Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de agosto de 2020

CONFRARÍAS E COOPERATIVAS DO SALNÉS RECIBEN AXUDAS DA DEPUTACIÓN

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de reafirmar o seu compromiso cos sectores produtivos da provincia, e máis en concreto co sector primario, coa adxudicación de novas axudas destinadas a confrarías de pescadores e pescadoras e agrupacións de mariscadoras, así como para cooperativas agrogandeiras por valor de case medio millóns de euros. As primeiras, cun importe concedido de 239.789,94 euros, chegarán a 20 entidades de 16 concellos, mentres que coas segundas se beneficiarán 17 entidades de 10 municipios por un total de 200.000 euros.
Ambas liñas de investimentos están encamiñadas a que as entidades beneficiarias poidan levar a cabo actuacións de mellora, reparación e mantemento das instalacións, así como tamén á adquisición de materiais e vehículos. Con estas achegas, a Deputación aposta pola economía, por un sector primario que ten un gran peso nesta provincia e que soporta coa súa actividade o sustento de moitas familias, que poden verse beneficiadas con estas axudas. Así, entre as accións que se levarán a cabo ó abeiro destas subvencións atópanse, por exemplo, a inversión en seguridade, sistemas informáticos e vixilancia, a realización de talleres ou a mellora das instalacións mediante a reparación ou a compra de maquinaria.
En concreto, as entidades beneficiarias das subvencións a confrarías de pesca e agrupacións de mariscadoras son as seguintes: Confraría de Pescadores A Anunciada (Baiona), Confraría de Pescadores San Martiño (Bueu), Confraría de Pescadores San Antonio (Cambados), Confraría de Pescadores San José (Cangas), Confraría Pescadores San Cipriano de Aldán Hío (Cangas), Confraría de Pescadores Santa (A Guarda), Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó (Poio), Confraría de Pescadores Santa Rosalía (Sanxenxo), Federación Provincial de Confraría de Pescadores de Pontevedra (Soutomaior), Confraría de Pescadores Virxe do Carme (Soutomaior), Confraría de Pescadores San Francisco (Vigo), Confraría de Pescadores Santiago Apóstol (Vilagarcía de Arousa), Confraría de Pescadores Virxe do Rosario de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), Confraría de Pescadores A Pastoriza (Vilanova de Arousa), Confraría de Pescadores San Martiño (O Grove), Confraría de Pescadores San Martiño (Moaña), Confraría de Pescadores San Telmo (Pontevedra), Confraría de Pescadores San Andrés de Lourizán (Pontevedra), Confraría de Pescadores San Xulián (Illa de Arousa) e Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira (Vilaboa).
No que atinxe ás inversións para cooperativas agrogandeiras, que se destinan a 17 sociedades, atópanse as seguintes entidades beneficiarias: Viña Moraima (Barro), Horsal (Cambados), Maceiras do Ulla Ullama (A Estrada), Cooperativa Agrícola de Forcarei (Forcarei), Aprodeza (Lalín), Campodeza (Lalín), Cooperativa Gandeira de Botos (Lalín), Maquideza (Lalín), Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza (Lalín), Val do Deza (Lalín), Xuncoga (Lalín), Condado Paradanta Sociedade Cooperativa Galega (As Neves), C. C. A. Porta Río Miño (Pontevedra), Cobideza (Pontevedra), Viña Almirante (Portas), SAT N 4035 (Ribadumia), e Cooperativa O Rodo (Rodeiro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.