Este vindeiro sábado dia 3 de xuño é o dia.
O Juventud de Cambados de categoría infantil ten ante sí a oportunidade de ascender a Liga Galega.
Tras a primeira rolda na que venceron ao S.D.C. Arrabaldo de Ourense por un contundente 4 a 1 con goles de Aarón, nunha boa xogada colectiva, Álex (2) o primeiro tras un corner e o segundo con axuda da defensa e Yerai, nun contraataque para sentenciar o partido.
No segundo partido os rapaces do Cambados disputaron o pase a rolda definitiva contra o C.C.A.R. Valadares de Vigo no campo da Lomba de Ponteareas.
O resultado foi de 2 a 0 a favor dos nosos con Diego como goleador por partida doble.
O rival nesta rolda definitiva é o Villa de Marín, que no primeiro partido xogado o domingo pasado en San Pedro venceu por 2 a 1 con dous goles mois discutidos, sobre todo o segundo, pois se produxeron cando un xugador amarelo estaba tirado no chan tras un golpe en cada un deles. O gol do Juventud de Cambados foi materializado por Sergio.
Foi un encontro no que os visitantes perdoaron en exceso e os locáis aproveitáronse das circunstancias para materializar unha victoria inmerecida.
Pero para eso temos o partido de volta e ante o seu público os rapaces tentarán superar aos marinenses.
Agardemos que o apoio da afección consigan o seu sono e facer historia. Hai que suliñar que ao igual que nas competicións sénior, o valor doble dos goles marcados en campo contrario fai que unha victoria por 1 a 0 os clasifique
Moita sorte rapaces!!!!
PÉNJAMO e FARI (Adestradores) e DAVID, VICENTE, SERGIO, ÁLEX, ADRI, RICARDO, AARÓN, VÍCTOR, YERAI, DIEGO, ANXO, MIGUEL, MÍGUEZ, ALBERTO, GABI, XABI e MIGUELÍN.
LEMBRADE!!! SÁBADO DIA 3 DE XUÑO ÁS 12 DA MAÑÁN NO CAMPO DO POMBAL!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.