Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2017

BAIXA O PARO NA COMARCA DO SALNÉS AO IGUAL QUE NO RESTO DE GALICIA E ESPAÑA










O paro rexistrou unha baixada de 5.427 persoas en Galicia durante o mes de abril, chegando aos 204.629 desempregados. 

O paro reduciuse en todos os sectores económicos, pero principalmente no sector servizos (96.672 persoas), agricultura (11.330), contrución (8.944) e industria (8.264).


O paro rexistrado caeu en 3.009 persoas no pasado mes de abril na provincia de Pontevedra. Segundo informou este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social na provincia hai un total de 81.385 persoas inscritas como demandantes de emprego.
Este dato supón un descenso do -3,57% respecto ao mes anterior. 
polo que respecta á nosa comarca a destacar a baixada xeral en todos os concellos, con O Grove (-209), Vilagarcía (-172), Sanxenxo (-159) e Cambados (-112) os municipios onde máis baixou o paro neste pasado abril.
En total hai 830 parados menos no Salnés que fai que a cifra de desempregados baixe ata 9.773.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.