Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de mayo de 2017

MÁIS PREMIOS PARA OLGA OSORIO E JUAN GALIÑANES











Continúan os premios para a directora lucense Olga Osorio e a productora Miss Movies na que participa xunto coa súa parella, o cambadés Juan Galiñanes, e a súa curtametraxe Einstein-Rosen, esta vez, no Festival de Cans, a cita máis importante do cinema breve de cantas celébranse en Galicia e en España.


O xurado da décimo cuarta edición do Festival de Cans, formado por Alfonso Zarauza, Sonia Castelo, Luisa Romeo, César Goldi, Diana Toucedo, José Antonio Quirós e Mara Torres, acordou outorgar tres premios á curtametraxe dirixida por Olga Osorio :


Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina, cunha dotación de 250 € e un Can de Pedra, para Ricardo de Barreiro e Xulio Abonjo por Einstein-Rosen, por ser capaces de manter a coherencia dos personaxes cun longo intervalo de tempo e dar naturalidade á complexidade dos diálogos.


Premio AGAG do xurado ao mellor guión, dotado con 300 € e Can de Pedra, para Einstein-Rosen, de Olga Osorio, por ser unha metáfora das relacións de poder que se establecen entre dous irmáns a través dalgo tan estrambótico como é a física cuántica.


Premio do público á mellor curtametraxe, dotado con 1500 € e Can de Pedra.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.