Mañá xoves, 21 de novembro, ás 20 h, inaugúrase a exposición "LEIRO, debuxante" de Francisco Leiro.
SVT Espazo de Arte (Vigo) prosegue a programación desta tempada coa mostra "Leiro, debuxante" de Francisco Leiro (Cambados, 1957), un dos artistas galegos que alcanzou maior proxección nacional e internacional e cuxas obras se atopan xa nos principais museos, centros de arte e coleccións públicas ou privadas de toda o mundo.
"Leiro, debuxante" constitúe, a primeira exposición dedicada de forma exclusiva aos seus debuxos sobre papel. A exposición achéganos a unha faceta inédita da súa arte que ata fai moi pouco tempo só era coñecida e gozada nos círculos máis próximos ao artista, e que nos últimos anos comezou a aflorar con forza, como unha sección cada vez máis significativa, nas súas máis recentes exposicións escultóricas.
A práctica do debuxo acompañouno como unha presenza constante, desde a súa época xuvenil santiaguesa dos anos 70, de clara influencia surrealista, onde xa practicaba unha sorte de debuxo automático, cargado de referencias oníricas e ecos imprevistos do inconsciente: debuxos que a miúdo se converten nas orixes de futuras obras escultóricas. Noutras ocasións, pola contra, o debuxo busca o camiño dunha radical autonomía e avanza autosuficiente sobre os seus propios recursos pictóricos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.