Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de febrero de 2017

OUTRA VISITA AOS XULGADOS DE LOUZÁN













O Xulgado de Instrución número 7 de Vigo ditou unha providencia na que dá conta da petición de Rafael Louzán de declarar como investigado na chamada 'Operación Patos', e citouno para o próximo 1 de marzo ás 10,00 horas, 

O expresidente da Deputación de Pontevedra, e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, remitiu hai unha semana un escrito ao xulgado no que solicitaba ser citado para declarar, un ano despois de comparecer ante a xuíza e acollerse ao seu dereito para gardar silencio (mesma estratexia que utilizou no caso dos alugueres nos Xulgados de Cambados e que finalmente o sentarán no banquiño). 

Louzán é un dos investigados nesta causa, na que se investigan supostas irregularidades na adxudicación de obras e contratos públicos.    Tamén son investigados o dono da construtora Eiriña; traballadores de Cespa; funcionarios de varias administracións; concelleiros do PP e do PSOE de Vigo; o alcalde vigués, Abel Caballero; ou a exdelegada da Xunta, María José Bravo Bosch, entre outros.    
No caso de Louzán, investígase a súa participación en supostas irregularidades en contratos de obras de varios campos de fútbol, obras de saneamento e abastecemento en varias localidades da provincia de Pontevedra, a reforma dun centro social e outras actuacións. Tamén se lle atribúe a suposta recepción de agasallos da empresa Eiriña.  

COMPARECENCIA ANTERIOR    
O pasado 17 de febreiro de 2016, o expresidente da Deputación compareceu ante a xuíza pero, nese momento, acolleuse ao seu dereito a non declarar, alegando que prefería esperar a que se resolvesen as peticións de nulidade presentadas por algunhas das partes. En todo caso, á súa saída dos xulgados de Vigo, Rafael Louzán proclamou a súa inocencia, e insistiu en que non ten "nada que ocultar". Con respecto ás obras investigadas, descargou toda a responsabilidade no "extraordinario equipo de funcionarios" da Deputación, que son os que "tramitan" as actuacións.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.