Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2016

EN RESPOSTA A BREOGAN ASOREY, UN PEPERO E UN MENTIREIRO









EN RESPOSTA A BREOGAN ASOREY, UN PEPERO E UN MENTIREIRO
POR RICARDO DOMINGUEZ REY


Como todos sabedes, queridos amigos, unha das consecuencias de que o PP perdera o poder en Cambados foi a proliferación de páxinas e perfís,  na maioría dos casos falsos, co  fin de criticar a labor do novo goberno e de defender aos seus acólitos; un deses perfís falsos é un tal Breogán Asorey o cal tivo a ben dedicarme, recentemente, un artigo; iso si, sen nomearme porque aparte de, como xa dixen, non ten o valor de dar a cara  tampouco se atreve a dirixirse a min directamente e recorre á metáfora dun paxaro …….. ¡vaia mente brillante e que  inxenio  atesoura o  figura este, sobre todo, cando se dirixe a alguén que lle chaman “o Canario” (de seguro que despois de tal ocorrencia quedoulle a cabeciña descansada); o  motivo que lle levou facer  tal escrito foi saír en defensa do que consideraba un ataque persoal a Jose Pepe, despois de que eu, entre outros, comentáramos nas redes sociais o último artigo do noso “escribidor” favorito……. Xa vedes, queridos lectores, o tal Breogán terá moitas virtudes pero o que se di rápido coma un lóstrego non é precisamente, mira que estiven meses e meses escribindo sobre Jose Pepe, e despois de todo aquilo sen que este “defensor de putas pobres” dixera nin “mu” salta agora por  un comentario que fixen en Facebook.   
Antes de seguir quero facer unha aclaración: non me molesta, en absoluto, que un covarde que  non da a cara escriba de min, aínda  que diga soberanas parvadas que é o que, básicamente, fai o tal Breogán; os peperos téñenme moito “cariño” e xa me teñen chamado de todo, metéronse co meu físico (como se iso me importase moito) e hasta, nunha ocasión, dedicáronlle un blog (por desgraza, de corto recorrido)  á miña ilustre  pirola (“apiroladocanario”) e no que, entre outras lindezas, dicían que a tiña pequena, cousa que lonxe de ser ofensiva, non deixa de ser un piropo:  non é que a teña pequena senón que, en realidade, o tamaño do meu membro é realmente minúsculo, nada que ver, sen dúbida cos “manubrios” que deben portar Fulares, Aragunde ou Albertiño, vamos, de seguro que si se poñen “en bolas” parecería que teñen non dúas senón tres pernas; de todos modos nin a miña “pilila” nin eu témoslle envexa, visto o visto, seguramente o tamaño dos seus falos e inversamente proporcional ao seu cerebro.
Pero volvendo con Breogán Asorey, o auto proclamado defensor de Jose Pepe, a cuestión é que este figura acúsame de que cando falo do funcionario xubilado (e cito textualmente): “falla porque aun a sabiendas de que es falso lo que dice, se aprovecha del desconocimiento de los demas para que su falacia finja ser cierta” … vamos a ver, querido Breogán, non sei en que buraco estarías agochado hasta agora pero eu sempre que falei de Jose Pepe, nas maiorías dos casos para criticar os seus artigos pois non había por onde collelos, fíxeno con datos na man porque eu a diferenza de el, antes de escribir documéntome e, cando, por poñer un dos moitos exemplos, Jose Pepe dixo nun  dos seus artigos que a enerxía atómica era “limpa, barata e segura”  desbarateille tal afirmación con datos na man e así en outros moitos casos.
O tal Breogán Asorey afirma que mentimos cando diciamos que a Jose Pepe non se lle podía atopar no Concello entre a unha  e as dúas e media da tarde e pregúntame si temos probas  de tal afirmación …..volvo a preguntarme ¿onde estivo agochado este fenómeno cando Jose Pepe era funcionario? A onde Jose Pepe ia no  horario anteriormente mencionado sábeo todo Cambados i eu, particularmente,  hasta podo dicirlle quen o acompañaba e hasta a marca do vehículo no que se desprazaban así que, “menos lobos, Caperucita”
