Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2020

ZONA CENTRO PRESENTOU A CAMPAÑA DO DÍA DO PAI


No dia de hoxe tivo lugar o acto de presentación da campaña do Dia do Pai para o presente ano 2020 que con motivo da referida celebración vai a levar a cabo a asociación Cambados Zona Centro en colaboración co Concello de Cambados.
Para a presente campaña, a asociación repartirá entre os seus clientes, un total de 30.000 boletos de participación, cos cales, os clientes dos diferentes establecementos asociados poderán optar a un dos premios da campaña.
Nesta ocasión os premios serán  de 600 euros en vales compra, repartidos como segue: 1 premio de 200 euros; 2 premios de 100 euros; 4 premios de 50 euros.
Ademais teremos un premio especial que consistirá nunha estancia en Asturias para unha familia, na que, ademais do aloxamento, os gañadores poderán disfrutar dunha entrada para o parque de Cabárceno.
O Sorteo da campaña realizarase o mércores 25 de marzo ás 13:00 horas na sede da asociación (Rúa Nova, 4).
No acto, celebrado na sede de Zona Centro, estiveron presentes o Presidente da asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, xunto co Concelleiro de Economía do Concello de Cambados, don Xurxo Charlín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.