Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de septiembre de 2016

XA SE PODEN PEDIR AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO DE CAMBADOS












EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 11.08.2016, POLA QUE SE APROBAN AS BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNOS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CONCELLO DE CAMBADOS, CURSO 2016/2017

De acordo co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).
Primeiro. Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións persoas que sexan pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado  no curso 2016/2017 en centros docentes públicos (non concertados) do Concello de Cambados, incluídos alumnos de Oubiña matriculados no colexio de Tremoedo, nos niveis de educación primaria e secundaria obrigatoria, e cumpran os requisitos fixados nas Bases da convocatoria.
Segundo. Obxecto

A finalidade desta convocatoria é establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización dos membros da familia.
Terceiro. Bases reguladoras
As bases reguladoras da concesión destas subvencións foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 11.08.2016 e publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 161, do día 24.08.2016.
Cuarto. Contía da axuda
Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 18.000,00 euros na aplicación 320.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2016.
A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios establecidos na base sexta e do número de solicitudes. O importe máximo da axuda será de 120 € para aqueles solicitantes que obteñan a maior puntuación, distribuíndose os importes restantes en función da puntuación obtida, ata esgotar o crédito asignado ó proxecto. Cando o número de solicitudes aceptadas non esgote ó crédito máximo previsto, poderase outorgar a cantidade máxima a cada unha delas, se así se motiva.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
Sexto. Outros datos
As solicitudes de subvención presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, segundo os formularios que figuran nas Bases da convocatoria.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.