O Cristo do altar maior das ruínas de Santa Mariña Dozo (a antiga igrexa parroquial do centro de Cambados) foi retirado hai case 5 anos polo Concello debido ao seu avanzado estado de deterioración. Levouno ao taller dun restaurador, que tras examinar a peza ditaminara que necesitaba un tratamento insecticida e funxicida para eliminar as causas que provocaron que podrecese a madeira. Posteriormente, engade no seu informe, faríanse outros labores de protección e restauración para dar unha maior durabilidade á imaxe.
A pregunta é porque o Concello se mete nestes asuntos sen ter clara unha solución e pretende arranxar algo que non é da súa propiedade?
O restaurador recibira tres presupostos para arranxar a peza, que oscilaban entre os 3.700 e os 7.000 euros. O grupo de goberno que dirixía por entón Luís Aragunde, sinalaba respecto diso que "aínda que non se trata dunha actuación urxente nin prioritaria" levará a cabo a restauración. Iso si, pedirase algunha subvención e tamén se está barallando a posibilidade de solicitar a axuda veciñal, dado que a talla é propiedade da parroquia, e non do Concello. Pois nin subvención nin axuda dos veciños.
Posto que a peza é da igrexa e esta está declarada desde 1943 Monumento Histórico-Artístico suponse que a Xunta debería estar pendiente de todo o que aconteza neste ben cultural de Cambados e Galicia. Pois a Xunta, a través de Patrimonio non fixo nada por restaurar o Cristo ou cando menos tentar mudar a situación. Ben é certo que reparar a escultura sen despois tomar medidas de protección non serviría de nada. Temos que lembrar que o Cristo xa estivo en parte protexido. A finais da década dos 80 colocouse o Cristo no interior dun baldaquino que fixeran os alumnos da escola taller e que protexía a escultura. Pero o Concello non pedira permiso a Patrimonio, e tras unha denuncia a mediados dos 90 houbo que retirar a protección. Porque o Arcebispado non consulta con Patrimonio e de ser posible por medios para que a talla non se deteriore pedir unha sbvención para arranxalo e non deixar nas mans dos veciños ou do propio concello o arranxo. Si non é posible arranxalo e dotalo de protección o mellor sería deixarllo claro aos veciños e deixar o tema pechado. Outra solución sería o que se está a facer agora pero co Cristo de Paco Leiro, que moito nos tememos non volva a presidir as ruínas. Exemplos da colaboración entre igrexa e Xunta temos moitos e so imos por uns cuantos destes meses últimos. Imaxinade os que houbo nestes derradeiros cinco anos. Un deles de hoxe mesmo.










No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.