Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de febrero de 2018

EXITOSA PRESENTACIÓN DE “ MARIÑEIRO”, A NOVA CURTAMETRAXE DO CAMBADÉS JUAN GALIÑANES











O curto é un tributo á Cultura da Ría e aos Vellos Lobos de Mar promovido polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da Ría de Arousa


A Alcaldesa Fátima Abal, acudiu na tarde de onte ao Auditorio da Xuventude en Cambados, para acoller ao noso ilustre veciño o cambadés Juan Galiñanes na  presentación do seu novo traballo, a curtametraxe “ Mariñeiro”
Ademáis do público asistente que abarrotou o local, Juan Galiñanes e a Alcaldesa estiveron acompañados de María Xosé Vales, Presidenta do GALP, Rosa Carballo, Xerente do GALP Susana Rodríguez Carballo Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o actor protagonista da cinta Celso Bugallo e varios membros do grupo de goberno.
A rexente dedicou palabras de agarimo ,agradecemento e admiración ao cambadés polo seu gran labor no Audiovisual tanto nos seus traballos de realizador como guionista e montador e fixo mención aos numerosos Galardóns nacionais e internacionais cos que conta, entre eles un Premio Goya á Mellor Película de Animación, Nomeamentos a citado galardón na mesma categoría ,Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, Premio Carlos Saura á Mellor Curtametraxe Nacional de Ficción, Primeiro Premio Socialcine Coruña, entre moitos outros.
Dende a súa faceta como Vicepresidenta do GALP , a Alcaldesa quixo lembrar a todas esas persoas que a diario traballan nas nosas augas e areais e que co seu esforzo e dedicación, non só dan de comer ás súas familias, senón que tamén promoven a cultura e o legado mariñeiros, tan importante nos fogares galegos de hoxe e de sempre.
O curto “ Mariñeiros”, duns 20 minutos de duración é unha homenaxe á memoria dos Lobos de Mar e á Ría de Arousa, una memoria ó esforzó e a dedicación de homes e mulleres que ven o oficio coma un sentimento.
A súa cinta é de tipo documental, froito de numerosas entrevistas que Galiñanes tivo cos máis veteranos, dende O Grove ata Santa Uxía de Riveira.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.