's Company"; o CEIP Antonio Palacios do Porriño presentou "Naturoides"; O CEIP Santo André de Xeve de Pontevedra presentou tres cooperativas, "Redex", "Xeveshop" e "Cooperativa Escolar Xeve" (C.E.X); e o alumnado do CEE Vilagarcía de Arousa leva a cabo "Specialmans". No que respecta á segunda quenda, o CEIP Plurilingüe núm. 1 de Tui foi o primeiro en presentar a súa cooperativa "MC'Pache"; o seguinte centro en expoñer foi o CEIP A Xunqueira I de Pontevedra, que conta con catro cooperativas, "Multishop", "Ecoxunqueira", "Lado Bio" e "Xunqueir@s"; o alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona explicou o seu proxecto "Aloumiños de Papel"; e, finalmente, o CEIP Serra-Vincios de Gondomar pechou a xornada coa presentación da cooperativa "Coopevincios".




21 de mayo de 2019

NENOS E NENAS DE CAMBADOS FORON A VENDER A VIGO OS PRODUCTOS DAS SÚAS COOPERATIVAS

DepoEmprende na ESO e na Escola

A Deputación cita en Vigo a preto de 400 alumnas e alumnos de centros educativos da provincia na clausura de Depoemprende na Escola e na ESO

A presidenta Carmela Silva e o alcalde Abel Caballero entregaron os diplomas e visitaron o mercado para mercar produtos das 20 cooperativas dos 16 centros escolares participantes. 
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, clausurou esta mañá a edición correspondente ao curso 2018-2019 do proxecto "Depoemprende na Escola" e "Depoemprende na Eso", impulsado pola institución provincial para o fomento da cultura emprendedora. "Educar en valores, en cultura emprendedora e no cumprimento dos soños é o que está detrás deste proxecto", destacou Silva.
Durante o acto de clausura, no que a rúa do Príncipe se transformou nun mercado para a venda dos produtos elaborados polas 20 cooperativas escolares que crearon ao longo do curso, tivo lugar a entrega de diplomas acreditativos ao alumnado participante no proxecto. Así, con ao redor de 400 nenos e nenas que encheron a céntrica rúa viguesa, a presidenta da Deputación felicitou aos 16 centros educativos que formaron parte da iniciativa neste curso pertencentes aos concellos de Pontevedra, Cambados, O Grove, Vigo, Tui, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Moaña, Cangas, Redondela, Bueu e Meaño. "É sorprendente escoitalos falar, hai moito talento e futuro entre estas rapazas e rapaces, todas elas e todos eles fixeron un extraordinario traballo creando unha cooperativa onde aprenderon cal é todo o procedemento para crear unha actividade económica", asegurou Carmela Silva, e engadiu que "o máis importante é que tamén aprenderon que hai que ter responsabilidade social corporativa, que o beneficio non pode ser exclusivamente económico senón que tamén ten que ser social".
Neste eido, a presidenta provincial tamén fixo fincapé na importancia de comprar os produtos que as rapazas e rapaces tiñan á venda xa que "unha parte moi importante dos recursos que reciban serán para actividades que teñen que ver co apoio a colectivos de todo tipo que así o precisan". Amais do alumnado, Carmela Silva tamén enxalzou o traballo das mestras e mestres, amosando o seu "inmenso" agradecemento, "que orgullo de profesionais da educación temos nesta provincia".
Pola súa banda o alcalde de Vigo amosou a súa satisfacción por recibir en Vigo a todas e todos os participantes, "é un orgullo que esteades aquí para facer unha aprendizaxe da mestura de iniciativa, de cooperación e do altruísmo dedicando os fondos a ONGs". Amais, Caballero tamén lle dedicou unhas palabras, tanto ás rapazas e rapaces, como ás profesoras e profesores, asegurando que "con esta acción, con esta actividade e o voso aprendizaxe, e coas profesoras e profesores, facedes a familia do ensino. Sodes os mellores e as mellores do mundo", concluíu.
Este curso 2018-2019 participaron no programa "Depoemprende na Escola" e "Depoemprende na ESO" os centros educativos CEE Príncipe Felipe (Pontevedra), CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados), CEIP García Barbón (Vigo), CEIP Plurilingüe nº1 de Tui (Tui), CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia), CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa), CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra), IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES de Rodeira (Cangas), IES Luis Seoane (Pontevedra), IES Illa de San Simón (Redondela), IES Illa de Ons (Bueu), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES de Meaño (Meaño).

