Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de septiembre de 2016

A XUSTIZA DALLE A RAZÓN O CONCELLO DE CAMBADOS POLA EXPLOTACION DA PLATAFORMA LOXISTICA INVERSA DO POL. SETE PÍAS













- A sentenza na que cabe recurso desestima as reclamacións presentadas pola UTE Estévez Container Ourensanos, S.L.-Soil Recovery, S.L. contra as liquidacións do canon emitidas polo Concello de Cambados e que ascenden a un total de 280.172,47 €. 
- A nave cun custe de máis de 3,5 millóns de euros leva anos sen actividade e inmersa en varios procesos xudiciais herdados do anterior goberno municipal coa UTE concesionaria da explotación, a día de hoxe, non xerou ningún ingreso para o concello de Cambados. 


O Concello de Cambados ven de recibir a sentenza favorable do Xdo. Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra en relación a reclamación presentada pola UTE concesionaria da explotación Estévez Container Ourensanos, S.L.-Soil Recovery, S.L. contra as liquidacións do canon emitidas polo Concello de Cambados e que ascenden a un montante total de 280.172,47 € correspondentes os exercicios 2011, 2012, 2013 e 2014. Tratase dunha sentenza na que cabe recurso ante a sala do contencioso administrativo do tribunal superior de xustiza de Galicia e na que se condenan as costas a cargo da parte actora estimadas en 800 euros.

A nave cun custe de máis de 3,5 millóns de euros leva anos sen actividade e inmersa en varios procesos xudiciais herdados do anterior goberno entre o concello de Cambados do Partido Popular e a UTE concesionaria da explotación. A Plataforma de Loxística Inversa ia ser destinada para o tratamento de residuos industriais non perigosos e esta sita no Polígono Industrial Sete Pías, 

A adxudicataria da xestión directa do servizo de tratamento de residuos presentou unha serie de demandas no xulgado xa na anterior lexislatura, contra o Concello de Cambados, nas que reclama que o expediente de licitación de explotación da mesma aducía de numerosos erros de calculo e que o canon da concesión polo tanto, era excesivo tendo en conta a realidade dos residuos que pode tratar esta planta, considerando que as previsións incluídas no pregos de licitación eran “extremadamente optimistas”, motivo polo que se causa un quebranto económico nos ingresos reais da planta e o custe que ten que asumir a empresa adxudicataria da xestión directa do servizo de tratamento de residuos o ter que asumir un canon demasiado alto para os residuos e polo tanto os ingresos que xestiona na mesma.


Unha obra de 3,5 millóns de euros sen apenas uso 
  

O prego de adxudicación das obras da nave Loxística Inversa foi redactado polo IPESPO en Xulio do 2007 e no devandito contrato establece na cláusula 6ª, un prazo de execución de obra de 8 meses e que, en todo caso as obras tiñan que estar rematadas antes do 30 de Xuño de 2008, ademais de establecer nesa mesma cláusula que si o adxudicatario incurrise en mora na execución da obra contratada, o IPESPO podería optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalizacións. No mesmo prego na cláusula 14ª establece dentro do baremo para a adxudicación da obra, establece con 3 puntos, o prazo de execución das obras, e que por exemplo é superior a redución do prezo da obra que se barema con so 2 puntos. Na acta da reunión da mesa de contratación pódese comprobar como a mercantil Sercoysa ofreceu un prazo de execución de 5 meses e medio, e polo tanto obtivo a máxima puntuación neste apartado, obtendo 3 puntos nun total de 7,06 puntos, resultando ser a adxudicataria das obras, a pesar de ser a oferta co maior presuposto de obra 3.556.000,00 €. Prazo que foi refrendado na firma do contrato de adxudicación, asinado o 29 de Novembro de 2007, e no que a mercantil Sercoysa ratifica un prazo de execución de cinco meses e medio. 

No expediente pola contra, consta a recepción da obra feita polo IPESPO, con data 16 de Outubro de 2008, e dicir que as obras non foron realizadas no prazo de 5 meses e medio, se non nun prazo de 10 meses e medio, e superando o prazo máximo establecido no prego do 30 de Xuño de 2008, pero pola contra non consta na acta de recepción das obras nin en todo o expediente administrativo o motivo por que o ente IPESPO dependente da Deputación de Pontevedra non exercitou penalización algunha neste retraso como establece o prego, e ademais, para maior gravidade, caso de que a mercantil Sercoysa presentara este prazo real de 10 meses e medio na licitación non seria a adxudicataria das obras, xa que obtería un baremo de 4,06 puntos e seria outra mercantil a adxudicataria da mesma, segundo se desprende dos resultados obtidos por outras empresas da acta da mesa de contratación. 

Cabe salientar que a mercantil Sercoysa se atopa en proceso de Liquidación Concursal, ademais de estar inmersa en varios casos xudiciais por presuntos casos de corrupción, e que dende Agosto de 2005 ata Xaneiro de 2008 foi apoderado da mesma, Don Agustín Hernández, que antes de ser nomeado Conselleiro de medio ambiente, territorio e infraestruturas de Galicia no 2009, fora nomeado en Xaneiro de 2008, apenas dous meses despois de adxudicarlle a Deputación a obra a empresa que administraba, Director de Infraestruturas do departamento de Vías e Obras da Deputación de Pontevedra polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o vicepresidente e deputado responsable de Vías e Obras, Xosé Crespo, época na que se estaba a facer a devandita obra. 

O modelo de xestión dos fondos europeos que existía co anterior goberno municipal carecía de planificación. 

A vista da situación na que nos atopamos, 8 anos despois de rematar as obras dunha nave proxectada para o tratamento de residuos industriais non perigosos, e cun custe de máis de  3,5 millóns de euros, financiada con Fondos Europeos, e que a día de hoxe non repercutiu nin un so euro en beneficio do Concello de Cambados, mostra un modelo de xestión feito por parte do anterior goberno do Partido Popular calamitoso, no que primaba a execución de obras pero non a xestión das mesmas e dos servizos que poden repercutir na cidadanía estas inversións. 

Unha obra adxudicada a empresa que presenta a oferta económica de maior importe, que non cumpre o prazo de licitación polo que foi adxudicada, nin se lle aplica penalización por este retraso nas obras, unha empresa na que o apoderado dous meses despois de adxudicárselle as obras foi contratado pola deputación de Pontevedra, e que o ano seguinte pasa a ser nomeado Conselleiro de medio ambiente, territorio e infraestruturas de Galicia polo Partido Popular, un proxecto dunha obra realizado pola mercantil Norai, Noroeste de Arquitectura de Galicia, S.L. e que inda mostra na súa web, e que segundo informou o xornal El Pais, o 20 de setembro de 2010, no artigo co titular: “Louzan reparte a dedo contratos entreempleados municipales” tratase dunha empresa que se relaciona no artigo e que ten vínculos mesmo con enxeñeiros da propia Deputación: “Es el caso de Faustino Mera Mur, que cubre así desde hace años, sin que el Ayuntamiento muestre interés en convocar la plaza, sus funciones de arquitecto municipal de Baiona. Mera administra Norai Noroeste, una empresa de arquitectura e ingeniería que le traspasó su suegro, Rafael Llano de la Concha, ingeniero recientemente jubilado de la Diputación, y también dirige una obra (de momento) del PID: en Arbo.”










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.