Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2018

CAMPAÑA DE LIMPEZA E PINTADO DE EXTERIORES EN CAMBADOS




O Concello de Cambados pide colaboración de tódolos veciños e veciñas co gallo de que, coa chegada do verán, os visitantes que decidan achegarse ó noso municipio, poidan disfrutar das súas vacacións, no mellor entorno posible, pois, unha imaxe ben vale mais que mil palabras. Por iso, e sabendo que, cun pouco de limpeza e ornato exterior nas vivendas, valados e outras construcións, esa inicial sensación pode decantarse como propicia, e tamén por interese propio, a todos convén ofrecer unha grata impresión pois aínda que os visitantes só estean de paso tamén nós sentiremos a satisfacción de vivir nun dos municipios mais fermosos e coidados de Galicia. 
Por todo iso,  cada veciño, na medida das súas posibilidades, debería tratar de responder ó reto que hai por diante, adoite as medidas necesarias para que ñas súas propiedades e, particularmente se estas dan a vías públicas, non se bote en falta a pintura, a limpeza, o desbroce e a orde en xeral. A Alcaldía, no desexo de conseguir que CAMBADOS, compromiso de todos, ofreza a mellor imaxe, invítavos a poñer máns á obra entre o DEZ DE ABRIL E O TRINTA DE SETEMBRO, E SEN NECESIDADE DE ABOAR TAXA ALGUNHA POLA LICENZA, poidades levar a cabo as referidas tarefas de limpeza e pintado de exteriores. Simplemente debedes solicita-la precisa autorización no Concello, para realizar as actividades descritas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.