Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de septiembre de 2017

EXPLORANDO O LADO FEMININO DE ARAGUNDE













     





Creo que xa, en algunha ocasión, teño comentado o impacto que, na sociedade actual, experimentaron  a aparición das redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter, etc.) tanto no fluxo e rapidez da información como na interacción e relación entre as persoas; para xente, como é o meu caso, son unha ferramenta excepcional para estar en contacto con familiares e amigos e para saber que se “coce” no meu amado pobo.
A cuestión é que, o outro dia, estaba botándolle unha ollada ao muro de Facebook de Luís Aragunde porque, mentiría, si dixese que non teño curiosidade por saber que pensamentos, inquietudes ou, simplemente, curiosidades colga o ex-alcalde  no seu perfil; dita curiosidade levoume a acceder ao  apartado  de “información básica” e puiden comprobar que estivo de aniversario o pasado 10 de xullo polo que, aínda que sexa con retraso, aproveito para felicitalo por eses 46 aniños, que cumpra moitos mais e, o que é mais importante, que todos nos o vexamos; por certo, Aragunde naceu un 10 de xullo, festividade de San Cristobal, patrón, no pasado, dos arrieiros  e, na actualidade, de tódolos condutores polo que non debería de estrañar que  estivese predestinado a militar nun partido como o PP, partido que ten denuncias (algunha incluso chegou aos xulgados) por “conducir” ou, mais ben, por “carrexar” vellos a votar os días de eleccións.
Pero a miña sorpresa veu cando comprobo que no apartado de  “sexo” poñía: “mujer”, ¡¡ “muller”!! ¿¿Cómo que “muller”??  Aragunde símbolo onde os haxa de masculinidade, de virilidade ¿Cómo “carallo” poñía que era unha muller? As malas linguas din que o seu perfil de Facebook lévao unha persoa feminina  moi achegada a el e, quizais, de aí a confusión pero eu penso que a realidade é outra; eu penso  que no momento que abriu o seu perfil de Facebook o seu lado feminino xogoulle unha mala pasada.
Ante todo quero aclarar que non dubido, en absoluto, da heterosexualidade de Aragunde i estou mais que  convencido de que lle gustan mais as mulleres que a un corricho unha charca pero que todos os homes temos un lado feminino mais ou menos acentuado, tamén, é certo e, por poñer un exemplo, podería falar de min mesmo: si hai algo que me encanta e que está tan asociado a un público feminino  é o cine romántico: aínda hoxe en dia cando repoñen pola TV    “Oficial e cabaleiro” e, a pesar, de tela vista unha ducia de veces, non podo deixar de emocionarme cando, na escena final, o protagonista entra na fábrica  para levarse á moza; sinceramente  ¿a quen non lle gustaría, nese momento,  ocupar o lugar de  Debra Winger e que Richard Gere te sacara en brazos? Soamente de recordalo pónseme o vello como escarpeas.
No caso de Aragunde un detalle  feminino moi acentuado é o da coquetería; é coqueto e presumido coma el só; en serio, invítovos a que fagades un experimento:  buscade  fotos onde apareza e veredes que, en moitas delas, mira directamente ao obxectivo,  facéndose o interesante, como intentando namorar á cámara, ¡¡mais  coqueto non podería ser!!!.
La Voz de Galicia
Creo que foi Marilyn Monroe quen dixo nunha ocasión que as mellores amigas das mulleres eran as pedras preciosas, mais concretamente, os diamantes pois, mira por onde, ese trazo tan feminino tamén o comparte Aragunde. O ex-alcalde tamén  ten gusto polas pedras aínda que non sexan preciosas e, así, moitos, hoxe en dia, seguen a preguntarse a onde foi  parar a pedra da lonxa vella e da casa do Polo, cando se derribaron ....¿podes poñernos algo de luz sobre o asunto ou será outro deses “misterios sen resolver” que deixaches cando perdiches a alcaldía? ¡veña Aragunde faino aínda que sexa por sacar de dúbidas ao meu amigo Luís “ O Xudio” que o tes en ascuas.
Outra característica que se consideraba  feminina e que,  afortunadamente, xa é cousa do pasado era o da submisión, e digo do pasado   porque, actualmente, a sociedade avanzada a unha igualdade total entre ambos sexos aínda que , de vez en cando, aparezan “malparidos “ como o arcebispo de Granada quen, non fai moito tempo, promocionaba un libro titulada “Cásate e se submisa”,  toda unha declaración de intencións; ese trazo como dicía  do pasado, tamén aparece reflexado no lado feminino de Aragunde  e diso pode dar fe Tourís que cando deixou a alcaldía para ocupar o seu actual posto de delegado provincial da Xunta atopou en Aragunde a persoa fiel, obediente e submisa que buscaba e para elo unha frase aparecida na prensa a finais do 2012 e que reflexaba á perfección quen seguía a mandar en Cambados: “estes 9.000 euros son para o alcalde de Cambados” .... “para o alcalde de Cambados, non, ...para Tourís”.
A todo o contado anteriormente  tamén hai que destacar,  no lado feminino de Aragunde, un gusto excelente pola cociña e, así, no seu perfil de Facebook deléitanos, de vez en cando, coa visión de pratos culinarios como, fai un par de dias, que amosounos  unhas zamburiñas cunha pinta realmente exquisita e  que, de seguro,  Aragunde  soubo saborealas e gozalas. Si lees isto, Luís, estaría encantado que me pasases a receita porque eu tamén son un pouco “cocinitas”. ..... Do bo gusto de Aragunde pola comida, mariscos incluídos, sábeno moi ben  en moitos locais de Cambados, algúns dos cales , cando perdeu a alcaldía presentáronse   no Concello para reclamar algunha  factura que estaba  pendente de pago ¿que estraño  que o PP deixara facturas sen pagar? ¿non?.
Para acabar que saibas, Aragunde, que eu tamén teño moi acentuado o meu lado feminino polo que penso que podiamos quedar un dia para ver xuntos  unha película romántica, chorar como madalenas, compartir confidencias e falar de “modelitos”...  seguro que sería unha xornada ¡divina!  
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.