Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2019

CAMBADOS PRESUME DE FESTA DO ALBARIÑO DE INTERESE INTERNACIONAL

Cambados xa luce a placa na que se recoñece a Festa do Albariño, como Festa de Interese Turístico Internacional.
Esta mañán tivo lugar o acto no que participou juan Gil, presidente do Consello Regulador Rías Baixas, a alcaldesa Fátima Abal e o resto de líderes dos partidos representados no pleno cambadés.

Chama a atención que na placa non aparece o nome de ningún político, algo moi demandado posto que non son os políticos os que fan as obras, por exemplo, senón que son os cidadáns cos seus impostos.

A Festa do Albariño se internacionaliza e pasa a ser a quinta cita da provincia de Pontevedra en obter esta distinción. Súmase á Festa da Arribada, en Baiona; o Corpus Christi, en Ponteareas; a Rapa das Bestas , na Estrada, e a Romaría Viquinga, en Catoira, que gozan da distinción de eventos de Interese Turístico Internacional. Ademais, o Albariño de Cambados conságrase como a primeira festa enogastronómica de Galicia en lograr este recoñecemento.
Esta festa é considerada como unha das citas vitivinícolas máis importantes do panorama nacional e unha das celebracións que renden culto ao viño máis antigas da comunidade galega. A súa orixe remóntase ao ano 1953 e comezou sendo un encontro espontáneo entre dous adegueiros de Cambados que se retaron a comparar os seus viños cun concurso e unha cata. Hoxe en día converteuse nunha festa con selo internacional á que acoden cada ano centos de miles de visitantes nacionais e doutros países.
Cada ano, a principios de agosto, Cambados convértese na capital mundial do Albariño. As casetas de diferentes adegas congréganse no Paseo da Calzada para ofrecer ás e os asistentes degustacións dalgúns dos seus mellores caldos. Nesta cita as adegas compiten entre si nun concurso para conseguir a distinción do mellor viño do ano.
Ademais realízase a cerimonia de incorporación de novos membros ao Capítulo Serenísimo do Albariño, orde que congrega a destacadas personalidades de ámbitos como o da política, a arte ou o deporte. Os concertos da praza de Fefiñáns completan esta cita imprescindible nasRías Baixas que agora conta con selo de calidade internacional.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.