A iniciativa da Deputación de Pontevedra "Depoemprende na Escola" e "Depoemprende na ESO" ten por obxectivos estender a cultura emprendedora entre o alumnado de educación especial, de 5º e 6º de educación primaria, e de 3º e 4º da ESO. Para acadalo promóvese un traballo na aula que consiste na creación e xestión dunha cooperativa escolar que fabrique produtos que se venderán, unha vez ao ano, nun mercado como o celebrado esta mañá en Vigo. Deste xeito, incorpórase a cultura emprendedora no seo dos centros educativos, favorecendo o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia e á cidadanía, ou á alfabetización dixital entre o alumnado participante.



3 de febrero de 2018

CAMBADOS PARTICIPA NA REDE MUNICIPALISTA SOLIDARIA DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE














O concelleiro de Servizos Sociais de Cambados e Tenente de Alcalde, Tino Cordal, ven de participar no día de hoxe na reunión que se celebrou na Deputación de Pontevedra da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Nestes encontros, a Secretaría Técnica da entidade fixo balance dos proxectos de desenvolvemento apoiados en países empobrecidos ao longo de 2017, así como das actividades implementadas polas deputacións e concellos socios para concienciar fronte as desigualdades. Ao tempo, presentou as accións para o ano en curso, recollendo as achegas das e dos participantes.
A sesión abriuse cun repaso ao plan de actividades do pasado exercicio, no que se conmemorou o vixésimo aniversario do Fondo Galego, e que se saldou coa incorporación de cinco novas administracións. As actividades de educación para a cidadanía chegaron a milleiros de persoas duns sesenta concellos en forma de exposicións,  documentais, contos, obradoiros ou espectáculos musicais e teatrais. Ademais, promovéronse dous proxectos en Mozambique, un para previr doenzas e adiccións na mocidade a través do deporte e outro para garantir o acceso á auga nun municipio abrindo catro pozos, ademais de achegar axuda alimentaria para a poboación dos campamentos saharauís e roupa de abrigo para as persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.
En 2018, está previsto continuar captando novas administracións socias e seguir sensibilizando á cidadanía galega a través de actividades como dúas exposicións fotográficas, unha das cales será presentada polo propio reporteiro Adrián Irago. Tamén continuará o programa de cooperación técnica Vacacións con Traballo e desenvolveranse novos proxectos no Sur canda ONGD galegas, entre outros. Nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria recolleranse as suxestións dos representantes municipais e provinciais para o plan anual, pois nestes encontros o obxectivo é favorecer a circulación da información para realizar un traballo eficaz.



30 de mayo de 2017

ALUMNOS DO MAGARIÑOS VENDEN OS PRODUCTOS DA SUA COOPERATIVA EN PONTEVEDRA













Un mercado de rúa xestionado por máis de 400 nenos e nenas clausura 

DepoEmprende na escola 2017
Nove centros educativos da provincia participaron nesta edición do proxecto educativo posto en marcha pola Deputación de Pontevedra
A deputada de Emprego, Montse Magallanes, acompañada polo deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, asistiron esta mañá, na explanada de Montero Ríos de Pontevedra, á celebración de MercaEmprende, un mercado de rúa posto en marcha por máis de 400 nenos e nenas procedentes de nove colexios de da provincia, que serviu de clausura á edición 2017 do proxecto educativo DepoEmprende na Escola, proxecto iniciado polo goberno de Carmela Silva.
Ao longo deste curso o alumnado dos 9 colexios participantes en DepoEmprende na Escola aprenderon a crear e xestionar as súas propias cooperativas nas que, ademais, fabricaron os seus produtos que máis tarde venderon en mercados ou feiras da súa localidade, excepto os dous centros pontevedreses que participaban hoxe por primeira vez nun mercado. Así, os máis de catrocentos rapaces e rapazas déronse cita hoxe para celebrar o Mercaemprende, un espazo onde puideron ver os traballos elaborados por outros centros e compartir experiencias así como poñer á venda novamente os seus produtos.
Causas solidarias e contra a violencia de xénero


Os cartos que os nenos e nenas obtiveron ao longo do ano coas ventas das súas cooperativas destinaranse a diferentes proxectos e causas, abundando as propostas solidarias e educativas, como doalo protectoras de animais, ONGs, ou incluso investilo na excursión de fin de curso da escola.
 Especial mención merece a decisión dos alumnos e alumnas do CEIP Laredo de Redondela, que segundo eles e elas mesmas explicaron durante a entrega de diplomas do acto, doarán todo o recadado á reconstrucción da vivenda dun dos seus compañeiros de aulas, fillo da muller asasinada hai uns meses en Chapela a mans do seu home, quen provocou unha explosión na casa familiar coa intención de matala.
Ademais do mercado, a Deputación de Pontevedra organizou outras dúas actividades paralelas, un evento de coworking e o visionado dun vídeo con imaxes das actividades e eventos realizados dentro do DepoEmprende na Escola ao longo deste ano, nos que os propios nenos e nenas puideron ver o impacto nos medios de comunicación dos seus proxectos e como se desenvolveron os mercados locais dos seus compañeiros e compañeiras doutros centros.
Ao final do evento todos os nenos e nenas foron obsequiados cunha pequena merenda composta por froita e zumes e os representantes de cada cooperativa recibiron diplomas por parte da deputada de Emprego, Montse Magallanes xunto con outros representantes da Administración Pública que os felicitou polos seus traballos e convidounos a participar o ano próximo.

