Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2017

LUIS ARAGUNDE “O MENTIROSO” ATACA DE NOVO















Hai unha premisa universal que di que toda acción ten a súa  reacción  e, no caso da retirada da estatua do fascista Fraga, non podía ser menos e  ditas reaccións non tardaron en chegar; a máis destacada, cecáis, foi a repercusión, que nos medios  (tanto galegos como de nivel estatal) tivo tan ansiada e desexada  retirada.
Dende logo esta estatua pasara a historia por ter sido noticia en máis dunha ocasión: dende o intento por parte do anterior goberno cambadés por negar a  súa autoría hasta as dúas ocasións nas que apareceu “disfrazada”, primeiro de  Supermán e, posteriormente, de  Batman pero, dende logo,  nada comparado coa escena que representou ver ao “alter ego” en bronce de Fraga colgado dunha grúa o pasado 21 de abril.  
Eu non son un experto en esculturas  pero creo que, cecáis, coa excepción das cabezas xigantes en pedra  da Illa  de Pascua hai poucas estatuas na historia mais misteriosas  que a que,  hasta fai ben pouco, “ensuciaba” coa súa presenza o parque de Torrado.
Si realmente fosemos tan parvos como nos queren facer  Aragunde e os seus “esbirros” e nos “tragásemos” o seu conto, estariamos ante un misterio digno de ser tratado no programa de misterio de Iker Jimenez, Cuarto Milenio; xa me estou  imaxinando o comezo da reportaxe coa voz en OFF, de introdución, do periodista vasco:  “Buenas noches, amigos de la nave del misterio, hoy nos desplazamos al pueblo gallego de Cambados donde daremos cuenta de una aparición extraordinaria; no, amigos,  no se trata de la Santa Compaña, del “Chupacabras”  o de una nave extraterrestre sino de una  estatua de Manuel Fraga, que ni el alcalde, ni sus vecinos y, lo que es más increible, ni el propio escultor que la esculpió puede explicarnos quien ordenó su realización” ….  Hasta podía ser un foco de atracción do turismo e, así, o parque de Torrado sería un lugar de peregrinación para os amantes do misterio  como o son, por exemplo,  o lago Ness en Escocia,  ou a praza Dealey de Dallas onde asasinaron ao presidente  Kennedy;  obviamente, todo isto seria posible si, como dixen anteriormente, a xente se crera a “trola” que  Aragunde lles quere “vender” porque, si algo resulta, realmente, patético é ver a Aragunde, “erre que erre” con que eles non tiñan nada que ver e que todo foi cousa dun “misterioso” sector do viño.
Ademáis hai outra cousa:  si a historia de verdade fora coma a conta  o ex alcalde,  amosaría hasta que punto chegaba a incompetencia do anterior goberno pepero de Cambados porque, salvo  que apareza o documento onde o Concello autorizaba ao “suposto” sector do viño a ocupar un espazo de titularidade pública cunha estatua,   da pe a pensar que de seguir gobernando a dereita en Cambados a calquera  podíaselle pasar pola cabeza levantar un monumento dedicado, por exemplo, á pirola do actor porno Nacho Vidal ou, para os que somos mais nostálxicos, ás tetas de Sabrina …… xa postos, total como no Concello, non se decatarían   ¿non? …..  perdoade, queridos amigos, que  tome este asunto como o que é:  unha autentica e soberana  “coña marinera”, un esperpento, produto dun ex alcalde que non ten a valentía de recoñecer que o da estatua non foi unha idea apropiada.   
Imaxe: Cambados.tk
Algún dia,  e isto dígoo totalmente en serio, gustaríame sentarme con Aragunde a tomar, tranquilamente, un viño, estaría disposto, incluso, a pagar eu a botella (aínda que el gañe bastante mais ca min),  mirándolle aos ollos  preguntaríalle: “¿Por qué Luis? ¿Por qué  te metiches en política? ¿debíaslle algún favor a alguén do PP?  Eras un bo rapaz, tiñas un bo traballo e unha moza realmente guapa (aínda o é hoxe en dia), non necesitabas para nada a política e, moito menos, ser “o brazo executor” de Tourís ¿non che das conta do dano que lle causaches ao noso pobo? ¿de que che valeu tanta mentira? ¿non te arrepintes?.
Nunha ocasión dixen nun xornal que Aragunde era unha boa persoa e un mal alcalde e sigo pensando o mesmo, como alcalde foi nefasto para Cambados, non porque non tivera aptitudes senón porque actuaba ao ditado do que lle mandaban outros, tendo que intentar xustificar  os erros ou as xestións que outros  lle impoñían, agora soamente cabe preguntarse que queda daquel “chavalote”  que tan ben caia a todo o mundo, probablemente, devorado polo personaxe público.  
              Un saudo a todos!!

Ricardo Domínguez Rey











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.