Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de febrero de 2018

CICLO DE TEATRO FAMILIAR EN CAMBADOS














Cambados terá un ano máis unha nova edición do Ciclo de Teatro Infantil e Familiar, con representacións de catro obras no Auditorio Municipal da Xuventude.
As tardes dos domingos ás 18 horas poranse en escea durante catro semanas, senllas pezas teatráis dirixidas ao público familiar.

“O segredo do Tendal” de Raquel Queizás, será a primeira das representacións o vindeiro 18 deste mes.
Espectáculo que mestura teatro, monicreques e pantomima
Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar coma elas: as pinzas axudan a un pano a medrar ata se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas... ou é un can de palleiro?
Este espectáculo de Raquel Quiezas xoga a tensar os límites entre teatro, monicreques e pantomima, e con eles as fronteiras da imaxinación máis alá do escenario, case nada é o que parece. 
Grazas a unha técnica de manipulación de panos inspirada nos mestres de monicreques orientais o escenario pasa de mostrar pezas de roupa secando ao sol a ser o interior dun castelo, un mar poboado por sereas, ou a cova dun feroz polbo  gardián dun tesouro.
Para o seguinte domingo, 25 de febreiro, “Os Rockenstein” de Malasombra Produccións. 
Espectáculo teatral-musical para toda a familia da compañía Malasombra
O profesor Rockenstein é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: o rock&roll. Pero Rockenstein está triste, sentese só. E de súpeto xorde a gran idea da súa vida: crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock&roll. Pero algo falla, a revolucionaria maquinaria que acaba de inventar vólvese tola e non sae un fillo, empeza a cuspir neles ata que saen tres.
Non só ten con quen compartir a súa vida e as súas paixóns, ten a súa nova familia con quen montar a Rockenstein band.
Os Rockenstein é un espectáculo de teatro-musical con 10 cancións orixinais para público infantil e familiar.

Xa en marzo, concretamente o domingo 4 de marzo “Sherlock Holmes” de Cayetano Lledó.
Espectáculo de maxia de Cayetano Lledó
Espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor indicado para público familiar.
O famoso detective Sherlock Holmes enfrontarase esta vez a un complicado e emocionante caso. As xoias da mansión dos Patterson foron roubadas. Sospéitase de todo o persoal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas cercanías da mansión o día do roubo. Coa axuda do público o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias.
Ilusionismo teatral con comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo, hipnose.

Para rematar o ciclo o domingo 11 de marzo “Os fabulosos cleanners” de Malasombra Produccións.
n espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia.
O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo.
Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.
O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

A entrada é de 3,50 euros para o público xeral e de 2,50 euros a reducida para parados, xubilados e menores de 18.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.