Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de mayo de 2017

CONTA ATRÁS PARA A NOVA CUBERTA DA PISCINA DO POMBAL












O goberno de Carmela Silva adxudica a redacción do novo proxecto

A Deputación de Pontevedra vén de asinar a adxudicación coa empresa, que terá un prazo máximo de tres meses para elaborar o proxecto
A Deputación de Pontevedra asinou hoxe a adxudicación da redacción do proxecto básico e de execución das obras relativas á substitución da cuberta e á actualización das instalacións da piscina climatizada do complexo polideportivo do Pombal, en Cambados. Deste xeito, o Goberno da institución provincial inicia a conta atrás para que a veciñanza de Cambados poida volver facer uso destas instalacións, confirmando do mesmo xeito o seu compromiso total e absoluto cun proxecto prioritario para O Salnés.
Por un importe de 21.586,40 euros (IVE engadido), a empresa adxudicataria do proxecto foi "Naos 04 Arquitectos, S.L.P.", que se compromete a redactalo nun prazo máximo de tres meses. Malia a iso, o Goberno de Carmela Silva está a traballar arreo para que se reduzan os prazos na medida do posible, garantindo non só que os veciños e as veciñas de Cambados poidan volver dispor destas instalacións no menor tempo posible senón tamén a calidade dos traballos.
Antes da adxudicación deste contrato, a Deputación xa elaborou o estudo xeotécnico, avanzando coas tramitacións pertinentes coa máxima celeridade. Ademais, dende o momento no que a empresa entregue o proxecto básico e de execución da obra e se lle dea o visto bo, o goberno provincial sacarao a licitación. Unha vez que comecen as obras, os usuarios e usuarias da piscina de Cambados poderán empregar a de Vilagarcía de Arousa, xa que a empresa encargada da súa xestión é a mesma.
A finais de 2016, a Deputación de Pontevedra tivo que rescindir o contrato da obra ante a serie de deficiencias que presentaba o proxecto herdado do Goberno anterior da institución provincial. Aquel primeiro proxecto non solucionaba os problemas que presentaba o espazo, na cuberta da piscina e tamén noutras estancias como os vestiarios, nin tampouco se axustaba á normativa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.