Axudas para a matrícula universitaria en Galicia
A Consellería de Educación convoca axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/17.
Requisitos:
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE nº 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado como mínimo de 45 créditos.
Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2014/15 ou no 2015/16 e non ter obtido a bolsa no curso 2016/17.
Ter superado no curso 2015/16 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:
– En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.
– En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.
Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.
Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
Familias de 1 membro: 14.112,00 €.
Familias de 2 membros: 24.089 €.
Familias de 3 membros: 32.697 €.
Familias de 4 membros: 38.831 €.
Familias de 5 membros: 43.402 €.
Familias de 6 membros: 46.853 €.
Familias de 7 membros: 50.267 €.
Familias de 8 membros: 53.665 €.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391 € por cada novo membro computable da familia.
A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas, que é dun máximo de 862,90 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 618,10 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de febreiro de 2017
Máis información no DOG do 16 de xaneiro de 2017
Concurso de deseño do cartel do programa Xuventude Crea 2017
|
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2017, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa.
Participantes Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior. Tema O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2017” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e videocreación. Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo. Condicións Cada autor/a ou autores/as poderán participar con dúas obras orixinais, inéditas e en galego. A obra premiada pasará a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión. A citada dirección xeral queda facultada para introducir algunha modificación na obra premiada se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nestas bases. O cartel gañador será a imaxe do Programa Xuventude Crea 2017 e poderá ser utilizado parcial ou totalmente para o seu deseño, páxina web ou calquera outra iniciativa que considere a organización. Documentación As obras presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación, e deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado considere oportunas. En ningún caso poden levar o nome nin a sinatura. Os/as artistas poderán confeccionar as súas obras con liberdade de procedemento e cor. Todas as obras irán acompañadas dos seguintes documentos: - Solicitude de inscrición debidamente cuberta. - Ao dorso de cada obra figurará un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado. Este lema ou pseudónimo aparecerá, en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado aparte, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma. - Dentro do sobre pechado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, fotocopia do DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto, ficha explicativa e CD da obra e unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito. Se se apreciasen defectos ou falta de documentación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, requirirase á persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición. Lugar e prazo de entrega O prazo de admisión das obras estará aberto ata o 28 de febrero de 2017 e poderanse enviar por correo postal a: Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2017 Consellería de Política Social Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º 15781 Santiago de Compostela Igualmente admitirase a entrega da documentación en calquera rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada. Calquera información sobre o concurso ou solicitude de presentación a este, pode obterse mediante contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nos teléfonos 981 541 689, 981 545 702. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porá o máximo coidado nas obras recibidas, pero declina toda responsabilidade de perdas, roturas, roubos, furtos ou danos nas obras por razón de forza maior ou calquera outra causa allea á súa vontade, tanto nos actos de recepción e devolución como durante o tempo que estean baixo a súa custodia. Unha vez recibidas as propostas e pechado o prazo de admisión, procederase á súa valoración por un xurado responsable de resolver o concurso.
Xurado
A composición do xurado farase pública na páxina web da Dirección
Premio
O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros. Esta cantidade estará suxeita á lexislación vixente, aplicándose sobre a dita cantidade as retencións legalmente establecidas. A entrega do premio farase mediante transferencia bancaria ao número de conta que facilite o gañador/a.
Fallo
Antes do fallo do xurado, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá levar a cabo unha exposición dos traballos presentados. O fallo do xurado será inapelable e poderá ser declaro deserto se así o considera este. Devolucións Para a devolución das obras non premiadas existirán dous procedementos para ser retiradas: 1. persoalmente polo seu autor/es/as ou 2. mediante delegación, por escrito, noutra persoa no lugar onde foron entregadas, no prazo de 30 días que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do/a gañador/a na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. As obras non premiadas que non foran retiradas polas persoas interesadas no prazo establecido, pasarán á libre disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A participación neste concurso implica de forma automática a plena e total aceptación, sen reservas, das presentes bases.
Máis información en: roteiros.ctb@xunta.gal
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.