Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de octubre de 2019

CAMPO DE BATALLA: INSTITUTO RAMÓN CABANILLAS DE CAMBADOS


Pingueiras, po, cascallos... Isto é o que se poden atopar os alumnos do Instituto Ramón Cabanillas de Cambados por mor das obras que se están a acometer no centro.
Estas obras consisten nunha rehabilitación integral que permitirá acadar un aforro do 74,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 81,60% en emisións de CO2. Para iso, farase unha nova sala de caldeiras, na que se cambia o sistema actual de dúas salas de caldeiras de gasóleo por un novo sistema de caldeiras-tándem de biomasa e renovaranse as cubertas das distintas alas da edificación, ben con nova cuberta de tella curva ou con láminas bituminosas.


Así mesmo, illarase a fachada polo exterior mediante sistema SATE, colocanse novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e instalarán luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza na planta baixa, así como en corredores e aseos das plantas primeira e segunda.
A maiores, a actuación programada inclúe a colocación de falso teito na planta baixa e o pintado dos paramentos que se atopen en mal estado.
No cartel aparece o dato de tres meses como plazo de execución
Pois ben, a caldeira vella foi retirada hai duas semanas e non hai visos de que a nova sexa instalada nos próximos días co que cando empezan os meses máis fríos do ano os alumnos terán que ir ben abrigados.
Algunhas das aulas teñen pingueiras producto das obras e acumulan pó e cascallos, por unha deficiente limpeza.
Esta era unha obra que en principio so ía entorpecer o normal funcionamento do centro uns días e que está programada que remate a principios de novembro. Pero xa retrasou o inicio do curso e segundo previsións de persoas das empresas involucradas na reforma non rematarán ata febreiro.

E a Xunta culpando ao Concello de Cambados

Non se pode culpar a outros da ineficencia e dos fallos de un. A Xunta licitou a obra a principios de xulio e non pagou as taxas en tempo e forma, algo que si esixe con prontitude aos concellos cando é para cobrar, ata principios de agosto.
Aparte de que o proxecto presentaba serias deficiencias que o Concello de Cambados reclamou á Xunta e esta respostou con moito retraso.
Sabendo que o curso anterior remataba a finais de xuño porque non se adiantaron os pasos?

A Xunta tiña a previsión de escomezar as obras un mes despois de rematar o curso, UN MES DE RETRASO!!!! Porque non xa ao dia seguinte?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.