Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2017

TODA A VERDADE SOBRE A "FOCHANCA" DA CABANA












O Concello de Cambados solicita a Xunta de Galicia o arquivo do expediente sancionador da fochanca da PO-549 - O Concello aporta os informes do técnico municipal, Espina&Delfin e Viaqua nos que se xustifica que o concello non realizou obras nese punto da estrada PO-549. - O proxecto da obra que se atopa en proceso de licitación de reforzo de firme localizado nas estradas VG-4.2, PO-300, PO-305, PO-548 e PO-549, da Xunta de Galicia inclúe o fresado, reposición con MBC e renovación completa con microaglomerado en frío desa fochanca.



O Concello de Cambados ven de remitir a Xunta de Galicia a solicitude de arquivo do expediente sancionador xunto cos informes do técnico municipal e das empresas Viaqua adxudicataria da rede de subministro de auga, e da mercantil Espina&Delfin, adxudicataria da rede de saneamento do concello de Cambados, solicitados polo propio concello con respecto as deficiencias no firme do PK 9+000 da estrada PO-549, e no que a Xunta de Galicia iniciou un expediente sancionador contra o concello de Cambados, xa que segundo interpretan, nese punto atopase o pavimento deteriorado debido o asentamento da zanxa que conten a canalización de abastecemento, e que podería supoñer unha sanción de 5.000€ o concello de Cambados xa que se trata dun vial da súa titularidade. O Concello de Cambados entende, a vista dos informes técnicos que dispón, que a fochanca no firme do PK 9+000 da estrada PO-549 non esta motivado polo asentamento de ningunha zanxa, xa que nesa zona levase sen realizar ningunha actuación dende hai máis de 22 anos, xa que nos propios informes especifican que a fochanca apréciase dende fai anos e as obras son anteriores a 1995. Polo que solicita o arquivo do expediente sancionador, e de non ser así, que se nos remita unha copia do informe emitido polo técnico da estrada ó respecto, xa que o Concello entende que o mal estado do pavimento é froito do desgaste propio co paso do tempo e que este concello non ten responsabilidade algunha sobre o feito a tratar. As obras que a Xunta reclama o concello atópanse en licitación pola propia Xunta.
O proxecto da obra que se atopa en proceso de licitación, de reforzo de firme localizado nas estradas VG-4.2, PO-300, PO-305, PO-548 e PO-549, entre outras, de clave PO/16/193.02, E/014/2017, da Xunta de Galicia inclúe o fresado, reposición con MBC e renovación completa con microaglomerado en frío no firme do PK 9+000 da estrada PO-549. Tratase dun pliego que se esta a tramitar e no que se presentaron un total de 19 empresas por un montante total de 537.162,05 € sen IVE, e que segundo se epecifica no proxecto de construción de outubro de 2016, meses antes de iniciarse o expediente sancionador, a Axencia Galega de Infraestruturas detectou a necesidade de realizar diversos reforzos de firmes localizados nas estradas VG-4.2, PO-300, PO-548 y PO-549, xa que o trafico da PO-549 ten unha IMD no 2015 de 10.048 vehículos diarios, obtendo unha media nos meses de xullo e agosto superior 12.000 vehículos. Polo que dende o Concello de Cambados están dispostos se fose preciso a acudir mesmo o contencioso administrativo, xa que non entende esta situación kafkiana onde por un lado a Xunta de Galicia realiza o proxecto da obra en 2016 para o reforzo de firme localizado nesa estrada e despois de inspeccionar máis de 50 Km de estradas, e de acordo coa supervisión do Director optouse por realizar a actuación de Fresado localizado 5 cm (ancho >1.50 m) e reposición con microaglomerado no PK 9+000 da estrada PO-549, e que así se especifique no proxecto, e que a súa vez se abra un proceso sancionador o concello de Cambados por que supostamente a fochanca nese tramo está motivada por unhas obras que se realizaron polo propio concello, e que se pide que o concello realice as mesmas obras que agora mesmo están en proceso de licitación pola propia Xunta de Galicia.


Contrato da Xunta













No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.