Tamén direille a este “mamarracho” anónimo que cando falaba de Jose Pepe non me metía no terreo persoal senón que, simplemente, o poñía de exemplo de como dicía unha cousa que non tiña que ver coa realidade; por exemplo: cando o noso escribidor se auto proclamaba como “un home de dereitas” eu, simplemente, lembráballe o “cambia chaquetas” que era porque, como xa expliquei no seu dia, o noso amigo nas primeiras eleccións da democracia fixo   campaña polo PSOE e, incluso, na súa mesa de traballo tiña un lapiseiro co anagrama deste partido. Do mesmo modo cando falei doutro funcionario, que tan ben coñece Jose Pepe e contaba a anécdota de cando o botaron dun puti-club, en calzóns, borracho foi para remarcar a hipocresía de moitos católicos, pois ese funcionario ao igual que Jose Pepe era moi católico e criticaba, entre outras cousas, o pecadoras que eran as mulleres que abortaban.  
Este defensor de pacotilla enchese a boca falando da “profesionalidade” de Jose Pepe e de todo o que fixo polos seus compañeiros pero esquecese de dicir que si o “ilustre” funcionario puido xubilarse como tal foi porque no seu dia, sendo alcalde Xoán Antonio Pillado Silvoso tivo pena de el e non largou despois de que quixera “meterlle un gol” dándolle a firmar algo que non debería; algún dia contaremos a historia ...por certo é tal a “confianza” que “emana” Jose Pepe que tiveron que cambiar as pechaduras das portas do concello porque sabían que o escribidor aínda tiña unha copia das mesmas.
Tamén o tal Breogán para defender a profesionalidade de Jose Pepe  intenta atacar e desprestixar o meu traballo como si eu tivera que avergoñarme de cómo me gaño a vida; obviamente por moito que se queira dar de entendido, amosa unha ignorancia supina pois non fago ningunha tarefa das que  enumera. O que si te vou dicir, Breogán, é que estou moi orgulloso do meu traballo, páganme ben e puntualmente e dicir iso, hoxe en dia, cos tempos que corren, é moito e, a pesar de haber tido oportunidade de cambiar de traballo, quedeime onde estou polo recoñecemento e valoración que de min teñen os meus xefes porque nos dez anos que levo na miña actual empresa, co comezo da crise houbo que facer recortes de  persoal e comigo sempre contaron.
Intentar desprestixar a unha persoa polo traballo que fai é algo moi propio da dereita que aínda cren que estamos na Idade Media i eles son os señores medievais.  Nunha ocasión un home sabio díxome algo que dende aquela tomei como unha verdade indiscutible: “todos os traballos son honrosos e nobres e nunca deberiamos avergoñarnos do mesmo se intentamos facelo o mellor posible e coa máxima profesionalidade porque sempre é mellor un bo fontaneiro ou un bo electricista  cun mal avogado” esa máxima  procuro aplicala sempre e de feito aos  meus fillos leveinos, tanto ao meu traballo como ao de a miña esposa para que dende pequenos aprendan a valorar o valor do propio esforzo, sexa cal sexa o teu traballo.
Si de algo podo presumir é de que estou onde estou sen deberlle nada a ninguén, algo que, por exemplo, non pode dicir un pepero ao que enchufaron no Parador de Turismo de Cambados e que acostuma a entrar nas redes sociais e, mais concretamente, na páxina facha “Así es Cambados” (iso si, como todos eles con perfil falso). Eu procuro facer o meu traballo coa máxima profesionalidade, profesionalidade que non tivo certo pepero ao que no seu dia botaron de certa Caixa de Aforros por, falando claro, “chanchulleiro” e “chorizo” foi entón, nese fatídico dia, cando véndose na “puta calle” e con dous nenos pequenos sufriu unha conversión e volveuse de dereitas cando sempre presumira de ser de esquerdas e a súa señora, que xa se consideraba a nova marquesa de Fefiñans, tivo que baixar á realidade e tirar para o sarrido como mariscadora, profesión, por certo,  tan digna como calquera outra,  pero que ela pensaba  que nunca mais desempeñaría; por certo os fillos, hoxe  en dia son peperos como os que mais, por iso cando coñeces a historia do pai e miras para eles que non deixan de ser uns simples “currantes” só podes pensar: “¡¡pobres ignorantiños!!”.
