Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de septiembre de 2017

A XUNTA ARRANXA AS FOCHANCAS QUE LLE RECLAMABA AO CONCELLO DE CAMBADOS


















SOMOS CAMBADOS CONGRATULASE DE QUE A XUNTA REPARASE A FOCHANCA DA ESTRADA PO-549


AS OBRAS QUE A XUNTA RECLAMABA QUE FIXERA O CONCELLO, INICIANDO UN EXPEDIENTE SANCIONADOR DE 5.000€, REALIZOUNAS A PROPIA XUNTA

Cambados recibiu a comezos de ano a apertura dun expediente sancionador por unhas deficiencias no firme do PK 9+000 da estrada PO-549, xa que segundo interpretaban, nese punto atopase o pavimento deteriorado debido o asentamento da zanxa que conten a canalización de abastecemento, e que podería supoñer unha sanción de 5.000€ o concello de Cambados xa que se trata dun vial da súa titularidade.

O Concello de Cambados solicitara no pasado mes de Maio o arquivo do mesmo a vista dos informes técnicos que se aportaron no expediente, xa que a fochanca no firme do PK 9+000 da estrada PO-549 non esta motivado polo asentamento de ningunha zanxa, xa que nesa zona levase sen realizar ningunha actuación dende hai máis de 22 anos, xa que nos propios informes especifican que a fochanca apréciase dende fai anos e as obras son anteriores a 1995. Polo que solicitou o arquivo do expediente sancionador, xa que o Concello entende que o mal estado do pavimento é froito do desgaste propio co paso do tempo e que este concello non ten responsabilidade algunha sobre o feito a tratar, non recibindo resposta algunha por parte do ente autonómico.

A reparación que se reclamaban ó Concello de Cambados por parte da Xunta estaban incluídas dentro do proxecto da obra que se atopa nestes momentos en proceso de execución, de “Reforzo de firme localizado nas estradas VG-4.2, PO-300, PO-305, PO-548 e PO-549, entre outras”, de clave PO/16/193.02, E/014/2017, da Xunta de Galicia, e inclúe o fresado, reposición con MBC e renovación completa con microaglomerado en frío no firme do PK 9+000 da estrada PO-549. Obras que se acaban de realizar a cargo da Xunta nestes días, e que segundo se específica no proxecto de construción de outubro de 2016, meses antes de iniciarse o expediente sancionador, a Axencia Galega de Infraestruturas detectou a necesidade de realizar diversos reforzos de firmes localizados nas estradas VG-4.2, PO-300, PO-548 y PO-549, xa que o trafico da PO-549 ten unha IMD no 2015 de 10.048 vehículos diarios, obtendo unha media nos meses de xullo e agosto superior 12.000 vehículos.


Polo que dende Somos Cambados nos congratulamos da realización das mesmas, xa que o tempo da e quita razóns, e neste caso máis vale tarde que nunca, mesmo a pesar de ter que soportar no seu momento as descalificacións persoais por parte do Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Sr. Cores Touris, por reclamar o concello a reparación desta fochanca, defendendo os representantes de Somos os intereses de Cambados, e que a Xunta de Galicia asuma as súas responsabilidades.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.