Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de julio de 2016

EXPOSICIÓN E ACTUACIÓN DE BATUKO TABANKA













O concerto ofrécese dentro da programación de actos culturais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organismo ao que se incorporou recentemente o Concello de Cambados. Estas mulleres de Cabo Verde son unha tormenta de enerxía positiva. Desde que viven en Burela (Lugo) introduciron o Batuko na península ibérica, ensinando a forza da cultura africana, salseando diversidade cultural desde o medio do Atlántico.

- Membros do grupo musical:
Doce mulleres de Cabo Verde en Burela. Doce mulleres de mariñeiros. Doce loitadoras.
Doce mulleres cheas de forza, alegría, tradición e respecto.
-  Localidade natal:
Cabo Verde e Burela.
- Descrición:
Unha proposta que reflicte a mensaxe máis positiva das migracións: o respecto e o diálogo, que poderiamos resumir en dúas palabras: SABI, SABI!!!
Tabanka é unha asociación que se fundou co obxectivo de dignificar a cultura cabo-verdiana, lembrar a procedencia da nai África en todos os expoñentes culturais posíbeis, e a súa música é algún dos múltiples presentes que nos brindan estas polifacéticas mulleres.
 

- Biografía:
 

Doce mulleres de Cabo Verde, afincadas en Burela, baten con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko. O trebón percusivo medra e reflúe periodicamente, acompañando cánticos entre os que se colan risos e desafíos. De cando en vez, no medio dunha canción, unha delas sae ao centro da escena, mostrando toda a forza do movemento africano, salseando diversidade cultural desde o medio do atlántico. O bruído rebelde de Batuko Tabanka dura tempo suficiente para poñer a "pel de galiña" a quen escoite estas batukadas, coladeiras, mornas... mesturadas co salseiro cantábrico que aporta Galicia.

“Galicia-Cabo Verde. Unha irmandade”


A exposición “Galicia-Cabo Verde. Unha irmandade” estará exposta no Salón J. Peña do martes 5 ao venres 15 de xullo de 11:30 a 13:30 h. A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico „Imaxes con Fondo‟, na súa viaxe a Cabo Verde. Os paneis son acompañados por 4 rollers informativos sobre as accións de cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde.

- O concerto ofrécese dentro da programación de actos culturais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- A exposición “Galicia-Cabo Verde. Unha irmandade” estará exposta no Salón J. Peña do martes 5 ao venres 15 de xullo de 11:30 a 13:30 h.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.