Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de mayo de 2017

ALUMNOS DO MAGARIÑOS VENDEN OS PRODUCTOS DA SUA COOPERATIVA EN PONTEVEDRA













Un mercado de rúa xestionado por máis de 400 nenos e nenas clausura 

DepoEmprende na escola 2017
Nove centros educativos da provincia participaron nesta edición do proxecto educativo posto en marcha pola Deputación de Pontevedra
A deputada de Emprego, Montse Magallanes, acompañada polo deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, asistiron esta mañá, na explanada de Montero Ríos de Pontevedra, á celebración de MercaEmprende, un mercado de rúa posto en marcha por máis de 400 nenos e nenas procedentes de nove colexios de da provincia, que serviu de clausura á edición 2017 do proxecto educativo DepoEmprende na Escola, proxecto iniciado polo goberno de Carmela Silva.
Ao longo deste curso o alumnado dos 9 colexios participantes en DepoEmprende na Escola aprenderon a crear e xestionar as súas propias cooperativas nas que, ademais, fabricaron os seus produtos que máis tarde venderon en mercados ou feiras da súa localidade, excepto os dous centros pontevedreses que participaban hoxe por primeira vez nun mercado. Así, os máis de catrocentos rapaces e rapazas déronse cita hoxe para celebrar o Mercaemprende, un espazo onde puideron ver os traballos elaborados por outros centros e compartir experiencias así como poñer á venda novamente os seus produtos.
Causas solidarias e contra a violencia de xénero


Os cartos que os nenos e nenas obtiveron ao longo do ano coas ventas das súas cooperativas destinaranse a diferentes proxectos e causas, abundando as propostas solidarias e educativas, como doalo protectoras de animais, ONGs, ou incluso investilo na excursión de fin de curso da escola.
 Especial mención merece a decisión dos alumnos e alumnas do CEIP Laredo de Redondela, que segundo eles e elas mesmas explicaron durante a entrega de diplomas do acto, doarán todo o recadado á reconstrucción da vivenda dun dos seus compañeiros de aulas, fillo da muller asasinada hai uns meses en Chapela a mans do seu home, quen provocou unha explosión na casa familiar coa intención de matala.
Ademais do mercado, a Deputación de Pontevedra organizou outras dúas actividades paralelas, un evento de coworking e o visionado dun vídeo con imaxes das actividades e eventos realizados dentro do DepoEmprende na Escola ao longo deste ano, nos que os propios nenos e nenas puideron ver o impacto nos medios de comunicación dos seus proxectos e como se desenvolveron os mercados locais dos seus compañeiros e compañeiras doutros centros.
Ao final do evento todos os nenos e nenas foron obsequiados cunha pequena merenda composta por froita e zumes e os representantes de cada cooperativa recibiron diplomas por parte da deputada de Emprego, Montse Magallanes xunto con outros representantes da Administración Pública que os felicitou polos seus traballos e convidounos a participar o ano próximo.

Nesta edición do DepoEmprende na Escola participaron o CEIP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados coa cooperativa "Cooperar, Axudar, Traballar"; o CEIP Barcelos de Pontevedra, o CEE Príncipe Felipe de Pontevedra, o CEP Plurilingüe Riomaior ede Vilaboa, o CEIP Xulia Becerra en Ribadumia, o CEIP Laredo en Redondela, o CEIP A Rúa en Cangas, o CEIP Frián-Teis en Vigo e o CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui.
O profesorado destes colexios recibiu un curso de formación de 20 horas, certificado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que os e as dotou das ferramentas necesarias para que os seus alumnados adquirisen a competencia emprendedora que este proxecto persegue
DepoEmprende na Escola ten por finalidade o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise da contorna física, a creación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetización dixital, entre outras. Trátase dun programa de formación aínda pouco habitual nos centros de ensinanza do país, que persegue introducilos cultura emprendedora, que é unha realidade cada vez maior entre o noso tecido empresarial e en moitos casos está ligada á innovación e á creatividade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.