Un home de 38 anos, B.M.C.P., veciño de Vilanova resultou ferido leve esta mañán nun accidente que se produxo sobre as 11 hrs na Via Rápida do Salnés. O sinistro prodúxose pouco antes da rotonda dos Castaños en Ribadumia.
O home conducía un camión que chocou contra un remolque que se desprendeu do vehículo que o levaba por razóns descoñecidas.O ferido foi atendido polos membros de Protección Civil de Cambados.
Na intervención tamén participan a Garda Civil de Tráfico , Mantemento de Estradas e Bombeiros do Salnes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.