Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de octubre de 2017

OS TRES LONXEIROS, ADOLFO SUÁREZ E MANUEL DUARTE








Parte I.-

Nunca chove a gusto de todos e aínda menos neste mes de outubro onde non cae nen pinga de auga en Cambados. Porén iso non significa que o mar non estea revolto, abofé que sí está. A Cofradía de Pescadores está no centro da tormenta por mor do despido dos tres lonxeiros que o TSXG declarou procedentes despois do seu paso por sucesivas instancias xudiciais. No seu día discrepei da medida por mor do principio de proporcionalidade e pensando sobre todo no que supón un xornal hoxe en día, o único sustento dunha familia en moitos casos. A renglón pasado e por mor de que esto que se escrebe en Internet está o alcance de calqueira, trasladóuseme o erróneo do meu plantexamento e que non existía nengunha clase de discriminación política nen represalias de nengún tipo (entre outras cuestións), que en virtude dos “avisos” que os traballadores levaran e dunha decisión tomada pola Directiva da Cofradía onde os Sindicatos tiveron acceso ás grabacións destes empregados nunha actividade que era habitual pero ilegal (e consonte ás mesmas decidiron non se inmiscuír) non houbo outro remedio que tomala vía Xudicial. A Audiencia Provincial foi testemuña da carga de proba que a Cofradía levaba para sustentala súa denuncia e as defensas puxeron énfase no relato dos testigos e do posible procedimento irregular na toma das imaxes polas cámaras de seguridade que ao parecer recolleron os feitos.
https://cxusto.blogspot.com.es/2017/10/ruperto-costa-
non-descarta-tomar.html?spref=fb

Os que alí estaban segundo parece escoitaron versións contrapostas por parte dos testigos e o Xuíz non accedeu a que as imaxes foran tomadas en consideración a pesares de coma o fallo do TSXG reflicte, sí as víu (algo que non deixa de ser paradóxico) declarando en definitiva NULOS os despidos, e en todo caso ofrecéndolle a posibilidade á Cofradía de recoñecela improcedencia dos despidos e unha indemnización que rondaba os 140.000 euros. O abogado do Pósito dixo na Prensa que na súa vida ollara algo semellante, que a parte expositiva e os fundamentos de dereito eran algo estentóreo, que non casaba unha cousa coa outra. Nun principio foi branco das críticas (nas que me inclúo, porén moitas veces tiramos peidos por riba do cú e o que diga que non minte) porén cando un letrado acepta levar un caso, agás o turno de oficio onde se recolle o dereito que teñen os cidadáns a se defender e estar representados en xuízo e que hai cousas difíciles de soster, o que a ética dicta e que presuponse que polo menos na súa opinión ten un 90 % de posibilidades de gañar. A Cofradía despois de reflexionar e unha vez cotexaron tódolos elementos que alí estaban decidíu recurrir en apelación ao TSXG , co risco que corría de voltar a perder e con elo ter que pagalas costas do xuízo, cartos que son propiedade dos socios e que delegaron na Xunta Directiva o solucionar estas cuestións, e que no seu día votaron a favor (compre lembralo) de tomar unha medida que non lle gostaba a naide, pero que en virtude do sentido da responsabilidade que dito cometido conleva, levaron ata as últimas consecuencias.

O resto xa o coñecemos polos medios, os tres maxistrados lle meteron un correctivo en toda regra aos xuíces da Audiencia Provincial e declararon a procedencia dos despidos nunha Sentencia que todavía é posible recurrir en casación ante o Tribunal Supremo. 


Co documento procedeu o Pósito ao cese inmediato dos traballadores e a lea non tardou en se escenificar en aberto, seica da felicidade á tristura hai un corto espazo. E reaccionaron os afectados con malos modos, cunha folga, protesta, e posterior boicot á normal actividade da Lonxa segundo o que lin. Alí se personou a Garda Civil a poñer orde, e as redes sociais e a prensa levan desde aquel fatídico día seguindo a actualidade dun conflicto na que unha das partes se sinte agraviada e a outra ratificada na súa demanda.

Os lonxeiros baixo o meu puto de vista cometeron o erro de pensar que o partido rematara e que o árbitro dixera “zetas” cando agora son “haches” coa agravante para que logo digan que lle están a facer un dano terrible a Cambados recurrindo agora ao pataleo. Tampouco me gustou que antes de haber nengún pronunciamento xudicial se lles chamara ladróns desde Blogs que son anónimos e que soltan paridas un día sí e outro non, e nin mentar o ruxe ruxe que houbo na vila. É moi doado falar nos Bares, no Mercado, e tamén escribir sen tino obviando que nunha sociedade hai uns mecanismos que a regulan e que consonte ao que a lei reflicte, están para dirimir estes casos. Non sei se é a Xustiza, pero é unha Xustiza, e os que falaban do corrupto que todo estaba resulta que agora alaban a actuación destes tres Maxistrados. Todos temos que sacar unha conclusión de todo isto, e que non se pode ser xuíz e parte, que o poder xudicial é imparcial a pesares dos erros que poda cometer. Me resisto a crer que todo estea podre, porque o día que olle que non queda xente que ten claras as súas obrigas, eu me baixo do barco.

