Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de julio de 2016

I ENCONTRO DE MULLERES DO MAR DE AROUSA









Dende o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, dado a demanda detectada no territorio, quéreseimpulsar un proceso de constitución dunha asociación de mulleres do mar que reúna ás iniciativas lideradas por mulleres ou con presenza delas vinculadas ao sector (mariscadoras, redeiras, armadoras, mariñeiras...).Trátase de activar un lugar de encontro que englobe ao conxunto de iniciativas de mulleres do mar de Arousa, para reforzar, visibilizar e empoderar o seu papel no territorio e abordar satisfactoriamente as problemáticas das mulleres profesionais do sector pesqueiro.
Neste primeiro Encontro de Mulleres do Mar de Arousa, preténdese abrir un proceso de reflexión respecto da viabilidade de creación da asociación. Este encontro enmárcase nun programa de traballo que pretenderá ter como finalidade a creación dun proxecto asociativo, para o que antes se quere cuantificar o interese en formar parte do mesmo.
Esta actividade alíñase cos obxectivos transversais do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, pretendendo reforzar a igualdade e a relevancia das mulleres no conxunto de actividades relacionadas coa actividade marítimo e pesqueira.
Por todo isto, queremos convidar á vosa asociación ou entidade a particicipar nesta xuntanza , que celebra a súa primeira reunión o xoves 7 de xullo ás 18:30H na sede do GALP, Avda. Rodríguez de Mendoza s/nº Edificio FEXDEGA en Vilagarcía.  A hora de finalización prevista é as 20:00H.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.