O BNG lamenta que a Xunta non considere unha prioridade actuar no punto negro da PO-300 na parroquia de Oubiña, para evitar a alta sinistrabilidade que nel se ven producindo (segundo os datos de Protección Civil de Cambados, nos últimos tres anos téñense producido neste tramo 24 accidentes). É evidente que as medidas que tomaron, ata o de agora, non son suficientes cando xa se teñen producido dous accidentes no que vai de 2016 e que poderían realizarse outras actuacións que realmente diminúan a perigosidade nese punto viario .
A Asociación de Veciños da parroquia de Oubiña ten demandado, en diversas ocasións, solucións para garantir a seguridade neste tramo, sen que ata o de agora se teñan levado a cabo. Así mesmo, o Grupo Municipal do BNG, nos últimos anos, ten demandado solucións para a mellora da seguridade viaria no mesmo lugar.
Tamén, responsables do Goberno Municipal de Cambados veñen demandando solucións e solicitando reunións cos responsábeis da Xunta para abordar o tema. Inicialmente vía telefónica con Cores Tourís, sen que ata o momento teña encontrado oco na axenda para abordar o tema e igualmente dirixíndose a Francisco Menéndez, Director Xeral da Axencia Galega de Infraestrutura, vía correo electrónico o 26 de xaneiro, o 1 de febreiro, o 2 de maio de 2016, e novamente no día de hoxe, sen que ata o momento se obtivera ningunha resposta.
De xeito que a contestación de, Francisco Menéndez, á pregunta do BNG no Parlamento Galego, de que van “seguir atentos” e que “hai que ir priorizando actuacións” non é satisfactoria, nin tampouco se considera que as medidas tomadas sexan suficientes para que de producirse outro accidente este sexa máis leve.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.