Parte II.-
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/10/11/
ugt-pide-paralizacion-concurso-plaza/1765221.html

O outono é o tempo das castañas e no Concello os “castiñeiros” abondan unha vez “castañazo vai, castañazo ben”. E no medio a Policía Local, o que son as cousas … diversas fontes as que uníuse encantada da vida a oposición puxeron en solfa os polo visto privilexios que ben disfrutando o Señor Alfredo Suárez, Oficial que chegou de Nigrán para cubrila praza que ten en propiedade Maximino Cid Ferro e que tanto deu que falar no pasado. A Alcaldesa, Xefa de Personal, decidíu sacar esta praza a concurso e a rumoroloxía di que este señor fai uso dunhas prerrogativas nunca vistas: que está baixo a protección da nosa Alcaldesa e que se move coma Pedro pola súa casa, empregando un coche do parque móvil municipal e que no culmen do desatino, falan que é o seu gardaespaldas e chófer, o que se ven en denominar un traballador “polivalente”. Foi todo unha bola de neve que foi tomando incremento e a cousa non tardou en saltar ás Redes Sociais e con solución de continuidade á Prensa Escrita. 

Se querédela miña opinión é unha maniobra rastreira, porque estas cousas se falan onde compre facelo, no Pleno, e no caso de existir algunha sospeita dalgún ilícito penal no Xulgado, pero é moito máis doado sacala língua a pacer. Pedíronse explicacións pero polo que parece non satisfan a naide de tal xeito que será o 26 de Outubro no próximo Plenario onde haia o debate onde relataremos o que teñen que dicir uns e outros. 
Rastreiro de calquera xeito é Aragunde cando fala de que antes os policías se escollían entre xente da Arousa e non se traia a naide de fóra, foille a falar de lixo o pote ao caldeiro, cando leva toda a vida dando resposta a calquera demanda deste corpo con “Imos fasendo”, ata que o caldeiro botou por fóra, claro, e agora lle toca pandar co percal a Fátima Abal, que consonte á legalidade e mordéndose a língua (moito vai a ter que escoitar Luis o último xoves deste mes) asistíu incrédula ao rifirafe onde se din cousas coma que esa praza tiña que saíren na Oferta de Emprego Público, que non é capaz de poñer orde na súa casa, que si é ilegal o facelo por concurso, e coma se non houbera caldo, dúas tazas, sae o enlace sindical da UXT Manuel Duarte de xeito “extemporáneo” a dicir si lle da unha excedencia a unha persona cun contrato laboral temporal e máis amplo, que hai presuntamente favoritismos e está a cousa que rematará no Xulgado de seguir así, polo menos é o que o meu instinto me di. D. Luis vai a telos seus Titulares, unha vez tanto lle dan os verdadeiros problemas dos veciños, a cuestión é coller un pau e darlle a Alcaldesa coma se estivéramos nunha piñata. 
Esto é o que él chama “protestar”, pois bueno, pero que saiba que a vila vai a seguir cos mesmos problemas estructurais e que por moito que tente dividilo átomo non vai facer outra cousa que enredar, que é do que se trata. O dixen no seu día e ratifícome no expresado: a min me decepciona este home, está “despechado” e arrambla co primeiro que ten a man. E nin mentar que se agora hai que prescindir porque a metade da plantilla está de baixa ou ten algún permiso das quendas de noite que a Policía Local viña facendo, neso tamén ten toda a culpa Fátima Abal, coma non. Un pouco de sentido, é algo temporal, é tan doado como que a Alcaldesa fale coa Garda Civil (onte foi un bó día, por certo, e botádenos unha man namentras esto non volta a normalidade).


A política é algo moi serio, compre reflexionar moito antes de actuar e non sei quen aconsella a Luis pero en todo caso anda errado, porén esto non é máis que unha cortiña de fume para tapar o que é unha inacción continuada pola súa parte desde que é Xefe da Oposición, agás os dous últimos Plenos quizais onde polo menos debatíu a tumba aberta. Unha vez se achegan as eleicións hai que ir subindo a velocidade, pero correlo risco que quedes coma Fernando Alonso tirado sen coche e co motor roto, pero sempre lle podes botar a culpa aos mecánicos, e neso Aragunde é un consumado experto. Na política non vale todo e flaco favor lle está a facer á súa vila. Podía coller e dicir coma Bea Costa dixo fai pouco tempo na Voz, “ e ti máis”, pero non é o meu estilo. Os veciños polo menos que saiban a que atenerse e se isto o ven coma algo ”normal” quen son eu para lles levala contraria. E por certo, a ninguén se lle escapa que se algún documento expedido no Concello sae á palestra sen sinatura e todo é doado de entender, presuntamente hai moito chupamandriles que ten medo a se quedar sen traballo ante a próxima convocatora de oposicións, e está visto que quere facer méritos ante o Patrón que alí o colocou.


Apertas a tod@s.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.