O Mundial Optimist pecha a penúltima xornada, queda unha por completarse a nivel individual xa que o sábado e domingo disputarase o Mundial Team Racing (por equipos). Unha xornada máis España non estivo fina e só se salva o canario Samuel Beneyto, o único que non perdeu posicións na táboa, senón que ademais logra subir seis postos, colocándose no 24 da xeral provisional, a falta desa última xornada e dúas probas previstas.

Manuel Álvarez-Dardet, tampouco mostrou a súa mellor versión, pero non perde tanto como Alba Trigo e Alberto Morais. O andaluz, cuns números de 39 e 37 pasa do posto 55 de onte a ocupar agora o 54.
Alba Trigo con dous parciais pouco positivos para os seus intereses, na primeira non superaba a 48ª praza mentres que na segunda, aínda peor caendo ao posto 62 que a ía a deixar fose do podio provisional, pasando agora á quinta praza cunha distancia de 48 puntos sobre a terceira, a grega Adriana Paraskevi Spanaki.

Conrad Konitzer, pola súa banda, queda no 26 polo que baixa tres postos. Na primeira proba do día concluía no 36 e na segunda melloraba cun 25, aínda que insuficiente para manterse ou subir algunhas posicións
En canto ás condicións meteorolóxicas, por fin chegou o vento a Vilamoura. A xornada desenvolveuse cunha intensidade de 14 nós de dirección Suroeste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.