Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de octubre de 2019

OS SEMÁFOROS DA DISCORDIA. SEIS MESES DE CHAPUZAS


Esta mañán a asociación O Batuqueiro de Cambados daba unha rolda de prensa na que pedía ao Concello que axilice a posta en funcionamento dos semáforos instalados pola Xunta no cruce de Sineiro, en Vilariño.
A Xunta "rematou" a obra hai 6 meses, a finais de abril. Desde ese día xa se constatou que a instalación era unha auténtica chapuza. As bases dos semáforos impiden o paso de carriños de bebés ou de cadeiras de rodas e carecen dos preceptivos pasos de peóns nas estradas principais (competencia da Xunta) e secundarias (Deputación). Sen os pasos de peóns os semáforos non teñen moita razón de ser. Podedes comprobar na imaxe de abaixo a carencia de espazo suficiente para o paso e a falla de pasos de peón.




Aparte de todo iso a empresa de suministrar a enerxía para o funcionamento retrasouse en acometer as obras necesarias para que os semáforos funcionasen.

Chama a atención a fotografía do Xornal "La Voz de Galicia" dun camión da Mancomunidade do Salnés parado no medio da estrada sen as luces de emerxencia, co conseguinte perigo para a circulación rodada nese momento.

O Concelleiro de Obras e Servizos, Samuel Lago, asegura que comparte a preocupación do colectivo pero dí que están pendientes de que a Xunta e a Deputación pinten os pasos de peóns nos viais da súa titularidade para proceder á posta en funcionamento dos semáforos.
Asimesmo, Samuel Lago lembraba que están esperando resposta da Xunta para a instalación de semáforos en Castrelo, no cruce de O Facho e diante do colexio de Os Salesianos, solicitados antes das eleccións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.