Do mesmo modo si de algo podo presumir é de que, para encontrar traballo, non tiven nunca que renunciar á miña ideoloxía política cousa que, por exemplo non pode dicir o noso, anteriormente mencionado, Fulares que, como teño lembrado algunha vez, atopeino,  nunha ocasión, nun mitin do BNG aplaudindo efusivamente a Beiras; obviamente co tempo deuse conta que para colocarse había que “facerlle a rosca” ao poder e volveuse pepero e aí o tivemos hasta fai pouco cobrando un “dineral”  por  non saber moi ben que facía; a realidade é que  cobraba por ir de viños co alcalde i, en certa ocasión, por preparar unha “xuntaza” nun piso entre unhas “señoritas” e certos personaxes que, como isto non é  “Sálvame” manteremos  no anonimato; quero aclarar, porque non quero problemas coa súa señora, que non afirmo que Fulares participase na “xuntanza”  senón que, mais ben encargábase da organización do “evento”.       
Por certo antes de que me esqueza, non sei si porque agora está no paro e, por tanto, abúrrese pero a cuestión é que unha das novas “ocupacións” de Fulares é a de matón de barrio: fai cousa dun par de meses, polo visto, molesto co que alguén escribiu sobre a súa persoa, baixou nun semáforo e agarrou polo pescozo a dito señor, cando o seu comentario non deixaba de ser algo do mais inocente ¿Qué pasa, Fulares,? ¿soamente atréveste cos mais débiles? ¿Por qué non te atreves comigo xa que es tan valente? Esa persoa coa que te  puxeches tan “gallito” non escribiu de ti nin a décima parte do que escribín eu así que cando queiras ven xunto a min coas mesmas actitudes a ver si es igual de valente.   
Volvendo con Breogán Asorey:  apreciase claramente  que, no seu artigo,   fala de oídas,  porque tamén atrévese a opinar da relación profesional e persoal  que tivo o meu amigo Luís Serén “O Xudio” co meu pai en concreto di: “…explica de manera realista el fin de la relación laboral con el padre del otro pájaro” …..este comentario amosa, como dixen, que o tal Breogán non ten nin “puñetera” idea do que fala: Luís “O Xudio” deixou a empresa do meu pai porque estableceuse pola súa conta e, hasta hoxe en dia, sempre mantivo unha relación cordial co meu proxenitor a proba é que, cando se casou meu irmán Toño, Luís estivo presente na voda e, mais recentemente, o dia do aniversario do meu pai Luís declarou no meu muro de Facebook: “Moitas felicidades ao Canario, meu xefe durante moitos. Bo carpinteiro e mellor persoa”. Esta é unha proba mais de que o tal Breogán fala sen saber por non dicir, directamente, que inventa.      
Tamén inventa cando di “(...) el “pájaro” en cuestión, pretendía librarse de una multa haciendo alusión al puesto de trabajo de su señora esposa ¿verdad?” ... isto como todo o que di é rotundamente falso e rétoche a que digas cando é onde se produciu tal situación.
Antes de rematar quero determe nunha frase que expresa o tal Breogán: “Hay un pájaro (…) sobre el que me gustaría reflexionar y no me extenderé mucho, no tiene mucha miga el animalito. (…) es básico como el mecanismo de un chupete. (…) Este pájaro pretende ser eco de la sociedad cambadesa (…) intenta que sus puestas parezcan nativas y nada más lejos de la realidad”…… definitivamente, mais parvo e non naces, Breogán …. Eu dende o meu primeiro artigo en “A TI MEU CAMBADOS” deixei ben claro que vivo en Barcelona; podería facerme pasar por nativo se fixera coma ti e utilizase un nome falso e aparentase vivir en Cambados, cousa que nunca fixen pero, dende logo o que ti ni ninguén vai conseguir é facerme calar. En canto ao que dis de que non teño moita “miga” e son básico como o mecanismo dun chupete, pois tanto non debe ser cando entras tan asiduamente nos meus perfiles das redes sociais para leer as miñas reflexións ou ver o que digo; obviamente podería bloquearte ou podería cambiar a privacidade  dos meus perfís de Facebook, Twitter e Instagram pero non o vou facer porque si de algo podo presumir é da miña familia, dos meus amigos e da miña vida, cos erros ou acertos que puidera ter cometido e, ademais, gozo sabendo que cotillas coma ti  entrades a mirar na vida dos demais, quizais, porque a vosa ten pouco que aportarvos; do mesmo modo, non teño intención de bloquearte porque  deixarei  este artigo colgado no meu muro de Facebook por si me queres rebater algo, cousa que dubido que fagas porque xa me demostraches que es un covarde e un mentireiro
Un saúdo, figura e cando decidas escribir sobre alguén infórmate mellor.
           

RICARDO DOMINGUEZ REY












No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.