Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2018

CAMPAÑA DE EDUCACIÓN VIAL PARA PEÓNS DO CONCELLO DE CAMBADOS



Camiñar pola rúa é unha actividade necesaria e saudable pero require coidados. Os malos hábitos do peón desembocan en ocasións en atropelos ou en accidentes de tráfico. Os compartimentos de espazos nas vías entre os peóns e os condutores de vehículos son motivo de reflexión. O papel da educación viaria é fundamental para a mudar hábitos. Valores como a solidariedade, o respecto mutuo, a tolerancia e a convivencia son imprescindibles. Debe introducirse un debate na sociedade cambadesa que poña de manifesto a importancia de desprazarse de forma segura polas rúas do noso municipio. Diferentes factores adquiren importancia: as persoas maiores por naturaliza humana perdemos mobilidade, psicomotrocidade, e incluso audición; os vehículos son cada vez mais rápidos e silenciosos; somos un exemplo de imitación para nosos fillos, netos e veciñas. En resumo, que a educación viaria é moi importante para convivir pacificamente entre os distintos usuarios de las vías.
Abordar o problema dos accidentes de tráfico nunha Vila como Cambados significa aproximarse ao conxunto de factores e elementos que interveñen nel, e que a cotío se simplifica na agrupación vía, vehículo e sobre todo nas persoas.
Nos últimos anos observouse un aumento importante de persoas que camiñan por diferentes zonas urbanas e interurbanas realizando una actividade saudable de ocio ao camiñar. É habitual atoparse vehículos e peóns en zoas insuficientemente iluminadas, sen beirarrúas, vestidos de cores escuros, etc. Estas e outras circunstancias son máis comúns do desexable.
Mentres, no centro da Vila, a pesares de existir pasos sinalizados e semáforos os peóns cruzan en ocasións por lugares inadecuados, xerando un risco totalmente evitable. Na sociedade actual ás veces vivimos con presa, demasiado rápido… Pacificar a mobilidade, calmar o tráfico, educar e respectar as normas son solucións pretas e doadas.
Velar pola seguridade é unha das competencias da policía local de Cambados, un servizo público ao dispor das veciñas e veciños. Facéndonos eco do Plan Estratéxico de Seguridad Vial da Dirección General de Tráfico 2011-2020 búscase como principal obxectivo diminuír os accidentes así como a gravidade dos mesmos. Unha das medidas especiais do Plan Estratéxico é a de disuadir as condutas perigosas con formación e información a través de campañas por grupos de risco.
A Xefatura da Policía Local de Cambados xunto cas Concellarías de Educación, Mobilidade, Seguridade e Participación Cidadá e ca colaboración e da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra e da Asociación de comerciantes Zona Centro, levará a cabo durante los meses abril e maio de 2018 unha serie de actividades de educación viaria en diferentes centros escolares e asociacións de veciños. Tamén se levará a cabo de forma paralela unha campaña informativa de sensibilización e protección ao peón a pe de rúa en diferentes vías.
DESTINATARIOS:
Os destinatarios serán peóns/conductor@s de diferentes idades e sexos.
CONTIDOS:
Nos derradeiros anos as novas tecnoloxías aplicadas ao deseño dos vehículos sufriron un espectacular avance en canto á fabricación, elementos de seguridade tanto pasiva como activa e comportamento dos elementos, por citar algúns. Esta evolución  incidiu directamente na seguridade non só dos ocupantes si non tamén dos peóns. As limitacións de velocidade nas vías urbanas, as “Zona a 30” como a do entorno de Fefiñáns, o aumento das zoas peonís, o deseño dos vehículos para diminuír as consecuencias aos peóns atropelados son temas de análise sobre realidades actuais. Por iso elixíronse como principais contidos os seguintes:
  • -Concepto de educación e seguridade viaria. Principios de seguridade activa e pasiva.
  • -Os maiores como vehículos transmisores de información en materia de educación, a imitación das súas condutas. Breves consellos como peóns, condutores e pasaxeiros.
  • -As diferenzas entre os adultos e nos nenos na percepción do tráfico: visión, audición, distancias, tempos, velocidades, seu desenvolvemento cognoscitivo, etc.
  • -Os accidentes de tráfico. Concienciación e sensibilización.
  • -Educación en valores: Percepción do risco, respecto ás normas e sinais, solidariedade, tolerancia, responsabilidade, liberdade, autonomía persoal, saúde e vida, orden e armonía e prudencia.
CONSELLOS AO PEÓN:
NA ZONA URBANA
  • -Utilice os pasos de peóns, se non hai fágao polo lugar máis curto, visible e en liña recta.
  • -Os coches son cada vez máis silenciosos (vehículos eléctricos), preste especial coidado.
  • -Transitar por zonas peonís ou beirarrúas sen invadir a calzada. Nunca cruzar entre dous coches que estean detidos.
NAS ESTRADAS INTERURBANAS
  • -Salvo causa de forza maior circule sempre pola beirarrúa esquerda, e o máis separado que poida da calzada.
  • -Evite cruzar por lugares en zonas de curvas ou outros obstáculos que lle impidan ver con claridade os vehículos.
  • -Extreme as precaucións nos días de choiva ou visibilidade reducida.
  • -De ir en grupo circular en “ringleira” (un tras de outro).
NA NOITE OU CON MENOS VISIBILIDADE
  • -O refrectante é o seu seguro de vida. Hai que facerse ver.
  • -Leve sempre elementos refrectante coma un brazalete, cinto ou chaleco de alta visibilidade.
  • -Use elementos luminosos coma lanternas ou similares, orientadas cara o chan para non cegar os condutores.
  • -Escolla o camiño mais seguro (rúas con beirarrúas anchas, mais iluminadas…).
SEMPRE
  • -Respecte os semáforos.
  • -Sexa consciente das limitacións funcionais de si mesmo.
  • -Busque o contacto visual co condutor. Preste especial atención aos nenos, maiores e persoas con mobilidade reducida.
 OBXECTIVOS:
  • -Mellora da seguridade viaria, do comportamento dos peóns e condutores na mobilidade.
  • -Concienciar da grave problemática social que supoñen os accidentes de tráfico por atropelo, tentando inculcar que dende a educación viaria pódese contribuír a súa diminución.
  • -Tentar implicar aos maiores como vehículos transmisores de contidos en materia de educación viaria e resaltar a importancia que teñen as súas condutas ante os menores do seu entorno.
DIFUSIÓN:
Para a difusión da campaña prestan desinteresadamente a súa imaxe Yayo Daporta, Mercedes Álvarez (Merchy), Alberto Rodríguez (Chufy), Manolo Paz, Antonio Buceta e Úrsula Barral.
Prestaron tamén su colaboración desinteresada os fotógrafos Martina Miser de La Voz de Galicia, Gonzalo Salgado do diario de Arousa e Iñaki Abella do Faro de Vigo.
ORGANIZA.- POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE CAMBADOS. Concellarías de Educación, Mobilidade e Participación Cidadá.
COLABORAN.- Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, Asociación de Comerciantes Zona Centro de Cambados. Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.