Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de noviembre de 2019

UNHA EMPRESA CAMBADESA PRESENTE NO FÓRUM GASTRONÓMICO DE BARCELONA


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, asistiu onte pola mañá ao Fórum Gastronómico de Barcelona para apoiar coa súa presenza ás dez empresas coexpositoras que este ano participan da man da Consellería do Medio Rural.
Manuel Rodríguez sinalou que o sistema de protección da calidade alimentaria, a través das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, constitúe unha importante ferramenta no desenvolvemento rural e un dos piares que compoñen os orzamentos para 2020 da Consellería do Medio Rural.
Así, o director destacou o Plan de promoción de produtos agroalimentarios de Galicia, que contará con ata 1,4 millóns de euros, e no que está contemplado a conversión do Pazo de Quián nunha finca escaparate para a promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais.

Participación galega no Fórum

A Consellería do Medio Rural está presente no Fórum Gastronómico, que se celebra desde este luns 18 ata o mércores 20 en Barcelona, da man de dez empresas galegas do sector agroalimentario. Para iso, estableceu un posto de 130 metros cadrados que alberga estas dez entidades, ademais dun espazo propio para a Agacal co fin de dar a coñecer e informar sobre todos os selos galegos de calidade.
As empresas participantes son Lagar da Cachada (Cambados), Disaligal S.L. (Tomiño), Mieles Anta (A Coruña), Lugar da Veiga S.L. (Chantada), Orballo (Paderne), Bico de Xeado (Bergondo), Petroni (Padrón), La Central Heladera (Ourense), Mareterra Deluque (Ourense) e Queixos Castelo (Pedrafita do Cebreiro). Entre os produtos a promocionar nesta feira destacan a produción de café, té, cacao, especies, galletas mariñeiras, xeados artesáns, conservas, queixos da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, viños da Denominación de Orixe Rías Baixas e distintos vermús.
O Fórum Gastronómico de Barcelona é unha cita ineludible no calendario gastronómico nacional e un referente internacional. Nesta edición participan máis de 300 empresas expositoras con máis de 500 marcas, entre elas as firmas galegas que apostan un ano máis por promocionar os seus produtos e así abrir novos mercados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.