Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de mayo de 2017

BASES PARA O CONCURSO DE CARTEIS DA LXV FESTA DO ALBARIÑO













A Concellería de Cultura do Concello de Cambados lembra que este venres ás 12:00 remata o prazo de entrega de carteis para a Festa do Albariño 2017. Ata o momento, a parte dos participantes galegos tamén hai propostas que nos chegan de Valencia, Arxentina ou Xapón, que se rexe polas seguintes bases:


1ª. Participación:

Poderá formar parte deste concurso calquera persoa física, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente.

2ª. Carteis:

Os orixinais deberán ser inéditos e deben ser presentados en soporte dixital: Gravados en alta resolución nun CD (lexible en PC) en formato editable de PDF. Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc. Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, guasch, pastel, etc.) poderán ser admitidos sen soporte informático. Ao menor indicio de plaxio as obras serán descualificadas.
O texto incluído no cartel deberá ser:

LXV FESTA DO ALBARIÑO

CAMBADOS, 2 ao 6 de Agosto

Declarada de Interese Turístico Nacional

www.cambados.gal

Deixarase unha franxa no pé do cartel de 8 cm co fin de poder engadir logotipos.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras por soporte.
Os traballos serán presentados ou enviados (con xustificante de Correos) nas dependencias da Concellería de Cultura do Concello de Cambados (Praza do Concello s/n 36630 Cambados - Pontevedra).

A temática, aínda que libre, debe reflectir o que simboliza a Festa do Albariño para Cambados. Valorarase positivamente a creatividade, a orixinalidade e a inclusión de expoñentes da cultura e do patrimonio relacionado co viño e a vila.
A obra premiada e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade do Concello de Cambados, que poderá así mesmo reproducir as obras finalistas.
Os carteis participantes serán expostos para o xurado, medios de comunicación e público en xeral.

3ª. Prazos para presentar as obras:

Os traballos presentaranse dentro dun sobre pechado, que levará no exterior o pseudónimo do autor. No interior incluirase ademais un documento coa seguinte información:
-Nome e apelidos do autor.
-Fotocopia do D.N.I.
-Dirección, teléfonos de contacto e correo electrónico, que tamén deben figurar na parte posterior do cartel.
-Escrito de aceptación das bases do certame, indicando a cesión da obra, de resultar gañadora, ao Concello de Cambados.
En caso de haber envíos internacionais especificarase no paquete “Para uso cultural”.
As obras deberán achegarse como data límite antes das 12.00 horas do venres 2 de xuño de 2017. Serán admitidos por correo todos os envíos que foran selados nas oficinas de Correos antes das 12.00 horas do 2 de xuño.

4ª. Membros do Xurado:

O xurado do Concurso do Cartel da Festa do Albariño 2017 estará presidido polo Concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño Do mesmo xeito, formarán parte del, representantes do Consello D.O. Rías Baixas, artistas do país, e técnicos de cultura.
A súa decisión será inapelable e será o xurado quen resolva calquera circunstancia non prevista nestas bases.

5ª. Premio:

O Concello de Cambados concederá un único premio por valor de 500 €. A entrega do mesmo farase pública nun acto oficial o sábado 17 de xuño ás 12.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Cambados. Ao gañador ou gañadora comunicaráselle oportunamente a través dos medios de contacto aportados.
Para máis información, pode contactar coa Concellería de Cultura:
Teléfono 986 520 902 ext. 711 // e-mail: cultura@cambados.es

CLÁUSULA LOPD

Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é o Concello de Cambados con domicilio en Praza do Concello s/n, 36630 Cambados (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos dos participantes no concurso que organiza o Concello. Estes datos poderán ser cedidos aos medios de comunicación coa finalidade de dar a coñecer aos participantes e gañador ou gañadora. Se o desexa poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitíndose por escrito á dirección sinalada, achegando unha fotocopia do seu DNI.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.