A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, comeza as obras de conservación e mellora da estación de autobuses de Cambados.
A intervención, adxudicada á empresa Construcciones Moncho Andrade S.L. por un investimento de case 30.000 euros, terá un prazo de execución dunhas sete semanas.
Os traballos de mantemento consistirán na substitución do falso teito da cuberta da dársena e na realización de melloras na accesibilidade da cafetería.
Tamén se levarán a cabo a instalación dun rótulo de sinalización de estación de autobuses e a colocación dunha pantalla informativa que facilitará os desprazamentos dos usuarios.
Estas obras están enmarcadas nun contrato máis amplo que o Goberno galego vén de adxudicar para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Lalín e Xinzo de Limia, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.
Mentras se recortan o número de liñas de Cambados a outros puntos de Galicia e se aproba un Plan de Transporte deficitario con Cambados e os seus 14.000 habitantes.
Unha das liñas de transporte escolar que cubre aos alumnos do IES Cabanillas chega ao centro media hora antes da apertura do mesmo provocando que nos días de choiva teñan que estar a intemperie co que a molladura é importante.
O Plan de Transporte regular de Viaxeiros da Xunta deixa ao municipio á marxe das principais liñas, a pesar de contar con servizos importantes como os Xulgados e o Rexistro. O municipio queda apartado das poucas melloras deseñadas para a zona polo proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de pasaxeiros por estrada da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Imos ter unha estación de autobuses moi chula pero sen buses!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.