Nesta edición do DepoEmprende na Escola participaron o CEIP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados coa cooperativa "Cooperar, Axudar, Traballar"; o CEIP Barcelos de Pontevedra, o CEE Príncipe Felipe de Pontevedra, o CEP Plurilingüe Riomaior ede Vilaboa, o CEIP Xulia Becerra en Ribadumia, o CEIP Laredo en Redondela, o CEIP A Rúa en Cangas, o CEIP Frián-Teis en Vigo e o CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui.
O profesorado destes colexios recibiu un curso de formación de 20 horas, certificado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que os e as dotou das ferramentas necesarias para que os seus alumnados adquirisen a competencia emprendedora que este proxecto persegue
DepoEmprende na Escola ten por finalidade o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise da contorna física, a creación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetización dixital, entre outras. Trátase dun programa de formación aínda pouco habitual nos centros de ensinanza do país, que persegue introducilos cultura emprendedora, que é unha realidade cada vez maior entre o noso tecido empresarial e en moitos casos está ligada á innovación e á creatividade.





21 de marzo de 2017

DESPOIS DE 30 ANOS CERROU HORTUMIA






Hoxe as 19h. cerrou oficialmente as suas portas a cooperativa HORTUMIA SAT. de Vilariño. Unha demostracion mais de que a crisis no agro galego sigue golpeando moi forte.

Hortumia era unha das cooperativas do sector máis importantes de Galicia.
Contaba cunha trintena de socios, aproximadamente, ademais de máis de medio centenar de colaboradores habituais. Hortumia traballaba o cultivo baixo cuberta, en invernadoiro, e desde hai anos puxeron en marcha campañas de captación de novos socios e colaboradores para seguir potenciando a horta, aínda que os prezos mantíñanse baixos desde hai anos. Con todo, ía resistindo os envites das dificultades económicas, que foron xurdindo.

Varios foron os intentos de fusionar Hortumia e Hortsal, un referente no mundo do Cooperativismo pero ningunha delas foi adiante. A derradeira hai case dous anos.

As dúas sociedades teñen a súa base na parroquia de Vilariño e a idea de unirse sempre estivo aí. Unha parte consideraba que redundaría nun beneficio para ambas porque permitiría un aforro en custos, gañaríase en cotas de mercado e ademais porque sumarían forzas á hora de defender o sector e ten sentido estando tan preto únaa da outra. Con todo, os socios de Hortumia non o viron conveniente e así o votaron nunha asemblea na que mostraron o seu rexeitamento, mentres que os membros de Horsal votaron a favor por unanimidade.

O peor as familias que quedan na rúa





12 de mayo de 2014

AGACA CELEBRA UNHA REUNIÓN EN CAMBADOS



A pasada semán nos salóns da adega cambadesa.

Como ven sendo habitual, aproximadamente cada dous meses, os representantes da Asociación reúnense para tratar a marcha da entidade e as liñas a seguir durante o ano. A novidade estriba no lugar de celebración: cámbiase a sede de AGACA polas dependencias dunha cooperativa socia, neste caso de Martín Códax, situada en Cambados.
Mediante este acto, simbolicamente estase a manifestar un apoio explícito ás bodegas cooperativas, que están a resultar un modelo de desenvolvemento empresarial, para que sigan supoñendo un exemplo para o resto do cooperativismo agroalimentario de Galicia.
Entre os asuntos a tratar figuran a aprobación dos informes a presentar ante a XXVI Asemblea Xeral Ordinaria e a súa próxima convocatoria e a análise do estado da aplicación da reforma da PAC e a súa repercusión nos sectores galegos.

A nivel representativo tamén se definirán as tomas de postura ante a Asemblea Xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España e a renovación de cargos na mesma.
Por último, valorarase a situación e perspectivas das xestións e traballos técnicos e de organización internos da Asociación.
O Consello Reitor de Agaca está integrado por nove representantes de cooperativas galegas dos distintos subsectores agrarios. A actual directiva ocupa o cargo dende a última Asemblea celebrada en xuño de 2013.